Ravachol
Actualizado: 24/12/2003
 

Camiño longo


Camiño longo é o cuarto disco de Saraibas e foi grabado, esta vez, no local de ensaio do grupo cun estudio móvil da Radio Galega. Da formación do precedente disco soamente quedan Miguel, Martín e Avelino (Óscar Fernández, tras deixar o grupo, forma os Cempés). O grupo volve contar coa colaboración de Carlos Beceiro. Apuntemos que este disco contén o único tema instrumental do grupo, Penouseira.

PEZAS
MP3WAVMID  
 
1. Mozo do sombreiro (Popular) 
 
2. Bandada de pombas (Ramón Cabanillas / Martín Sanjurjo Sixto) 
 
3. Manoeliño (Miguel A. Sanjurjo Sixto / Martín Sanjurjo Sixto) 
 
4. Canto a un pai (Bernardo Cendán / Martín Sanjurjo Sixto) 
 
5. Mil primaveiras mais (Miguel A. Sanjurjo Sixto / Ramón Díaz Raña)  
 
6. Amor no portal (Popular)  
 
7. Sete cuncas de papas (Popular / Anxel Loureiro) 
 
8. Penouseira () 
 
9. A vaca marela (Popular) 
 
10. Adeus a Xosé Afonso (Lois Antón / Martín Sanjurjo Sixto) 

LETRAS


Mozo do sombreiro

Mozo do sombreiro gacho,
somellas un estudante,
achégaste moito a ela,
¡ mala centella te chante !

Estribilo:
Eu non seis o que me deches,
que non te podo olvidar,
de día no pensamento,
e de noite no soñar.

Mozo do sombreiro torto,
ven aquí polo dereito,
que che quero preguntar,
o mal que che teño feito.

Pon o sombreiro de lado,
pra que me vexan o pelo,
nin por iso es mellor mozo,
nin te has de casar máis cedo.

Bandada de pombas

Como bandada de pombas,
voan os meus pensamentos,
todas levan un camiño,
o camiño do teu peito.

Tí es o vento,
eu son a folla,
non sopres vento ventiño,
si non queres que me mova.

Nin me digas que son triste,
nin me digas que estou ledo,
risas e bágoas son túas,
eu non son máis que un espello.

Tí es a neve,
eu son o gromo,
non caias na miña ponla,
porque se me bicas moro.

Onde ti pos os ollos,
o amor pon o seu berce,
onde tí pos as mans,
nacen as rosas a feixes.

Tí es o lume,
eu son a leña,
non sopres vento ventiño,
si non queres que me encenda.

Manoeliño

Ofreceuse Manoeliño,
ó San Benito de Lérez,
pra lle pedir unha moza,
como as que saen na "tele".
O San Benito faloulle,
puxo cara de empresario:
--Manoel, Manoeliño,
teste que apuntar no paro.

Estribilo:
San Benitiño de Lérez,
fai un Milagre de Estado,
búscalle a Manoeliño,
traballo de namorado,
que nos labores do amor,
é o máis adiantado.

O San Benito de agora,
non che é como o de antes,
trafica con influencias,
igual cós gobernantes.
Por iso Manoeliño,
se queres rapazas guapas,
déixate de intermediarios
nin de farrapos de gaitas.

Non desesperes Manoel,
e non pérda-la paciencia,
que para entrar no amor,
e como na residencia.
Que se te tes que operar,
e non entras por urxencias,
voltaremos a tocar,
tráfico de influencias.

Canto a un pai

Se fóra-la muller, que acaneara os soños,
todos verían ben, o que a facer me poño.
Pro, non es máis ca un pai, que puxo a anda-la vida,
do fillo que se vai, prá libre lonxanía.
Dende a miña distancia, ainda que non se leva,
pra tí, meu pai da infancia, eu canto este poema.
Eu canto á liberdade, que en mín tí sementaches,
pra que a miña verdade, libremente atopase.
Eu canto á liberdade, que sempre respetaches,
na miña mocedade, que tí acompañaches.
Canto ó amor do fogar, o consello prudente,
o saber agardar, o estar sempre presente.
Dende esta lonxanía, onde a vida me leva, tí,
que me abriche-los días escoita o meu poema.

Estribilo:
Xa sei que non é moda, xa sei que non se leva,
xa sei que non se aproba, facer pra tí un poema.

Mil primaveiras máis

Irmán galego, fillo da terra, co vento ceibe canta pra ela
un verde cantar (e) de esperanza cega.
Irmán galego, fillo da terra, enche os teus ollos de amor por ela,
amor de quentura, ardente e serea.
Irmán galego, fillo da terra, fai do teu sangue, río de estrelas,
túa nai deuche o sangue, que levas nas veas.
Irmán galego, fillo da terra, planta no peito unha roseira,
túa nai quer ter flores, ó chega-la primavera.
Irmán galego, fillo da terra, tí es fonte viva, tí es lúa chea,
mentras tí sexas, serao ela.

Estribilo:
Mil primaveras máis, queremos pra nosa terra,
mil primaveras máis, cheiñas de roseiras.

Amor no portal

Unha tarde na rúa Real, unha dona dixolle ó amor,
--Esta noite non baixo ó portal, porque tí tes calor demáis.
E o galán, que era un "galopín", derrochando palabras de amor...
O momento, ela dixo: "Sí". Consentindo no que él pediu.
--Por Deus, por Deus, querida Nicolasa,
Ti sabes ben, que así xa ninguen casa,
mais, eu fareino, se baixas ó portal
-- E no portal, en celmes amorosos, oiuse:"Xesús".
A nena, sustou. E no portal, o galán disimula,
logo despóis, non sei que máis pasou.

Sete cuncas de papas

Sete cuncas de papas de millo unha vella comeu,
reventoulle o cordón do xustillo de tanto que encheu.
Tiña fame e comeu outras sete e máis recuncou,
fixo como unfoguete no aire, ¡ chispún! e estoupou.
Morra a marta, morra farta, non deixes unha chisca,
máis val morrer dunha enchenta, e non de sete lambiscas.

A vaca marela

Eu teño unha vaca marela,
que é o demo a condenada,
presume de vaca moderna,
e non quere traballar.

Ela canta con acento,
de mulata brasileira,
hai que vela como move,
as cadeiras ó bailar.

Fixo a permanente no rabo,
e botoulle esmalte ós cornos,
e disque xa ten mercadas,
unhas medias de cristal.

Non dá leite nin da nada,
dá patadas a canada,
a herba xa non lle vai,
quere palla integral.

Adeus a Xosé Afonso

Levaches no alma a rosa,
que coidaches con amor,
e no corazón a dor,
do frío inverno que a tolle.

Leváche-lo teito que acolle,
a miseria e o clamor,
levaches contigo a flor,
desa mensaxe pra mín.

Triste deixáche-lo xardín,
que soña a primavera,
ansioso e sedento espera,
as augas mornas do Abril.

Estribilo:
Triste o berro, xuvenil, que en Galicia te aclamaba,
triste o cano do fusil, que con flores disparaba.


DATOS TÉCNICOS

  

Gravado no local de ensaio, en San Sadurniño, co estudio movil da Radio Galega.
Músicos:
Miguel Sanjurjo: voz, teclados
Avelino Cinza: voz, frautas
Martín Sanjurjo: voz, guitarras
Amparo Calvo: voz, frauta, gaita, percusión
Ánxela Loureiro: voz, percusión
Vicente Bermúdez: gaitas, frautas, percusión

Coa participación de:
Carlos Beceiro: baixo eléctrico, contrabaixo

 

SECCIÓNS



(c) 2001 Ravachol - proxecto desenrolado dentro de galego21.net
Contacto:
ravachol@ravachol.org