|
Orapún
Orapún,
catapún, Maruxiña, orapún, catapún e máis ben, nin o pai, nin a nai, nin
a filla, ¡ Ai !, nin cantas Maruxas ten.
O gaiteiro toca a gaita, a muller o violín, os fillos as catañetas, na miña
vida tal vín. O gaiteiro toca a gaita, a muller toca o tambor, os fillos
tocan o bombo, o can ládralle ó roncón. O
maio
Seguindo
o costume do ano pasado, aquí vimos todos a canta-lo maio. Víchede-lo
maio, víchedelo ben, pois el súa cousiña, tamén vola ten. Cantarán o
maio. E moi ben cantado. Cantarano ben. Para o ano que vén. A
seitura
Hei
de ir á túa seitura, hei de ir á túa segada. Hei de ir á túa seitura, que
a miña vai acabada. Son horas de merendiña, son horas de merendar, son
horas de merendiña, e aínda non veu o xantar.
Segai meniñas, segai, por esas palliñas raras, nin comedes, nin bebedes,
nin gañáde-la sombrada. Ruxe o ferro, ruxe o ferro, ruxe o ferro e eu corro
ó norte, o diñeiro do meu amo, non se gaña nesta sorte. Deano-lo
aguinaldo
Déano-lo
aguinaldo, se nolo ha de dar, que somos de lonxe, queremos marchar. Déano-lo
aguinaldo, anque sexa pouco, un chourizo enteiro, e metade doutro. Señora
casada, señora viúva, torresmos e ovos, longaninza crúa. Traémo-la bota,
pra leva-lo viño, pra leva-los ovos, un carabeliño. Fía
na roca
Fía,
fía, fía na roca, fía, fía e fai mazaroca, fía, fía e fai mazaroca, ¡ Ai !
Fiando fía que fía, fiando na miña roca Fiando fía que fía, fiando fai
mazaroca. Agora
vouche contar, agora meu queridiño, para que o liño sexa bo, haise que meter
no río. Fía, fía, fía na roca, fía, fía e fai mazaroca, fía, fía e fai
mazaroca ¡ Ai!, Fía miña roca fía, que eu son boa fiadora. Cada día fío
un fío, no mes unha mazaroca. Fía, fía, fía na roca, fía, fía e fai mazaroca,
fía, fía e fai mazaroca, ¡Ai!, la, lalalalá. A
silva no chan
Estando
a silva no seu lugar, chegou a amora para a pillar. A amora na silva,
a silva rachouse, rachouse no chan.
Estando a amora no seu lugar, chegou a mosca para a pillar. A mosca na
amora, a amora na silva, a silva rachouse, rachouse no chan.
Estando a mosca no seu lugar, chegou a araña para a pillar. A araña
na mosca, a mosca na amora, a amora na silva, a silva rachouse, rachouse
no chan.
Estando a araña no seu lugar, chegou a pita para a pillar. A pita na
araña, a araña na mosca, a mosca na amora... a silva rachouse, rachouse no
chan.
Estanto a pita no seu lugar, chegou o gato para a pillar. O gato na pita,
a pita na araña, a araña na mosca, a mosca... a silva rachouse, rachouse
no chan. Estando
o gato no seu lugar, chegou o can para o pillar. O can no gato, o gato
na pita, a pita na araña, a araña..... a silva rachouse, rachouse no chan.
Estando
o can o seu lugar, chegou o lume para o pillar. O lume no can, o can
no gato, o gato na pita, a pita.... a silva rachouse, rachouse no chan. Estando
o lume no seu lugar, chegou a auga para o pillar. E a auga no chan, que
ben nos fai. Cantásmoche
os reises
Cantámosche
os reises canela de cabra, cantámosche os reises non nos deches nada.
Cantámosche os reises canela de ovella, cantámosche os reises, non nos da-la
cea. O
Antroido
Cacaracá,
ponte na pá, faime un bolo, non o comas todo, deixa unha miga, para o
día de antroido. Martes de antroido para cando has de vir, tixolas e lume
como has de ruxir. ¡ Ai !, adeus martes de antroido, ¡ Ai !, adeus meu
queridiño. ata o domingo de pascua, non unto máis o touciño. Has
de cantar
Has
de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar. Has de cantar,
que che hei de dar moitos, has de cantar. Castañiñas,
castañiñas, castañiñas de Soutelo, por culpa das castañiñas, comín
o almorzo cedo. Indo
polo souto abaixo, escorrín nun ouriciño, ¡ Ai !, que tres castañas
levo, do souto do meu veciño. Non
chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto, non chas quero,
non chas quero, que me cheiran ó chamosco. A
run run
A
run run, run run, meu neno. A run run, a run run, meu amor. Dentro das
pallas, hai un meniño, brando e roxiño, que dá primor. A run run, run
run, meu neno. A run run, a run run, meu amor. O boi marelo, de comer
deixa, e co alento, dálle calor. A run run, run run, meu neno.
A run run, a run run, meu amor. Aquí
vimos
Aquí
vímo-los dos reises, dispostos para cantar, se vostedes nosdan licencia, poderemos
comenzar. Non pedimos polo moito, nin tampouco polo pouco, pedimos por
un touciño, e maila metade doutro. A
run run
Alumádelle
o noso pan, cada febra o seu toldán. Alumádelle o noso centeo, cada febra
o seu saco cheo. Alumádelle a nosa avea, cada febra a súa saca chea.
Alumádelle o noso liño, cada febra o seu serriño.
|