|
| ROI
XORDO |
Corría o ano 1431 cando un fidalgo, Roi Xordo, encabezaba a Primeira Revolta
Irmandiña, un dos primeiros alzamentos do campesiñado de Europa
contra os nobles que os oprimen. Roi Xordo alzouse contra o Señor de Andrade
na comarca, chegando mesmo a atacar Compostela cando o seu inimigo se veu refuiar
a cidade. Roi Xordo, un persoeiro emblemático dentro da historia galega,
da nome a rúas e bares por toda a nosa xeografía. E como non podía
ser menos, presta o seu nome tamén a un grupo de música. Fundado
en 1998, Roi Xordo é unha agrupación integrada por músicos
da comarca compostelán, que fai pezas totalmente compostas na súa
totalidade por eles mesmos, inspirándose nos ritmos e estructuras propias
da tradición galega. Incorpora tamén elementos doutras culturas,
resultando nunha aventura musical persoal e elegante. Ó longo da súa
historia a formación sofreu cabiós na súa fomación,
na que quedan actualmente tres membros da formación orixinal: Helena Fraga
Pumar (voz e percusións), Diana Romero Vila (contrabaixo), Alonso Barreiro
Caxade (gaitas e acordeón), Guillermo Rubén Pérez López
(oboe e bouzouki), André Cebrián Garea (frautas traveseiras), Carlos
Uriarte Gradín (guitarra acústica e bouzouki) e Xosé Tuñas
Montero (percusións e efectos). Dende a súa formación
teñen participado en diversos festivais, foron finalistas en diversos certames,
sendo salientable o seu primeiro posto na III edición do Certame de Música
Folc de Radio Obradoiro, o que lles permitiu gravar o seu primerio disco.
| | |
|
| |
| LIGAZÓNS |
|
|
| | |
|