Ravachol
Actualizado: 03/05/2002
 

Os tempos son chegados


"Os tempos son chegados" (titulo que se inspira do Himno Galego, que fora estreado na Habana uns 90 anos antes de que saira o disco) conta coa chegada de Xabier Debesa como novo membro do grupo. O grupo continua unha mezcla de musica galega, ritmos africanos e unha chisca de jazz, pero moi discreto. Sintese tamén mais presencia de musica celta que nos antiguos discos. Pancho Álvarez, antiguo membro fundador du grupo, colabora neste disco antes de marchar en solitario.

PEZAS
MP3 PART MID    
1. Marcha dos namorados. Fojetes (Antón Rodriguez / arr. Paz Antón) 2:51
2. Os tempos son chegados (Paz Antón) 3:39
3. Muiñeira do berimbao (Antón Rodriguez / arr Xabier Debesa) 2:35
4. De andar camiño (Rwanda) (tradicional / Paz Antón) 3:47
5. Ribeirana (Tradicional / Na Lúa)

2:43

6. Cantar de canteiros (Tradicional / arr. Paz Antón e Debesa) 3:27
7. Liberación (Paz Antón / arr. Debesa) 2:26
8. Django (Django Reinhart / Paz Antón)

3:15

9. Danza das tres raiñas (Antón Rodriguez / arr. Xabier Debesa) 3:06
10. A filla de Demetrio (Paz Antón) 3:56
11. Arxel (Paz Antón / texto: E. Pondal / arr. Xabier Debesa) 4:07
      12. Airiños de Africa (Paz Antón) 3:41
      13. A aventura dos pipelines (Xabier Debesa) 2:41
      14. Coro das maçadeiras (tradicional minhoto / Paz Antón) 1:49
    15. Das africanas praias (Paz Antón / texto: E. Pondal) 2:16
      16. A fonte da meiga (Paz Antón / arr. Debesa e Paz Antón) 3:17

LETRAS

Os tempos son chegados

Que non pare o bailador
que non pare, vai arredor!

Cheguei o vintecinco a Compostela
non ceo de bandeiras e de estrelas
estabas onde ia a Galiza Nova
se tódolos secretos tomei a proba

un saúdo
de vellos compañeiros, de namorados
que brindan porque
os tempos xa son chegados

Que non pare o bailador
que non pare, vai arredor!

ollei teus ollos perto dos insubmisos
amei a libertade do teu sorriso
e crece o movemento que nos defende,
nin amos nin escravos do amor que prende.

un saúdo
de vellos compañeiros de namorados
que brindan porque
os tempos xa son chegados

os tempos son chegados das vaguedades,
arnamos a oucura da inmesidade
Pasamos toda a noite eu e mais ela
na lúa de Santiago de Compostela
Os vellos compañeiros, os namorados
brindaban porque
os tempos xa son chegados

que non pare!

Cantar de canteiros

Ea, ea, ea, ea...
Acolá enriba
naquel outeiro
había un niño
dun lagarteiro

oué, oué, oué, último.

puxa na pedra
o ano enteiro
non hai traballo
pára os canteiros

oué, oué, oué, último.

Arxel

E ti anduriña errante
dos longos campos de Arxel
se a miña terra distante
te leva o voar constante
dille o meu penar cruel

Se alguén por min preguntar
dille que estou en prisións
e unha noite de luar
iraste unha vez pousar
no campanario de Anllóns.

oh nai da miña vida
adeus adeus meu pai
prenda de min querida
adeus oh miña nai
adeus oh miña nai

Asi triste en terra allea
aló nas prisións de Orán
cantaba un bergantiñán
e nos grillóns da cadea
leva o compás coa man.

oh nai da miña vida
adeus adeus meu pai
prenda de mín querida
adeus oh adeus miña nai
sombra dos meus avós
río da Ponteceso
pinal de tella espeso
acordadevos dun preso
como el fai de vos
campanario de Allóns.

Coro das maçadeiras

Este liño é mourisco
a fita dele namora
quen aquí no ten amores
tire o chapeu e vaise embora.

Ai lalila ai lilao
ai lalilaló meu ben
regalate o meu amor
regalate e pasa ben

oh miña nai dos traballos
para quen traballo eu
traballo mato o meu corpo
non teño nada de meu

ai lalila ai lilao
ai lalilaló meu ben
regalate oh meu amor
regalate e pasa ben

Das africanas praias

Das africanas praias veciñas
como costuman retornarán
as amables e doces anduriñas
e polo bardo preguntarán

mais os curutos onde o pinos
queixarse soen co vento Soán
xa ben sabedores dos seus destinos
cal quen teme decir mala nova
nada dirán

das africanas praias...



DATOS TÉCNICOS

   

Selo: Do Fol Edicións
Distribúe: Boa Music
Músicos
Antón Rodriguez: gaita, saxo, frautas
Cándido Lorenzo: gaita, clarinete, whistle
Ricardo Pereiro: baixo, coros
Xabier Camba: batería, percusión
Xabier Debesa: acordeón, sintetizador, percusión, voz, coros, guitarra
Paz Antón: guitarras, bouzouki, laúde, percusión, sintetizador, voz, coros

Coa participación de:
Pancho Álvarez: violín, mandolina, coro, timbal
Isaac Palacín: redoblante
Maria Teresa Duro: voz
Treixadura: pandeiretas
Javier Soto: guitarra eléctrica

 

SECCIÓNS



(c) 2001 Ravachol - proxecto desenrolado dentro de galego21.net
Contacto:
ravachol@ravachol.org