|
Namorados
O
soliño cando nace, á túa porta vai dar(e), non é milagre que eu te busque,
cando o sol te vai buscar(e).
Favores que me fixeches, na cara mos vas votando, favores non dan amores,
libre quedo en chos pagando.
Favores non dan amores, libre quedo en chos pagando.
Se tí me quixeras moito, xa me viñas a buscar, como a auga busca o río,
como o río busca o mar, como o río busca o mar, ai la la la la,
ai la la la la. Non
hai amor verdadeiro, coma o amor dos paxariños, eles non teñen diñeiro,
e que ban fan o seu niño, e que ben fan o seu niño, ai la la la la, ai
la la la la. O
moer da muiñeira
Estribilo:
E a muiñeira moe, moe, e a muiñeira moerá, e a muiñeira embarca embarca,
e a muiñeira embarcará. Aquela
vella de Riba de Meira, de día moe, e de noite peneira, porque era uso
daquela terra, i o peneireiro decoté sin vela.
Minguilitín, matou á muller, fíxona en cachos e foina vender, todos pensaban
que era touciño, era a muller de Minguilitiño. Margaritiña
remenda o refaixo, lévalo roto por riba e por baixo, lévalo roto por
baixo e por riba, Margaritiña remenda a mantilla.
Acola enriba, naquela peneda, ándache un galo i unha pita cega, o galo
canta, a pita berra, iste e o demo que anda na terra.
Acola enriba, no monte da iacha, taba unha vella rascando a ferracha,
i acola embaixo no río do allo, quedaba un vello movendo o ferrallo. A
"xunta" da culata
Estribilo:
Tiruliruliru miña gaita, tiruliruliru que che falta, te-lo viño na bodega,
e o pan de trigo na arca.
Nosa terra é coma un coche, estanos dando moita lata, hai que cambiarlle
a "xunta", ¡ ai ! a xunta da culata. Ten a dirección moi torta,
e non atopa o camiño, foi mercado nun desguace, por encargo dos veciños.
Cando o poñemos a andar(e), agarrótanselle os freos, que tamén foron
mercados no desguace madrileño, as buxías non dan chispa, e quedámonos
parados, isto chéirame ó chamusco, coma o dos montes queimados. Deste
coche que non anda, e tanto da que falare, xa que fómo-los galegos,
quen o quixemos mercare, ten as rodas moi lampiñas, e patínalle
o embrague, este non parece o coche, de vascos e catalánses.
E se falamos do cambio a pesar da garantía, non hai marcha que lle entre,
nin de noite nin de día, por enriba da ferruxe, soamente ten fachenda,
que o falar non ten cancelas, "quen queira entender que entenda. Foron
cinco mil gaiteiros, ben repletos de empanada, para festexa-la compra,
deste coche que non anda, haiche pouquiña memoria, da historia
do pais, antes non eran gaiteiros, eran guardias color gris. Andoriñas
Andoriñas
viaxeiras, levadoras de saudades, agarimo dos ausentes, se poidérades
falare. Lonxe
de mín, vai o meu amor, faime compaña a soidade, como esa auga que bica
a flor, e agarda o sol que virá de mañán.
Cando paséde-lo mare, e escoitéde-la serea, collede coas ás o canto,
que xa ven a primavera. Lonxe
de min, vai o meu amor, faime compaña a soidade, como esa auga que bica
a flor, e agarda o sol que virá de mañán. Camiño
longo
Camiño,
camiño longo, o que ten o meu pais, e aquí, mande quen mande, sempre
manda para si. Para
chegar ó poder, polo sí ou polo non, nunca díga-la verdade, se
estás na televisión. O
pais vai ben ou mal, que dixera Calderón, según o xornal que léas,
según que televisión. Conselleiros
e ministros, deputados de "ocasión", patriotas polos cartos, todos
na televisión. Gobernar
para os demáis, ten moi fácil solución, subenciona-lo teu soldo,
e máis a televisión. Non
preciso máis
Teño
a túa voz, e o teu camiñar, o sorriso aquel, de luz musical, teño o teu
amor, non preciso máis. Ninguén
un poema, puido acariciar, poemas na noite, son as túas mans, teño teu
amor, non preciso máis.
O teu corpo foi, ó mar, do verán que nos amou, coa promesa do querer,
veu o teu amor. Bicos
de cor, das flores do San Xoán, veu a túa luz, camiñando nun cantar, teño
o teu amor, non preciso máis. O
teu espertar, pra mín, é como sair ó sol, non preciso nada máis,
teño o teu amor.
Teño a túa voz, e o teu camiñar, bicos de cor, das flores do San Xoán,
teño teu amor, non preciso máis. Non preciso, máis. Non preciso máis.
Tóxicos
Non,
non, non, non, non, non... Adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos,
todos van contaminados, polo tóxico veleno. ¿A
que beneficia, no pais?, que en calquer recuncho, sen razón, poñan unha
planta, de contaminación, planta de residuos, tóxicos. Non,
non, non. Non, non, non. Postos
de traballo, poucos son, a cambio de tanta, polución, son estercoleiros,
compañeiro, que todo se merca, co diñeiro.
Ríos limpos, fontes craras, en Vilalba e en Lalín, menos mal que aínda
lles quedan, ós que vivan por alí. Hi
quen argumenta, por aí, a máis poderosa das razóns, a de ser "Somozas",
porque sí, porque a alguén lle sae dos...... Vivencias
Estribilo:
Non ten sentido, o cantar, que non reflexe vivencias, da terra, do
ceo ou mar, de amores ou de experiencias, pensando na terra canto,
o que me fala a conciencia. Cando
de mín, se fala ben, dou as graciñas, e voume, non quero non, chegar
a ser, o que son algúns homes, que pagan por escoitar, que se pronuncie
o seu nome.
Non son ninguén, entre os cantores, nin entre ilustres poetas, eu son
do pobo, compañeiros, e dos que fan a historia a secas, e son pra mín
as aldraxes, dos que polo pobo mexan.
Teño a vulgar, expresión, daquela xente, chamada inculta, esa é a miña,
condición, pero non sei, se é miña a culpa, vai no fondo, o sentimento,
do pobo que nada oculta. Teoría
do arbre
O
berce foi antes arbre, arbre berce do vento, arbre fillo da terra,
danos sombra i alimento. Arbore,
a porta da casa. Arbore, o estrado i o teito. Arbore, o carro i a mesa.
Arbore, a chuvia no vento. Arbore, a porta da casa. Arbore, a chuvia no
vento. Arbore, o carro i a mesa. Arbore, a fiestra i o asento. Arbore,
souto, barca, no medio soio silencio A nosa casa é un arbre, arbre
casa do vento, que pasa peleriñando, con ledos paxaros dentro. O
mundo semella un arbre, prantado no firmamento, a vida parece un arbre,
no medio tan soio o vento.
Arbore, a porta da casa. Arbore, o estrado i o teito. Arbore, o carro
i a mesa. Arbore, a chuvia no vento. Arbore, a porta da casa. Arbore,
a fiestra e o asento. Arbore,
souto, barca, no medio soio silencio O
dedo sen uña
Un
dominjo pola tarde, cosendo estaba Carmiña sentada na eira ó sol,
cantando na maruxiña. Cuando
detrás dela oyó, un rapaz que lle decía: Parece que estás contenta,
pois deus nos dé alegría
Valjatodemo Manolo, que a fé me metiche medo, pois co susto que levei,
clavei a ajulla nun dedo. Pois
non te asustes Carmiña, porque bein lo sabes tú, que a mi lado non pereces,
como deus me dea salud. Quen
se fía dos rapaces, que sóde-lo quinto demo, mais pra enjaña-las rapazas,
pareceis santos do ceo. Pois
las mozas se deus quer, tamén sodes zalameras, que para enjaña-los rapaces,
hasta pintais las orejas. Pois
los mozos tamén sodes, pelexís e calaveras, co que janais non vos cheja,
pra jastar en borracheras. Tes
unha lenjua Carmiña, que a fe, chejaba pra sete, cuando borracho me
viches, pra decir o que dixeches. Vinte
no mes de febreiro, polo día de San Blas, que me pediches un beso,
i aljuna cosita más! Eu
non era de borracho, nin de cousa parecida, era por querer probar,
a ver que tal leite tiñas. Pois
boa pena levaches, que te quedaches coas janas, eu non son desas rapazas,
que se fían de palabras. Pois
deixémonos de contos, porque é pasa-lo tempo, se che parece Carmiña,
tratemos de casamento. Aquela
noite Manolo, non durmeu máis que unha hora, andivo amañando asuntos
que necesitan pra boda. Avisaron
ós parentes, o cura, i o sacristán, e o sábado seguinte, casaron
pola mañán. E
na mesma sacristía, que estaba ben adornada, eles i os acompañantes,
alí tomaron a parva. Despedíronse
de todos, e tamén do señor cura, e marcharon pra estación, da
cabalo dunha burra. Fóronnos
acompañare, o padriño e a madriña, e ó despedirse Manolo, estas
palabras dicía: Non
sei que diaño foi, que levo un dedo sin uña, de paso vouno lavar
á capital da Coruña Por
fín chegaron aló, co seu dedo tan inchado, e ós tres baños que lle deu,
xa lle quedou descansado.
I ajora xa están na casa, el e a pobre da Carmiña, el xá ten o dedo
sano i a ela, inchoulle a barriga. Ameliña,
Amelia
Ameliña,
Amelia, non seas carota, ven e dame un beixo, desa túa boca. Desta
miña boca, non cho podo dare, ta meu pai alerta, pódeme raiare. Ta
teu pai alerta, anque raie, non é non, Ameliña, Amelia, do eu corazón. O
meu corazón, e coma unha pedra dura, fai como a laranja, cuando está madura.
Cuando está madura no seu verde madureiro, así fan os mozos cuando están solteiros.
O que está solteiro fai a cama onde el quere, í o que non a fai, é que ten
mullere. Ameliña,
Amelia, non seas carota, ven e dame un beixo, desa túa boca, ven e dame
un beixo, desa túa boca. Pantalón
remontado
Con
pantalón remontado, con pantalón remontado, se non vos parece mal,
tocarei o agarrado. Ai
la, la....... O
mar che sirva de cama, o ceo de covertore, a lúa de cabeceira, para
que durmas mellore. Ai
la, la...... A
do refaixo amarelo, vai na popa do navío, téndeme conta con ela,
que non se caia no río. Ai la, la.....
Por ben que o loureiro medre, o ceo non ha chegare, por ben amores que
teña, a tí non te hei de olvidare. Os
amores dalgún día, eran un regalo ó velos, agora tanto me ten, amalos
coma perdelos. Aquel
bico que me deche, antre os toxos daquel monte, pasa dun ano que foi,
e parece que foi onte. Ai la, la.....
Aquí vai a despedida, aquí vai a derradeira, acabouse o chocolate,
rompeu a chocolateira. Ai la, la.... Nai
Galicia
Galicia
encadeada con ferros de Castela, por fillos treizoeiros e por caciques lobos,
no teu ceo azuado, hai unha nova estrela, ardente e sanguiñenta, agoira
os tempos novos. Irmáns,
erguede o berro, de amor e santidade, Galicia e liberdade, do traballo
e do chan. Son verbas de Dios mesmo, do Dios Todopotente, co suor
da túa frente, gañarás o teu pan !.
Nai galega, que diches o sangue xenerosa, para calmar a sede rabiosa da impiedade,
nos agros de Sobredo, froreceu unha rosa, ardente e sanguiñenta, agoira
a liberdade. Son
verbas de Dios mesmo, do Dios Todopotente, co suor da túa frente,
gañarás o teu pan. Irmáns, erguede o berro, e o legón aferrade,
Galicia e liberdade, do traballo e do chan !.
|