|
| MERCEDES
PEÓN |
Mercedes Peón empezou cantando con Matto Congrio
(anque non aparezca no único disco gravado polo grupo). Mais tarde presentou
no programa Luar da TVG uns cantos minutos nos que falaba da etnografía
da música galega. A sua primeira gravación vaise facer con Xosé
Manuel Budiño, visto que vai a cantar tres temas do primer disco do
gaiteiro. Ista non vai a ser a única colaboración destes dous músicos;
Mercedes vai cantar de novo no segundo disco de Budiño e este vai tocar
un tema en Isué. Posteriormente Mercedes Peón intentará
montar un grupo chamado Ajrú, pero desaparecerá enseguida (o unico
tema que gravaron atopase no disco Naciones Celtas II). A cantante continuará
colaborando con diferentes grupos (coma os Diplomáticos de Monte-Alto)
antes de gravar un primer disco en solitario: Isué. O seu segundo
traballo, Ajrú, editouse no ano 2003 e continua co seu estilo partícular
e moderno. Peón está considerada como unha das máis importantes
voces do país, cunha grande proxección internacional e cunha carreira
artística respaldada pola crítica.
| | |
|
| |
| LIGAZÓNS |
|
|
|
| OUTROS DATOS |
Contratación: Disco Trompo Tel: 981 783 396 637 701 925 677 560
452 e-mail: m.m.peon@terra.es
|
| | |
|