Ravachol
Actualizado: 03/05/2002
 

Feitizo


O séptimo disco de Na lúa trata do mundo máxico de Galiza. Xastre Coxo, meigas, San Xoán, herbas máxicas... unha bonita maneira de (re)descubrir unhas historias e tradicións do país que a xente vai olvidando pouco a pouco. O grupo faise de mais en mais folc-celta abandonando as antiguas influencias jazz, pero isto naturalmente non impide unha grán calidade musical.

PEZAS
MP3 PART MID    
1. Duas irmás (Xabier Debesa) 5:14
2.A Noite de San Xoán (E. Pondal / Paz Antón) 2:30
3. Tres viras do Minho (Tradicional / Paz Antón) 2:31
4. Fun polo vento (Tradicional / Xabier Debesa) 3:21
5. O Meigallo (Tradicional / Paz Antón)

2:35

6. Para facer un feitizo (Bouza Brey / Paz Antón) 4:10
7. Encantamento (Antón Rodriguez / Xabier Debesa) 2:47
8. As meigas chegan (Xabier Debesa)

4:31

9. Trasalbiña (Tradicional / Paz Antón / Antón Rodriguez) 3:48
10. O xastre coxo (Tradicional / Paz Antón) 3:07
11. Baile do demo (Paz Antón) 3:34
      12. Ronda das Mafarricas (Jose Afonso / Antonio Quadros) 2:35
    13. Belladonna (Paz Antón) 3:23
      14. A Marabilla (Paz Antón) 2:36
    15. A pedra da serpe (Antón Rodríguez / arr: Xabier Debesa) 2:44
      16. Vin polo aire (Tradicional / Paz Antón) 1:20

LETRAS

Duas irmás

Pai, sodes noso escollido
Para vos a gloria dar
Pai, sodes noso solmente
Para vos a gloria dar,
A mai vos este o meu corpo
Para a nosa alma consolar

A Noite de San Xoán

E a noite de San xoan: - Ide rapaces
De todo mal capaces
Collede herba ferrenta
Collede brizos menta
E sarxa rabuxenta
Collede sabugueiro
E follas de loureiro
E collede sambuco
Tamen herba do cuco
Colleda herba gaiteira, Aurego, herba cabreira
Con herba dos eremos
Collede herba dos demos
Collede herba do inverno
Collede, se podedes, herba do inferno
E facede con todo unha fogueira
No medio da ladeira
E decide ide bruxas
E agoreiras curuxas
Ide casta embustera
Que se casa e marcha con calqueira
Ide, raza insidiosa, Sufida e veleidosa
De extraña condición,
Que sempre di que non
Ide falsas belezas
Que transtornades dos tontos as cabezas
Abortos do profundo
Capaces todos de perder o mundo
(E facede con todo unha fogueira)

Tres viras do Minho

O da vira vira
Do vira de Seixas
Leva-te o diablo
Se é que tu me deixas

Fun polo vento

Fun o muiño da miña comadre
Fun polo ento vin polo aire
Estas son cousas de encantamento
Ir polo aire, vir polo vento

Marica cantou
E eu cantei
Ela como sabe
E eu como sei

Para facer un feitizo

Sabugueiro da folla repinada
polo Maio estralando de brancas frores
collereiche un ramallo na madrugada
pra facer un feitizo pros meus amores

Que non fuxan os melros que fan o niño
no mais mesto curruncho dos teus verdores
esgazareiche as ponlas moi a modiño
pra facer un feitizo pros meus amores
Cocereiche con cornos de bacaloura
con fiuncho e con ruda dos arredores
da ermida feituqueira da Virxe loura
pra facer un feitizo dos meus amores.

Pra este amor, sabugueiro, que me entolece
tuas frores segura menciña son
que ti tamén froreces cando frorece
vermelliño de rosas, meu corazón.

As meigas chegan

Catrocentas meigas todas embruxadas
fixeron a ronda para ver a quen levaban
levaran o alcalde, levaran o crego
e cousa do demo a quen lle vai tocar.

Vixiade as vosas fillas, pechade ben as portas
o aquelarre esta noite vai chegar
conxurando feitizos, voando polo aire
as meigas chegan non hai xeito de parar.

Achégase perto unha treboada
lostrego salvaxe, bruxa iluminada
Sentindo a vella voz da naturaleza
No mais fondo do noso pensamento
Ceibes para voar.

Catrocentas meigas todas embruxadas
moi apertadiñas facendo toleadas
remexe o caldeiro, abracadabra
o diaño coxo virá con nós bailar.

Vixiade as vosas fillas, pechade ben as portas
o aquelarre esta noite vai chegar
conxurando feitizos, voando polo aire
as meigas chegan non hai xeito de parar.

Queimaban as fogueiras no medio da toxeira
o aquelarre esta noite vai chegar
o lume sae dos fentos voando os catro ventos
As meigas chegan no hai xeito de parar

O xastre coxo

E acolá enriba, en Pena Maior
Hai un sastre coxo, cascalle ali!
Moi ghabadore, i eso si!

Andase ghabando que cose moi ben
En sete parroquias, cascalle ahi!
Non cose para ninguen, i eso si!

Chamouno a bruxa para facer un traxe
E o raio de xastre, cascalle ahi!
Non lle deu trepase, i eso si!

Para facer un traxe tres varas de pana
E o raio de xastre, cascalle ahi!
Di que ainda lle falta, i eso si!

Fixolle a chaqueta como a dun torero
E o raio de xastre, cascalle ahi!
Levarache o demo, i eso si!

Hai un xastre coxo, cascalle ahi!
Moi chabadore, i eso si!
Chamouno a bruxa, cascalle ahi!
Para facer un traxe, i eso si!
Acolá enriba, cascalle ahi!
En pena maior, i eso si!

Baile do demo

Cando chove e fai sol
Anda o demo todo contento
perto de Ferrol

O meu demo ti xa non es
Que non toca-la muiñeira
Coma os Cempés

Ronda das Mafarricas

Estavam todas juntas
Quatrocentas bruxas
A espera
A espera
A espera da lua cheia
Estavam todas juntas
Veio um chibo velho
Dançar no adro
Alguém morreu

Arlindo coveiro Com a tua marreca
Leva-me primeiro Para a cova aberta

Arlindo Arlindo Bailador das fadas
Vai o pé coxinho Cava-me a morada

Arlindo coveiro Cava-me a morada
Fecha-me o jazigo Quero campa rasa

Arlindo Arlindo bailador das fadas
Vai o pé coxinho Cava-mea morada

A Marabilla

Para ir o teu muiño fun por riba de silveiras
e no medio do camiño
fun por baixo de carqueixas
fun por baixo de carqueixas
fun por riba de silveiras
para ir o teu muiño
ai la le lo ai la la lo

Estas si que son cousas de marabilla
de marabilla
ir polo vento mira nena
que son os campos de Sevilla

Adiós meigas de Cangas netas de Maria Soliño
que me levastes a rastras
polo largo do camiño
polo largo do camiño
netas de maria Soliño
que me levastes a rastras
ai la le lo ai la la lo

Estas si que son cousas de encantamento
de encantamento
ir polo aire mira nena
que son os campos de Toledo

Estas si que son cousas de marabilla
de marabilla
ir polo vento mira nena
que son os campos de Sevilla

De marabilla de marabilla de despedida


DATOS TÉCNICOS

   

Selo: Do Fol Edicións
Distribúe: Boa Music
Músicos
Antón Rodriguez: gaita, saxo, frautas
Cándido Lorenzo: gaita, clarinete, frauta, whistle
Ricardo Pereiro: baixo
Xabier Camba: batería, percusión
Xabier Debesa: acordeón, sintetizador, percusión, voz, guitarra
Paz Antón: guitarras, bouzouki, laúde, percusión, voz

Coa participación de:
Aloia Martinez: voz
Irene Varela: arpa
As Donicelas: voces
Antón Lopez: tamboril
Xabier Martinez: Bombo tradicional
Luís Correa: Pandeireta, piña
Emilio Pichel: Pandeireta, tarrañolas, culleres, cunchas

 

SECCIÓNS



(c) 2001 Ravachol - proxecto desenrolado dentro de galego21.net
Contacto:
ravachol@ravachol.org