|
|
UXÍA
|
Uxía Senlle é unha das vocalistas femeninas máis
significativas no eido da música galega. Iniciouse no mundo
da música moi cedo, tendo contacto con diversos tipos de
música, máis interesándose especialmente na
de Galicia. O seu primeiro disco, do ano 1986, escomezou xa a traballar
sobre o repertorio tradicional. Algún dos músicos
que con ela grabaron nesa ocasión formaban parte do grupo
Na Lúa. Desta colaboración xurdiría a incorporación
de Uxía no grupo e co que grabaría dous disco.
Posteriormente retomou a súa carreira en solitario grabando
Entre Cidades, fora da estética folc. Non sería
ata 1995 cando editase o que se pode considerar o seu traballo máis
significativo: Estou Vivindo no Ceo.
Dous traballos continuarían o percorrido desta cantante:
La Sal de la Vida, (en colaboración coa cantante sudanesa
Rasha, a castelá María Salgado e galego Xesús
Pimentel na guitarra flamenca) e Danza das areas, ata este
momento o seu último lanzamento.
A música de Uxía baséase fundamentalmente na
súa voz, en arranxos musicais coidados e en textos poéticos
medievais e contemporáneos ou en pezas tradicionais do repertorio
galego.
A cantante porriñesa ten unha ampla proxección internacional.
Ten dado concertos en Portugal, Alemania, Arxentina, Cuba e outros
países, algúns deles en espectáculos compartidos
con outras cantantes. Subliñar a especial relación
que mantén con músicos portugueses coma João
Afonso, Júlio Pereira, Zezo Ribeiro ou o grupo Frei Fado
d'el Rei. Tamén indica-la súa presencia en actos de
reivindicación social.
|
|
|
|
|
|
|
LIGAZÓNS
|
|
|
|
|
|
|