Ravachol
Actualizado: 24/12/2003
 

Careca


Da formación orixinal de Saraibas soamente quedan tres persoas, pero o grupo segue coa súa ideoloxía e edita este disco con dez temas no ano 86, que conta coa colaboración de Carlos Beceiro.

PEZAS
MP3WAVMID  
 
1. Os carecas (Miguel A. Sanjurjo / Popular / Francisco Román) 
 
2. Chirimbaina (Popular / Oscar E. Fernández Sanjurjo) 
 
3. Os doce sentidos (Popular / Martín Sanjurjo Sixto) 
 
4. Cantade conosco (Miguel A. Sanjurjo) 
 
5. Retrancas (Popular / Avelino Cinza)  
 
6. A terra dos dous (Miguel A. Sanjurjo)  
 
7. Saudade do emigrante (Popular / Martín Sanjurjo Sixto) 
 
8. Carballo (Martín sanjurjo Sixto / Oscar E. Fernández Sanjurjo) 
 
9. Cando sofre o pobo (Xosé A. Miguélez Díaz / Martín sanjurjo Sixto) 
 
10. O teu paxariño, nena (Popular / Oscar E. Fernández Sanjurjo) 

LETRAS


Os carecas

Estribilo:
Careca AP e o PSOE,
careca o BLOQUE e o PSGA,
e a COALICION GALEGA,
tamen quere carecar.

Dixeron todos que o que querían era millorar,
Albor e Fraga, Felipe e Laxe falan do mañán.
Mais Camilo e Mariñas non se che quedan atrás;
porque Beiras ven puxando non se poden descuidar.

Agora queren autonomía, e non a podían ver;
e os que a querían non fala nada: quérena esquencer.
Isto é unha empallada moi difícil de entender,
aquí seguirá mandando o que mais cartiños ten.

Para os galegos ser europeos non é novedade;
conservadores ou socialistas póñennos a andar.
Foiche culpa dos primeiros, que tivemos que emigrar,
e os segundos non fan nada, para podelo evitar.

Chirimbaina

O cura está malo, moi malo na cama,
chirimbin chirimbaina, moi malo na cama.
Pola media noite chamou á criada:
--Qué ten o meu amo, que tanto me chama?
--Quero chocolate, pero non hai auga.
--Colle un cantariño, e vas a buscala.
O pozo está fondo, e picoulle a rana..... picoulle con gusto.
E ós cinco meses a pobre criada, decíalle ó crego:
--Non sei que me pasa, ¿Por qué sempre teño a barriga inchada?.
E díxolle o crego: --Foiche aquela agua !
E ós sete meses, xa lle rebrincaba.
E ós nove meses, miren que estacada,
que naceu un neno, con gorro e sotana.

Os doce sentidos

A despedida che dou, e con esta xa vai unha,
o despedirme de tí, é despedirme da lúa.
A despedida che dou, e con esta xa van dúas,
conta que as miñas palabras, sonche como as escrituras.
A despedida che dou, e con esta xa van tres,
unha rosa colorada, e un clavel aragonés.
A despedida che dou, e con esta xa van catro ,
as pedras se volvan graos, e as areas tabaco.
A despedida che dou, e con esta xa van cinco,
unha rosa colorada, e un clavel moi distinto.
A despedida che dou, e con esta xa van seis,
eu espero de saber, os amores que tiveches.
A despedida che dou, e con esta xa van sete,
o despedirme de tí, é coma senti-la febre.
A despedida che dou, e con esta xa van oito,
estimaba de saber, se tí me querías moito.
A despedida che dou, e con esta xa van nove,
estima de saber se tí eras rica ou pobre
A despedida che dou, e con esta xa van dez,
eu para tí non che son, se tí para min non es.
A despedida che dou, e con esta xa van once,
voúcheme de aquí, rapaza, antes que me colla a noite.
A despedida che dou, e con esta doce van,
vaite tí con Dios, rapaz, ata o día de San Xoán.
Ahi van os doce sentidos, entendimiento y memoria,
adorada de mis bienes, nos veamos en la gloria.

Cantade connosco

Escoitei unha cantiga, ó pasa-la carballeira;
cantaban soio en galego, volvoretas voandeiras,
os paxariños e o vento, todos da mesma maneira.
Pra quen a sabe escoitare, astra as follas teñen fala,
por iso na nosa Terra, teñen onoso falare.
Se o cantar da túa Terra, non che fai ferve-lo sangue,
non digas onde naciches, nin fales da Terra a naide,
que é vergonzoso pra un home, que o chame a nai e non ande.
Fixeron o noso cantare, labregos e mariñeiros,
e aqueles que non o aprecian...., de galegos nin falare !

Estribilo:
Cantade connosco, bailade tamén,
xuntémonos todos pra que vaia ben;
pra que vaia ben, pra que vaia ben,
cantade connosco, bailade tamén.

Retrancas

Chamácheme pito cairo, porque nacín no xaneiro,
se me non come o raposo, hei cantar no teu poleiro.
A primeira vez que volvas, non veñas aquí bater,
xa me cheiran montañeses, xa me cheira o teu querer.
Miuiña, se che pesou, polos bicos que me deches,
ti darásme os que che dei, eu dareiche os que me deches.
Os rapaciños de agora, venden o pan da merenda,
para merca-la bufanda, e darse moita fachenda.
Ai ! que pereira tan alta, ai ! que peras tan maduras,
ai ! que nenas tan bonitas, quen che mas dera nas uñas !
Para que queres palomas, se non tes o palomare,
para que pretendes nenas, se nos pas podes gozare.
Quítate de diante, quita, cara de sartén queimada,
que se me arrevolve o corpo de mira-la túa cara.
Cuspindo a tódolos lados, pau na man torto da vista,
para decirche quen eres, quen me dera un retratista.
Adios, rapaciña, adiós, eu para tí xa non era,
anque máis altos navíos navegan con menos vela.
A despedida che dou, con rosas e caraveles,
pois según vou entendendo, a despedida tí queres.

A terra dos dous

Biquei unha rosa, non a quixen cortar,
que a rosa cortada e praia sin mar.
Biquei os teus ollos somente un instante,
que a luz que reflexan, non a quero tapar.
Os ollos e a rosa, non son pra matar,
e a lingua que é nosa, con nós debe estar.
Que a vida xuntounos, que a vida é dos dous;
no chan que pisamos, naceu o noso amor.
Naceu o noso amor, entre a rosa e os teus ollos,
e esta terra dos dous.

Saudade do emigrante

Cando sain de Soutelo, os meus ollos eran fontes,
adiós monte de Soutelo !, adíos Soutelo de Montes !
Maruxiña, se te vas, déixame unha relembranza,
o pé co carballo verde, un ramiño de esperanza.
Todos preguntan que teño, que dei en entristecer,
como ter non teño nada, pero algo quixera ter.
Vin-a morte e nn chorei, porque sei que me quería,
temín que lle dese pena, se os meus saloucos ouvía.
O que nunca estivo lonxe, non sabe o que é padecer,
de lonxe as penas aumentan, pra quen sabe o que é querer.
Soidades danme dos campos, das viñs e vendimadas,
dos paxariños cantando, das tardes e madrugadas.

Carballo

Vólvote a ver, meu carballo,
despois de vir de tan lonxe,
eras forte coma o vento
e síguelo sendo hoxe.
Lémbrome cando te vexo,
da forteza dos galegos,
que se agarraron á fala,
igoal que tí o terreo.

Estribilo:
Carballo de cerna dura,
ledicia do noso pobo,
corazón dosbos galegos,
bandeira dos celtas novos !

Nin a xeada te queima,
nin vento, frío, nin auga,
nin as sequias máis longas,
puideron coa túa raza !
Perto de tí sufreu loitas,
a Terra Nai que escolliches,
perdéronse grandes cousas,
pero tí non te perdiches.

Carballo, tí xa serías,
no tempo dos meus antergos,
es algo máis que madeira,
es a luz dos nosos eidos.
A sombra das túas follas,
a loita da nosa xente,
faime renacer galego,
véxome novo ó teu rente.

Cando sofre o pobo

Cando sofre o pobo, sofres tí con el;
e se o pobo loita, loitas tí con el;
e se o pobo baila, bailas tí con el,
O meu pobo, sofre, loita, baila,
eu quero estar con el.

Cando o pobo pensa, pensas tí con el;
e se o pobo fala, falas tí con el;
e se o pobo pide, pides tí con el;
O meu pobo, pensa, fala, pide,
eu quero estar con el.

Cando o pobo fuxe, fuxes tí con el,
e se suda o sangue, sudas tí con el;
e se arde o pobo, ardes tí con el;
O meu pobo fuxe, suda e arde,
eu quero estar con el.

Na vida e na morte, hei de estar con el,
no gozo e na festa, hei de estar con el;
con sol e con auga, hei de estar con el;
Co meu pobo en vida, amor e morte,
eu hei deestar con el.

O teu paxariño, nena

Paxariño millarengo,
non póña-lo pé no toxo,
que eu ben sei como che gustan,
as nenas do pelo roxo.

O paxaro cando chove,
mete o rabo na silveira,
así faia boa moza,
cando non hai quen a queira.

O teu paxariño, nena,
anda nas miñas cereixas,
come, paxariño come,
verémo-las que me deixas.

O teu paxariño, nena,
anda no meu arboledo,
ándache de pola en pola,
logo brincará no medio.

Por aquí pasou un aire,
cunha man na aguillada,
voume quentar que vai frío,
á casa da tecelana.

Por aquí pasou un aire,
cunha man na faltriqueira,
voume quentar que vai frío,
á casa da costureira.


DATOS TÉCNICOS

  

Produce e edita: Ruada S.A
Gravado en Audiofilm (Madrid, Febreiro - Maral 1986)

Músicos:
Miguel Sanjurjo: voz, guitarra e harmónica
Marieli García Pouso: voz
Avelino Cinza: voz, frautas e percusión
Martín Sanjurjo: voz, gaitas e violín
Paco Román: guitarra
Mariela Soto: voz
María Gavín: voz
Oscar Fernández Sanjurjo: acordeón, arpa, frauta traverseira, gaita.

Coa participación de:
Carlos Beceiro: baixo eléctrico, contrabaixo

 

SECCIÓNS



(c) 2001 Ravachol - proxecto desenrolado dentro de galego21.net
Contacto:
ravachol@ravachol.org