|
Os
aproveitados da fala
Se
buscas traballo que seña do Estado, fala castellano "que es más educado",
somente en galego poderas falare, cando veña o tempo de irmos votare. Se
fas un escrito pra o Gobernadore, soio castellano entende o señore,
e si en galego o queres facer...., dalle garantías dos votos que ha ter.
O falar galego está mui ben visto, pois tamén o falan algunhos ministros,
non é que lles naza é que lles convén, pra busca-los votos de quen-os
mantén.
E así queconsiguen o que eles querían, esquenceulles todo o que prometían,
falan castellano por mjuitgas razóns, e o galego queda pra outras eleccións.
Algún
señorito que o fala hoxendía, é por destacarse dunha minoría, son ovellas
negras da nosa nación, son os que nos foden cando hai ocasión. A
Patria galega terá nova vida, canto todos falen como Rosalía, a fala
galega ha ser a primeira, pra que Galicia non seña extranxeira. Cantigas
de amor
A
laranxa cando nasce, nasce verde e redondiña, tamén tí cando nasciches,
nasciches para ser miña.
Polas rosas que me deches, catro biquiños che dei, á primeira que collín,
prendada de tí quedei. Estribilo:
E tí vira, vira, tamén viro eu, teu pai é meu sogro, teu amor
son eu.
Non te troco, miña prenda , non te troco, meu amor, nin pola prata do
mundo, nin polo ouro do sol. O
meu corazón che dou, pechadiño cunha chave, despecha e métete dentro,
que sendo soio ben cabes.
As bagoiñas dos teus ollos, son com-as aguas do mar, que en vez de matarme
a sede, muita máis sede me dan. Dame
do peito un suspiro, dos ollos unha mirada, co teu parolar de amores,
un anaquiño da alma. Os
dereitos humans
Xanciño
marchou á vila, consultar co abogado, regaloulle unha pitiña, e
faloulle "castellano". Estribilo:
Que probes que somos, a xente da aldea que ainda mantemos a quen
nos torea, a quen nos torea, e toréanos ben, a culpa eche nosa,
non che é de ninguén.
--E así lle respondeu o abogado: "Mire Vd.. La Seguridad Social, es
la se-gu-ri-dad. Pero, si quiere Vd. vivir tranquilo, deje al Médico del
Seguro, váyase a Santiago y consulte con uno de pago". Xanciño
voltou prá casa, pensativo e cabreado, chorando foise pra cama, co
reuma no espiñazo. Toda a noite sin dormire, decide coa sua mullere,
a Santiago sairen nun turismo de alquilere. --E así lle respondeu o doctore:
--"Le aseguro a Vd., que lo suyo es de pronóstico. Don Juan, no
puede Vd. trabajar más. Lo que tiene que hacer, es acogerse a la Seguridad
Social". O Xan pagou ben cartiños, por palparlle o espiñazo, veuse
pra casa fodido, cos dolores aumentados. Os parentes e veciños,
din que todo ten amaño, que regale "xamonciños" ó fillo do Segredario.
--E así lle respondeu, o fillo do Segredario: --"La cosa no está
nada fácil. Le aseguro a Vd., que los tiempos están muy malos.
Pero, por lo que se ve....., miraremos y haremos lo que se pueda". Recolléronlleos
xamóns, e voltou coa esperanza, que lle deran a razón dos males
da sua espalda. Pasaron logo dous anos, e o Xan non sabe nada,
O dos dereitos humanos, e todo unha trangallada. A
festa do pan-trigo
Consolade
ó meu povo, daille agarimo, non lle dá ben o pranto, dádelle mimo,
non lle dá ben o loito, dádelle riso, o gran día que agarda ,
ven de camiño.
Preparade unha festa, con algorío, amañádelle a mesxa, ven un pan-trigo,
amasado no povo, no amor cocido, entregado a patria, de si
esquencido. Un
pan ledo prá vida, ven de camiño, é un pan novo no forno, mol e
branquiño, o pan que sementaron moitos vencidos, patriotas galegos,
hoxe pan-trigo. Preparade
unha festa, con algorío, amañádelle a mesa, traede o viño, todo
o povo galego, ven do esgarrío, a unha festa chamado polo pan-trigo.
Toniño
Andaba
Toniño detrás de Maruxa, rosmáballe a porta como unha coruxa, de noite
e de día Toniño falaba, e a probe Maruxa, xa estaba cansada.
---Toniño, non volvas! --Maruxa, qué dis? --Co mango do raño, rómpoche
os cadrís. Pasou
algún tempo coa mesma porfía, astra que do Santo, veu a romería. Bailaron
na festa rapaces e mozas, Maruxa con uns, Toniño con outras. Pola
corredoira, de volta prá casa, Toniño rouboulle un bico a rapaza. --
Toniño, qué fas? --Non-o ves, miña prenda ! --Tí déchesme un bico !
--Eu dín, miña reina ! --Ladrón, que fixeches? Probiña de mín ! --Rebúleme,
o corpo, es ben galopín. Quedáronse
soios os dous no camiño, e o resto dos mozos ríanse baixiño. E a historia
finou, casáronse os mozos, xa manda Maruxa, ¡ Toniño está "roxo" !. Xa
non podemos calar
Xa
non podemos calar, mentras nos teñan na noite, e haberá quen nos escoite,
e queira con nos berrar. Falaremos
da xusticia, do amor e da liberdá, sementaremos ledicia, nos lindes
do noso lar.
Non deixaremos que o medo, poida a verdade afogar, temos palabras arreo,
e temos fé pra esperar.
Será nosa a nosa Terra, leda no ser verde chan, e nos limpos ceos dela,
os paxaros han cantar. Baixarán
polos penedos, craras augas cara ó mar, e nos montes cara o ceo, novos
arbres han medrar. Os
que pra lonxe emigraron, os nenos virán contar, a xuventude deixada
noutras terras, noutro chan.
Galicia espera a quen loite, e se esforce pra a salvar, mentras nos teñan
na noite, xa non podemos calar. Ai
galeguiños!
Ai
galeguiños, ¿por qué estades tristes?, ¿qué condanado vos aconteceu? A
autonomía que caeu nun pozo, e deu un suspiro e despois morreu.
Estribilo:
¡ Ai meus amigos, canto hai que oir! Unha cousiña e predicar, outra
cousiña e repartir, imos cantar por non chorar, ímonos rir.
Ai galeguiños, ¿qué-é o que vos parecen, os conselleiros que temos eiquí?
Fan-nos ver branco onde soio hai negro, son uns artistas, isto é conto
vello. Ai
galeguiños, ¿quén na nosa terra, siguen vendendo mais de algún favor?
Teñen un nome que a xente repite: unhos din cacique, e outros din señor.
Cantiga
dos segadores
Soñamos
que era a terra un inmenso vilar, e inmensa nela a colleita nacía; soñamos
que era a patria unha espiga frolecida, de amorosiños trigais sin espiñas;
soñamos que Galicia era un camiño aberto, con bos guieiros pra andarmos
a vía. Estribilo:
Xuntarei presa a presa, un pan mol pró filliño, un pan novo pró
povo, un pan quente pró amigo, e faremos a gran festa. Era
fero o valeiro da agra e autonamos, e a terra brava fíxose ledicia: era
ermo o valeiro na agra e traballamos, e o ermo povoouse en espigas;
era inmenso o valeiro na agra e sementamos, e o valeiro enche hoxe a nosa
risa. Coidamos
que morrias, ¡ tan longa era a secura ! choveu auga a Dios dar, sin medida;
coidamos que afogabas, tan mestos os torbos, espaleceu o ceo coa sorrisa;
coidamos que crebabas tan persistente o frío, veu o sol amoroso e trouxo
a espiga. Quen
amañará o país?
Si
os labregos soio acadan, facer rico ó empresario. Si nos arrasan as fragas,
e deixan o chan queimado. Estribilo:
¿Quén amañará o pais, quén vai poder amañalo? Si
saen barcos pra pesca, e veñen escorrentados. Si os mesmos fillos da terra,
son pra ela renegados. Si
emigran homes e cartos, e aquí xa non hai traballo. Si Galicia segue
a ser, paradiso de abogados.
Si quen ten carreira abusa, estando tan ben pagado. Si soio poñen industrias,
no pais pra emporcallalo. Si
de obreiros e labregos hai pouquiños estudando. Si somente hai desprecios,
prós que teñen nas mans callos. O
tabaqueiro
Se
tí queres e eu quero nena da cara redonda, se tí queres e eu quero,
unha cama ben abonda. Teño unha porca na corte, con falla de compañía,
vaite deitar xunta dela, podes sacar boa cría. Estribilo:
E véndeme os bois, e véndeme as vacas, e non me vendas o pote das
papas, véndeme a cunca é o cunqueiro, e non me vendas o meu tabaqueiro.
Como
te pille no prado, como te pille máis veces, heiche de meter no corpo,
herba para nove meses. Anque presumes de tipo, e non es de todo feo,
pódesme pillar no prado , non che teño ningún medo.
Abreme a porta rapaza, sen nón entro polas tellas, teño un rapaz empezado,
e faltanlleme as orellas. Os homes cando pretenden, comenzan muitos
traballos, os que son coma vosoutros, nunca chós dan acabado. O
que ten a muller fea, grande regalía ten, traballa coma unha negra,
non lla cobiza ninguén. Os homes cando pretenden, muito mel, muita
manteiga, e despois de casadiños, sei que os veu algunha meiga. Carmiña
ten sete saias, sete saias se lle ven, debaixo das sete saias, ten
a máquina do tren. Aquel que anda no baile, sacode ben os calzós,
quen lle dera dentro deles, un ferrado de abellóns.
Sempre me andas preguntando, pr-onde vou, e d-onde veño, méteme a man
na petrina, verás que paxaro teño. O tabaqueiro dos homes levo eu
no meu refaixo, se queres algo d-aquelo, méteme a man por debaixo. Por
se chega a primaveira a nosa terra
Se
chega a primavera á nosa patria, co seu ledo estoupido en volvoretas
, e a vedes danzar moza en cada folla, enchendo de arrecendo as suas roseiras.
Se a ollades puxar bébeda en verdura, con paso firme logo da invernía
triunfar dos desalentos e dos medos, e achar lugar na terra rexurdida. Se
ouvides o aturuxo de vitoria, vengando con orgullo o sofrimento, ó ver
da terra nova a luz do día, a terra do pan-trigo sen lamento. Se a vedes
chorar maina de alegría, medrándolle a bullón o seu contento, cal luz
que nace e medra coa amencida, despois da escura noite padecida. Buscade
axiña gaitas prá gran festa, veñan vellos e nenos ó festexo, chamade
ó sol que non se poña nunca, limpade o aire e que canten os merlos. Brindai
coa patria miña redimida, facede festa e troula e rexoubeo, beilade esa
vitoria conseguida, tras tanto abouro no longo desterro. Se
chega a primavera á nosa patria, co seu ledo estoupido en volvoretas,
e a vedes danzar moza en cada folla, mudando en vigoría as suas canseiras.
Axudaille e que non se apague o canto, que o gozo teña amplo abranguimento,
desde a tona da pel á carne viva, nunha aperta tan fonda coma o vento. Que
dure a festa arreo noite e día, que ninguén poña chatas ó seu gozo,
e só despois se a vedes serenada, lembrade a patria o sangue do seu logro.
Falaille daquel pan que foi sostento, calado e xeneroso no desterro, faládelle
dos tristes dos vencidos, charetas malogrados no camiño. Decídelle
que lembre ós desorados, os orfos, os difuntos, os eivados, que reclame
festa para todos, un consolo que chegue a todo o povo. Que reclame ternura
para todos, vida e festa pra quen foi lamento, inmensos mares cheos de
ternura, pra quen foi pan da patria no desterro.
|