| Unha
noite no muíño
Unha noite no muíño
unha noite non é nada unha semaniña enteira esa si
que é muiñada. O
Merlo
O melro e maila melra iban polo prado
abaixo o melro como era pillo meteu a melra debaixo. O
melro e maila melra iban polo campo arriba o melro como era pillo
botoulle a pata por riba. San Antonio de Catoira
casamenteiro das vellas ¿por qué non casas ás novas?
¿qué mal che fixeron elas? Aí
vos vai a despedida aí vos vai a derradeira acabouse o chiculate
rompeu a chiculateira. Vinde
rapazas
Tódolos que cantan ben teñen
posto no muíño e os que non saben cantar miran por un buraquiño.
Fun ó muíño de abaixo
e voltei polo de riba o de abaixo ten ferrollo e o de riba caravilla. Anque
che fun ó muíño anque che fun muiñar anque
che fun ó muiño non teño pan que che dar. Non
quero ser muiñeiro nin barre-lo tremiñado porque din que
noutro mundo piden contas do roubado. A muiñeira
moe, moe a muiñeira moerá a muiñeira está
de parto a muiñeira parirá Vinde
rapaza todiñas chegai e vamos ó adro pra loucos bailar
porque hoxe é a festa, ruada haberá pois évos un día
de moito troular. Esta
noite
Esta noite hei de ir aló terá-lo
puxigo aberto que si cho atopo pechado o teu querer non é certo. E
si é certo o teu querer rapaza non teñas medo déixame
o puxigo aberto que heime de marchar cedo. San
Fins do Castro
Pensa miña nai que estou
pescando na carballeria, estou no San Fins do Castro bailando unha muiñeira
A miña nai porque puido fixo unha casa
na illa, para ver ós de Neaño como pescan a sardiña O
cura de Corme é xastre malpicano e mariñeiro ó de
Pazos labrador e o de Cesullas gaiteiro. Terra
de Montes
Viva Barro, viva Barro viva Barriño
de Arén viva Barro, viva Barro, viva Meilide tamén Moreniña
por morena téñoche o ollo botado has de ser miña
muller ou non hei de ser casado Miña monteira
garrida miña monteira garrida moito me tes encuberto alá
por Soutelo arriba Os solteiros valen ouro os
casados valen prata os viúvos calderilla e os vellos folla de lata.
|