|
| QUEMPALLOU |
Quempallou é grupo a medio camiño
entre o folc e o tradicional (máis do segundo que do primeiro), con espíritu
festeiro, de troula e cheo de bó humor, pero sen que elo signifique menos
calidade na súa calidade. Os compoñentes, procedentes de Bueu e
da montaña luguesa do Incio, traballan sobre ritmos tradicionais galegos
conservando a súa frescura orixinal, buscando a participación dos
asistentes e creando un ambente de esmorga. Quempallou so leva un disco no
mercado, resultado do seu triunfo no II Certame para Grupos Folk Noveis organizado
por Radio Obradoiro e celebrado en Compostela en Xaneiro do 2001. Leva participado
en diversos concertos e festivais, e é habitual velos ó longo de
todo o ano en vivo por toda a xeografía galega e alén das nosas
fronteiras. Os seus concertos son un bó reflexo do seu espírituo
de foliada e bo traballo musical. |
| |
|
| |
| OUTROS DATOS |
Compoñentes Roi
Maceda: Acordeón, coros. Guillerme Ignacio: Gaita, frautas, percusións, voz.
Xulio Coira: Gaitas, coros. Guillermo Lamosa: Guitarra acústica, coros.
Álex Torresquesana: buzuki, coros. Anxo Novas: pandeireta, percusións.
Bernardo Pena: Tamboril, percusións, coros. Xosé Maceda: Bombo, percusións,
coros.
Contactos
Guillerme: 986322307; Roi: 639754236. quempallou@hotmail.com
|
| | |
|