|
| INFORMACIÓN
VARIA - bares, cafés... | |
Se
coñeces algún local interesante no que habitualmente poñan
música galega, den concertos ou haxa algunha troula improvisada non tes
que máis que comunicárnolo a ravachol@ravachol.org.
Non esquezas dárno-lo enderezo e tóda a información que poidas.
| | |
A Coruña
| Casa
das Crechas Via
Sacra 3 Santiago de Compostela
Todo
un clásico. Música tradicional e folc tódolos días.
Concertos as fins de semana, audicións, concertos improvisados os mércores.
Non é dificil ver por alí algún sonado músico galego. |
| Mesón
Os Gaiteiros C/
José Luis Bugallal Marchesi (Zona de Pajaritas) Elviña II Fase
- A Coruña Tlf.
981 236 196 http://www.galinor.es/rcoruna/ogaiteiro/
Mesón
onde soan as gaitas ó estilo máis tradicional, mesmo bailando e
cantando. Participan xente como Brea, Marcelino, Ricardo, Raúl Galaico,
Pepito Temprano... Tenche un sabor ao pais ...sobre todo o raxo. A troula remata
cedo. | Pontevedra
| A
Gaita Eduardo
Chao Vigo
Antigamente
chamada "A Gaita Grileira", é un importante lugar de reunión
da zona. Os xoves a música das gaitas comeza arredor das doce: calquera
se pode unir a festa, tocando ou bailando. Concertos organizados algúns
sábados e venres. O resto dos días, pode soar calquera cousa. A
calidade do licor café e igual de bó que o o ambiente. Moita xente
coñecida de grupos e agrupacións folclóricas locais. |
| Lenda
Moura Hernán
Cortés 17 Vigo
Local
con pouco tempo de vida, pero que comeza a facer cousas: contacontos, recitais,
exposicións... e por suposto música. De cando en cando vense por
alí os da Universidade Popular para tocar algo. Pódese tocar ata
eso das doce da noite, calquera día. |
| A
Casa do Coto Subida
a San Cibrán de Tomeza Pontevedra Tlf. 654 373 073 http://www.acasadocoto.com
Local
de tapas a cinco minutos do concello de Pontevedra construido nunha antiga casa
de pedra restaurada no que, ademáis de cear, pódese escoitar música
folk, actuacións en directo, exposicións, e outras actividades culturais.
Na súa páxina web podes consultar as actividades previstas e como
chegar o sitio. | Ourense Lugo |
| |