| Foliada
da Cantiga Mareira
Cantiga que ves do mare
cantiga do mariñeiro como me sinto alagare no teu recendo mareiro Cantiga
que ves do mare con arrecendo mareiro coida no seu marexare do pesco,
meu gaioleiro. Teño no mar meu amado
teño no mar meu amore como un corazón gabado por un pesco
gabadore Cando vai rompe-lo día cando
o día vai rompere torna a lancha pra a baía coas cántigas
dun querere Alalá
de Carballo
Para cantar e bailar Bergantiños
sona ten Para colleitar bon trigo Carballo coma ninguén. Eu
nascín en Coristanco en Razo amores tomei Casei logo logo en Ardaña,
e en Noicela enviudei. Lembranza
do Xestal
rosiña andaba descalza ¡ai
Rosiña! Rosiña porque quería, Que a casa do zapateiro,
¡ai Rosiña! rosiña ben a sabía Rosiña,
rosiña, Rosa ¡ai Rosiña! Rosiña, rosa encarnada,
tarde te deitas chorosa ¡ai Rosiña! érgueste sempre á
alborada. Foliada
do San Amaro
En aldán hai unha ermida
no barrio do Menduiña a ermida é do San Amaro e máis
da Santa Mariña. Meu santiño San Amaro
¿a cántos é o seu día? é o 15 de Xaneiro
¡ai!, que linda romaría! Meu santiño
San Amaro vestidiño de amarelo na aldea de Menduiña
non hai outro cabaleiro. Meu santiño San
Amaro ten a muller bonitiña e pra que non lla levaran púxolle
unha campaniña. No adro do San Amaro
chantei un oso nun pé eu chamei por San Amaro e faloume San Xosé. Sempre
me andas preguntando a que romaría voue veño de Santa Mariña
e pra San Amaro voue. Muiñeira
de Oliveira
Teño un amor que me ama
outro que me dá diñeiro outro que me desengaña ese
é o verdadeiro. O muíño de Oliveria
heino de mandar pechare con caravixas de prata heino de acaravixare.
Teño unha silva na porta, nin me pica
nin me prende, teño unha mala veciña que sin diñeiro
me vende. A perdiz anda no monte o perdigón
no valado a perdiz anda dicindo vente pra aquí namorado
|