| Non
Si
dixese que sí, que todo está moi ben, que o mundo está
moi bon, que cada quen é quen... Conformidá,
Ademiración ... Calar, calar, calar, e moita precaución. Si
dixese que acaso as cousas son esí, porque sí, velei, e
non lle demos voltas. Si dixese que sí, pero
non. Edoi
Lelia Doura
Eu velida nom dormia lelia doura, e
meu amigo venia edoi lelia doura! Non durmia e
cuidava lelia doura e meu amigo chegava edoi lelia doura! O
meu amigo venia lelia doura, e d'amor também dizia edoi lelia
doura! O meu amigo chegava lelia doura e d'amor
tambem cantaba edoi lelia doura!
48-12
Quédome
pensando como podo facer para deixar de quererte lévote comigo
e ti esquecícheste de min
Ti nos teus soños
e eu sigo esperta cavilando nos sentimentos, lonxe estás, aínda
así, non podo fuxir de ti. Mariñeiro,
xa non guiarás máis o meu barco na terra adentro, non podo,
non quero, isto xa topou seu fin. Bágoas
de Lúa
Prantos de muller, un lamento
sen querer, que se escoita en todo o ceo ó amencer, lúa solitaria,
dime, ¿quen te namorou? ¿Por qué choras dese xeito día
sí e día non?
Foi o sol quen me roubou
o corazón, quen me dixo: lúa branca veño a darche o meu
amor, despois marchou, e aquí soa me deixou, dende aquela choro e
choro día sí e día non. Contan
as estrelas, que xa hai tempo que pasou, cando aínda eran rapaces e
vivían xuntos os dous, sen avisar o sol radiante, un día de alí
marchou deixando un perdón escrito para o seu gran amor. Nunca
soubo a lúa a razón que tiña o sol, para deixala alí
soíña sen a luz do seu amor, dende aquela a lúa branca
cando ve chegar ó sol, co sentimento derrotado marcha cara o seu rincón. Foi
o sol quen lle roubou o corazón, quen lle dixo lúa branca veño
darche o meu amor, despois marchou e alí soíña quedou, dende
aquela a lúa chora día sí e día non.
|