Ravachol
Actualizado: 05/04/02
 

Unha noite non é nada


Terceiro traballo discográfico na carreira de Treixadura supón unha continuación de "Unha noite no muíño". Se no anterior proxecto o comenzo da copla servía incidir na figura do muíño dentro da historia da música e da cultura galegas, nesta ocasión a copla serve de escusa para reivindicar a transmisión das melodías e do patrimonio cultural galego a través de séculos de historia.
O grupo pretende contribuír así a difusión da música e das melodías dos grupos e figuras do mundo da gaita na Galiza e ser, dalgún xeito, parte da cadea de transmisión dá a coñecer un repertorio musical que ven a ser parte importante desa cultura que nos define como galegos.
Os temas están tratados cun especial tacto e dun xeito moi tradicional, como é habitual no grupo. Ademáis o reportorio é variado e moi ben escollido: grupos de gaiteiros, corais, temas de autor, repertorio de gaiteiros solistas, cantigas extraídas de cancioneiros galegos... No disco se misturan pezas cantadas e intrumentais, pero sempre tendo os instrumentos tradicionais un papel protagonista e fundamental.
Unha noite non é nada gravouse nos meses de novembro e decembro de 2001 no estudio As Galesas, en Outes. Como realizador contaron co músico e productor galego Rodrigo Romaní e como colaboradores especiais, contaron cun grupo de amigos que reunimos baixo o nome de Orfeón Trexiadura e que puxeron voz a un dos temas deste traballo.

.

PEZAS
MP3PARTMID  
    1. A chula de Pontevedra (Tradicional)8:11
     2. Unha noite non é nada (Tradicional)2:11
    3. Unha noite non é nada (Repertorio de Os Campaneiros)4:58
     4. Cacería en Do Maior (Mazurcas) (Repertorio de Os Campaneiros/Os encantiños do Umia)3:30
    5. A Mazá gardada (Tradicional)5:32
     6. Aires da terra3:00
    7. Polca da Porteliña3:16
     8. Xiada3:18
     9. Os amigos2:42
    10. Pandeiretada3:50
     11. Melide3:30
     12. Xota vella3:58

LETRAS


A Chula de Pontevedra

Non che canto por cantar,
nin por gañas que che eu teña,
Canto por dar alegría
A un corazón que ten pena.

Quen me dera, quen me dera,
que non me costara nada,
unha meniña bonita,
coloradiña da cara.

Para boas mozas Mourente,
garridas as de Estribela,
bonitas as de Salcedo,
e a palma está en Pontevedra.

Sempre te atopo lavando
no río Lérez lixeiro,
quen me dera se-la iauga
onte de lavas primeiro.

Váiame San Miquiquí
e o canciño de san Roque,
a virxe da Peregrina
e o santo de paletroque.

Ai! Maruxiña non vaias á herba,
porque ven o vento e toda cha leva,
e lévacha toda e toda cha leva,
Ai! Maruxiña non vaias á herva.

A mazá gardada

Teño unha mazá gardada,
que ma deu un carpinteiro,
xa vai un ano que a teño
e aínda non perdeu o cheiro

Esta noite hei de ir á fía,
non por fiare na roca,
vou por tocar un pandeiro
que esta noite
a min me toca

Se queres ir vai bailare,
se queres ir vai agora,
despois non vaias dicindo
que a foliada non foi boa.

Agora non canto máis
que se me acabou a gracia,
Aquela poca que tiña
deixeina quedar na casa.

As de alá arriva cando van co gando,
espetan a vara e vaila o tango,
e bailan o tango e máis a muiñeira
Á de alá alá de arriva non hai quen as queira.

Pandeiretada

Danse bicos os paxaros,
bícanse a terra e o mare,
aqueles que ben se queren
por qué non se han de bicare.

Púxenme a contar estrelas,
e a botalas nun sombreiro,
nunca lles puiden dar conta
ata que veu o luceiro.

Quen ten amores non dorme,
quen non os ten adormece,
quen os ten lonxanos chora,
quen os ten preto padece.

A despedida vou dando,
con rosas e caraveles,
pois según vou entendendo
a despedida ti queres.


DATOS TÉCNICOS

  

Gravado nos estudios AreAs Galesas, Albeida (Serra de Outes) durante os meses de novembro e decembro do ano 2001
Misturas, masterización, técnico de son, producción: Rodrío Roman
Asistente de gravación: Isaac Millán
Editado por Edicións do Cumio en Marzo de 2003
Arranxos: Treixadura
Artesán
Percusión: Ramón Vázquez "O Chirlo"
Gaitas: Obradoiro Seivane, Alfonso R. Castro, Ramón Vázquez "O Chirlo"
Palletas: Rubén
Membros de Treixadura:
Xaquín Xesteira: gaitas en Do e La, bombo, tamboril, pandeireta, cunchas e voces.
Toniño López: gaita en Re, tamboril, pandeireta, pandeiro e voces
Xan López: gaitas en Do e Re, bombo e, voces.
César Longa: acordeón
Paulo Nogueira: gaitas en Do, Re e La, pandeiro cunchas e voces.
Orfeón Treixadura:
Mingos
Manuel Álvarez (solista)
Tino Baz
Ricardo Santos
Moncho Marín
Antón Cabaleiro
Morgan
Delio Domínguez
O Chirlo

 

SECCIÓNS



(c) 2001 Ravachol - proxecto desenrolado dentro de galego21.net
Contacto:
ravachol@galego21.com