|
| SARAIBAS
|
O
nome de Saraibas aparece no ano 1978 e dáse a coñecer
nun concurso que gañou o grupo na Festa das Somozas. Os protagonistas
xa levaban uns dez anos tocando e cantando xuntos baixo o nome de
Chorima. O que queren é simple: facer música en galego,
defende-la lingua e a cultura, "non só enriba do escenario,
senón tamén na vida cotiá" como din eles.
Ademais de cantar cancións tradicionais do país, Saraibas
compón temas críticos en contra dos problemas atopados
na vida social e política.
Entre 1983 e 1991 aparece Cantareliña, un proxecto no que
foron xuntados nenos de diferentes centros escolares. A idea: cantar
en galego e transmitir a lingua aos rapaces.
Saraibas leva gravado actualmente seis discos. Os seus compoñentes
son:
- Julie Guravich: voz
- Xela Barro: voz
- Avelino Cinza: Frautas, percusión e voz
- Miguel A. Sanjurjo Sixto: Percusión e voz
- Martín Sanjurjo Sixto: guitarra, mandolina, violín
e voz
- Juanjo Porta: guitarras
- Sergio Vázquez: baixo
- Francisco Rodríguez: percusión e acordeón
|
|
|
|
| |
| OUTROS DATOS |
Contratación:
Saraibas folkmar@wanadoo.es Tel: 981 49 00 18 / 619 93 68 11
English & Français 981 46 87 65 (Jean Porta) Fax: 981 49 02 08
|
| | |
|