|
|
MILLADOIRO
|
Milladoiro
é un grupo emblemático dentro da música e a cultura galega. Cumpridos
vinte anos, leva tras de si unha experiéncia e un traballo que vai
desde a música tradicional até estilizados arranxos con un ar clásico.
Teñen traballado con grupos extranxeiros, editados discos en varios
paises, dado concertos en multitude de escenários tanto internacionais
coma nos povos e vilas de Galiza. Os seus discos reflicten colaboracións
con orquestras de música clásica, bandas sonoras para filmes, composicións
que identifican exposicións e celebracións de organismos culturais
galegos, actuacións en plateas lonxanas cheas de xente vibrando
por causa da sua música... Poucos grupos poden presentar semellante
historial. Os seus compoñentes tamén sacan tempo para seguir compondo,
impartir aulas ou resgatar de cancioneiros vellas melodias que (nas
suas mans) se volven novas e cheas de vida, e que seguen a ser fundamentais
no seu repertório. O seu suceso non é coincidéncia: a sua calidade
manten-se ao traveso dos seus discos e acada cotas inimaxinábeis
nos concertos e actuacións ao vivo.
Actualmente está formado por:
Xosé V Ferreirós: gaitas, oboe, mandolina, uillean
pipe, tin whistle, bouzouki, pandeireta
Antón Seoane: teclado, guitarra, zanfona, acordeón
Moncho García: percusións
Harry C: violín
Nando Casal: gaitas, clarinete, tin whistle, cromormo, pandeireta
Xosé A. Fernández Méndez: frauta
Manu Conde: guitarra, bouzouki
Roi Casal: harpa, ocarina, bouzouki
|
|
|
|
|