|
| TREIXADURA |
A historia do grupo escomenza no ano
1990, cando Antón e Xan López (anteriormente nun grupo de gaiteiros
chamado Paseniño), Xaquín Xesteira e Xabier Martinez (que estiveran
na banda de Baitas de Vilanova de Arousa) fundan Treixadura Gaiteiros, o que se
uniría Ramón Vázquez "O Chirlo" pouco despois,
provinte do grupo Os Faíscas de Sobreira. Antes da publicación en
1995 do seu primeiro traballo discográfico co título de "Obrigado",
Pablo Nogueira substituía a Xabier Martínez. O seu segundo disco
"Unha noite no muiño", traía tamén consigo un novo
cambio na súa formación. Ramón Vázquez abandoaba o
grupo para adicarse profesionalmente á construcción de gaitas. Para
Pola contra entraba na formación o acordeonista César Longa.
O repertorio do grupo procede, sen evita-las pezas de autor, do reportorio dos
gaiteiros e grupos musicais que antigamente percorrían festas e romarías.
Os nomes de Faíscas do Xiabre, Os Areeiros, Os Campaneiros ou Aires da
Terra son habituais nas notas dos seus discos, así coma os de gaiterios
de diversas procedencias. Deste xeito, o grupo rende culto a aqueles que mantiveron
viva a tradición da música popular, e da a coñecer pezas
pouco espalladas da cultura musical galega. O grupo participou tamén
na grabación de Albeida, o disco en solitario de Rodrigo Romaní,
quen posteriormente produciría o seu terceiro disco, "Unha noite non
é nada", no que o grupo prosigue a súa carreira e no que fai
unha homenaxe a tradición e a transmisión da cultura musical galega.
| | |
|
|