|
| XISTRA
DE CORUXO |
Xistra de Coruxo naceu en 1988 coa vocación de espallar a música
do sur de Galicia, aínda que non sería ata 1995 cando grabarían
o seu primeiro disco. Se ben nun principio a formación era de quinteto
tradicional, co paso de tempo foron incluíndo diversos instrumentos quen
non son estrictamente tradicionais, pero que foran empregados dentro da música
galega o longo do século XX. Tamén ampliaron o seu repertorio a
ritmos coma rumbas, sambas, etc. sen esquecer outros ritmos máis típicos.
O grupo ten dado concertos en varios países europeos e dous discos
publicados en Alemania e Francia recollen algúnha das actuacións
en festivais internacionais. Aparecen tamén noutros discos recopilatorios
como Cantigas de Nadal ou Paixases-Galicia en Música.
O grupo
variou a súa formación ó longo do tempo. Actualmente está
formado por:
Xerardo F. Santomé: Gaita, cordas, voz e percusión
Pablo González Alonso: Voz e percusións Xurxo Santomé:
Gaita, pito, voz e percusións Anton P. Segade: Acordeón e voz
Patricia Cela: percusión
Fernando Abreu: clarinete e voz
|
| |
|
| |
| OUTROS DATOS |
Contacto: Xistra de Coruxo - Ceán
48 - 36331 - Vigo Tlf: 986 460547 Fax: 606 415346 Correo electrónico:
xistra@areadixital.com
|
| | |
|