|
Nación
Unha
fror, un amor, unha alborada, unha fonte, un río, unha praia, unha estrela,
un camiño, unha alma, ¡Unha Terra, un pobo, unha fala! A
maneira de buscar o noso pan, unha forma de bailar no noso chan, muiñeiras,
alalás ou foliadas, ¡Unha Terra, un pobo, unha fala! Un
viñedo, un carballo, unha gaita, a morriña espallada polo mundo, a muller
que na casa está emigrada, ¡Unha Terra, un pobo, unha fala! Castiñeiros,
carballeiras, romerías, eirexados, mosteiros, gandeirías, revoldelas,
corredoiras embruxadas, ¡Unha Terra, un pobo, unha fala! O
mareiro vento desta costa, o batir das olas en Fisterra, un ardente
corazón que sinte e cala, ¡Unha Terra, un pobo, unha fala! Maruxa
Achégate
a min, Maruxa, achégate moreniña, ti has ser miña mullere, ti has
ser a muller miña. Moitas
frores hai no campo, tamén as hai no xardín anque teñas moitas leiras,
non te quero para mín. Se
me queres amar nena, ama que pouco che costa, amor con amor se paga,
nunca vin cousa mais xusta. Non
poñas o pé no meu, nin a man na miña saia, que anque son moza solteira,
espero de ser casada. Estribilo:
E se vas á herba, heiche de ir erguer, dareiche un abrazo,
ai! Maruxiña do meu querer. Un abrazo non!, que nos ve meu pai,
e despois na casa meu queridiño vaime berrar. Os
capadores
Para
capar un gato, disque non fai falla o bacharelato. Estribilo:
Y es que eses non tienen el títalo, y o títalo témolo nós, que
andamos polas aldeas chifla que chifla ¡Ave María! ¡Váljame Dios! O
outro día capando un carneiro, fodéronlle un ollo ó meu compañeiro. A
noite pasada, na casa de Xoán, caparon a gata no sitio do can. E,
ainda hoxe, foron outros catro e mataron e vaca que estaba de parto. A
outra noite, capando unha porca, quedoulles tan tesa, que a deixaron morta.
Galego
na escola
Deixaron
ó neno deprender a andare, deixaron que o peixe puidera nadare, e legalizaron
que o trono tronare, ¡e os nenos galegos, galego falare! Xa
pode na fonte a auga nacere, pode no campeiro a herba medrare, e legalizaron
que as froles frorecen, ¡e os nenos galegos, galego falare! Deixaron
que a lúa na noite brilara, e legalizaron mareas no mare, e con un decreto
os Ministros mandaron ¡òs nenos galegos, galego falare! Quedoulles
a testa moi ben descansada, oitocentos anos oindo unha fala, ensino
en galego prós nenos que o falan, ¡ise é o decreto que facía falla! Saraibiñas
Alma
rexional e ardente, canta anque che coste bágoas teus cantares son semente.
Hastra
que os ladróns enxorden, antre as saraibas que bican, pon as que firen
e morden. Está
cativa a roseira, mais dimpois de tanto inverno.... Suevia ha de ter
primaveira. Xa
sei, xa seis que fan falla, moitas fouces, moitos mistos, e moitos feixes
de palla. Axiña
esperta, Galicia, que xa se cuspe os caciques e fai ruxir a inxusticia!
Xa
o novo día alumea, xa a sociedá dos labregos, ten chouza propia na aldea!
A noite
é fría i escura, pro ó fin o amañescer, trainos co sol a quentura. Patriano,
meu rogo escoita: eu quero un posto á túa veira, no roxo día da loita
! O
viño
O
viño branco é meu primo, e o tinto é meu parente, non hai festiña no
ano, que non vexa á miña xente. Estribilo:
Era o viño, miña nai, era o viño; era o viño que a min me gustaba;
era o viño, miña nai, era o viño, era o viño que me emborrachaba;
era o viño, miña nai, era o viño, era o viño mezclado coa caña. Cando
te encontras conmigo, non queres decirme nada; pra decirme que che gusto,
tes que mollar a palabra. A
culpa non che foi miña, cando caín na silveira, que foi da tiña Rosiña,
por plantala tanto á veira. Non
foi soio na silveira, tamén na porta da casa; pensaches que estaba aberta,
e esnafraches toda a cara. Mira
se che son bon home, que me gusta perdoare; o mal que me fai o viño,
polo ben que a min me sabe. Rebola-bola
Os
bos homes desta Terra, queren todos ter traballo, mentras os capitalistas,
gozan téndonos parados.
Moitos falan o galego, con finura e porque é moda, mais pra falalo con
xeito, hai que mamalo na escola. Tran-nos
a carne de fóra, negocio dunhos larpeiros, e o que teña bós becerros,
que os enterre no palleiro. Os
"Diputados" galegos, sonche boi ben educados, falan moi ben nesta Terra,
e en Madrid están calados. Galegos
oportunistas !, xa se veu o que buscaban, presumir de Autonomistas,
desde a capital de España.
Pediron votos galegos, e non lles tivemos perda, e agora dan-nos as gracias,
cun estatuto da merda. Xa
temos unha autopista, xa corremos coma un raio, e as outras carreteiriñas,
tocadiñas do..................... carallo. Estribilo:
Rebola-bola, vós que dis, que dis que deu, vós que dis que
deu na bola, vós que na bola don deu. Final:
Rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla, e eu, como son da familia,
tamén quero rebolar. Rosiña
e o trasno
Fumos
Rosiña e mais eu ó muiño, pra que a fariña non foran roubare; e á media
noite por un buratiño, ós dous o trasno nos veu a tentare. Rosiña
asustada, colléume a mín, e eu a Rosiña tamén me collín; despois non
me acordo, despois xa non seis, o susto do corpo por fin llo quitei. E
chora a mociña cando me ve, de min se arreda e non sei por qué; e mentras
o trasno rí canto quer, do que ó muiño nos foi a facer. A
xente murmura, bon creto lle dou ! e todos pretenden saber qué pasóu;
e mentras o trasno ri canto quer, do que ó muiño nos foi a facer. O
vello
Estribilo:
Probiño de vello!, pasóu dos sesenta, xa cobra o susidio xa ten
que o queira. Os
novos apartan da súa presencia, a fala do vello pró o novo é canseira,
e o vello é o espello que ós novos refrexa. Mostróu
unhas mans, que o longo da vida, tiveron resposta, tiveron valía, e agora
non loitan, nelas non confían. Os
ollos en folga, seméllanlle as pernas, e as costas peadas o peeito reventan,
chegar a ser vellos os novos non pensan. El
ten un tesouro coa sua experiencia, mais con el non contan prás cousas de
ciencia, tristura da vida ! cartos son querencia !. Chorima
Estribilo:
Chorima nosa Chorima !, tan amarela no monte !, ti és a fror
dos galegos, prós de onte e prós de hoxe. Fror
de toxo, fror de toxo, fror da galeguidade, as raices son a alma,
a chorima a saudade. Arrecendes
os toxales, non te quixeches na casa, ergueita, brava e ceibe,
como os galegos de raza. Somente
a nosa terra, abona a túa semente, Chorima ! Tí sí es nosa, fúchelo
e será-lo sempre !. Carmela
Carmela
berróu por Chinto, na corredoira de abaixo, porque lle picóu un toxo,
que levaba no refaixo. Moito
te arrimas meu Chinto, moito que vas arrimando, ten cuidado co cigarro,
non me queimes o refaixo. O
teu refaixo, Carmela, malo raio cho confunda, por culpa do teu refaixo,
xa me deron unha tunda. Disimula
queridiño, pois sempre fuches moi guapo, xa tiñas a chepa grande,
antes de andar co refaixo.
Moito che dá que falare, o condenado refaixo, heicho de ter que quitare,
polas perniñas abaixo.
Se che deixo ben me quitas o refaixo no camiño, estáste pasando un pouco,
vas leva-las nos fuciños. Estribilo:
Dame Carmela, un bico pequeno. Non cho dou, queridiño, téñoche medo,
téñoche medo, medo che teño, dame, Carmiña, Carmela, un bico pequeno. Galicia
nai
Galicia
encadeada con ferros de Castela, por fillos treizoeiros e por caciques lobos,
no teu ceo azuado, hai unha nova estrela, ardente e sanguiñenta, agoira
os tempos novos. Irmáns,
erguede o berro, de amor e santidade, Galicia e liberdade, do traballo
e do chan. Son verbas de Dios mesmo, do Dios Todopotente, co suor
da túa frente, gañarás o teu pan !.
Nai galega, que diches o sangue xenerosa, para calmar a sede rabiosa da impiedade,
nos agros de Sobredo, froreceu unha rosa, ardente e sanguiñenta, agoira
a liberdade. Son
verbas de Dios mesmo, do Dios Todopotente, co suor da túa frente,
gañarás o teu pan. Irmáns, erguede o berro, e o legón aferrade,
Galicia e liberdade, do traballo e do chan !.
|