| Ruadiña
- PaXota
-"Maruxiña
ponte tesa Que te veñen a pedir" -"Eu ben tesiña
me poño, Pero non os vexo vir".
Ai ruada, ruadiña Vinde
nenos e nenas Á foliadiña.
Maruxiña vai na fonte, Moito
tarda que non vén; Ou rompeu a cantariña Ou moitos amores
ten.
Ai ruada, ruadiña Vinde nenos e nenas Á foliadiña.
A
Rabuda Vimos
trae-las historias da montaña e máis do mar, achegaivos meus
amigos que xa é tempo de troular Nunca
fun a foliadiña que viñera sen beillar e nunca vin está-los
mozos coma parvos a mirar Ai lilelo... O
río cando vai cheio leva toxos e fieitos, tamén podía
levar todos caciques a eito Disque hai quen anda dicindo que o galego
lle dá noxo; nós non somos reparados, nós turramos
polo noso Ai lilelo... Adeus
que me vou do mundo sen flores e sen campás, por fidalgo, por cacique, por
xogar coas aldeás Ai lilelo.... Moreniña
Moreniña
por morena téñoche o ollo botado, ou ti has de se-la miña ou
non hei de ser amado. Ou
pasa-lo río ou non o pasar, ou molla-lo pé ou non o mollar ... Se
ti me queres a min como te eu quero meu ben, heite ver mañán
á noite no lugar da Vilalén. Aí
che vai meu corazón fechadiño cunha chave, ábreo e
métete dentro que ti é-la única que cabe. Ou pasa-lo
río ou non o pasar, ou molla-lo pé ou non o mollar ... Meu
amor foise pra lonxe camiño de Compostela, o seu corazón quedouse e
o meu marchou con ela. Heiche
da-la despedida miña rula se me deixas, heiche da-la despedida cun
ramiño de cereixas. Ou
pasa-lo río ou non o pasar, ou molla-lo pé ou non o mollar ... Historia
do Cebreiro
Oigan
señores a historia Nas montañas do Cebreiro Dunha rapaciña
nova Que casou con un gaiteiro. A
el chamábanlle Cristobo Pero un día vendeu a gaita E a rapaciña
choraba Seica lle facía falta. -"Ai
non chores máis, muller Porque che vendín a gaita Vendina
porque era vella E estaba toda estragada" -"Pois
boa cousa fixeches, ¿seica te tentou o demo? Vaite durmir ó
palleiro, Que eu sen gaita non te quero" E
ó outro día o Cristobo Vindo de volta para a casa, Saíulle
a muller ó camiño Por ver se traía a gaita E
así que lle viu a nova, Botoulle as maos ó punteiro, E dixo
moi contenta ela: -"Tiruliru meu gaiteiro" "Esta si que
che é ben feita, Pois parece unha monada, Vaia punteiro máis
fino, Que cousa máis axustada" -"Pois
esta noite, muller, habémola tocar un pouco bailarémo-la jotiña, se
o permite o santo Antonio" E
é que pouco máis Ten unha ca outra; Pero o que vale, É
ter gaita!.
|