Ravachol
Actualizado: 09/11/2002


Texto extraido da revista Voice, escrito por Manuel Muxico Rei

 

"... Históricamente falando, debemos remontarnos a un grupo de vital importancia, non tan só porque ten servido un pouco de maestro, de guía ou simplemente de referente musical para infinidade de grupos, senón tamén pola súa repercusión a nivel de aceptación de determinado tipo de música por un público acostumado a productos máis comerciais. Dito grupo non é outro que Milladoiro.
Xurdiu no momento en que un grupo de gaitas tradicional chamado "Faíscas do Xiabre" decide aumenta-lo número e tipo de instrumentos da súa formación e consecuentemente, comenzan a cambia-la maneira de interpretar, de armoniza-los temas, as estructuras destes... Esta evolución implica cambios moi importantes dentro da música tradicional de Galicia, pois a gaita xa non tiña que estar sistemáticamente presente en todo tema e en todo momento, o que implicaba a posibilidade de cambia-los timbres en determinados momento de cada tema, otorgar máis dinamismo a estes... Dende unhas perspectivas meramente técnico-musicais, non podemos senón afirmar que os recursos introducidos ofrecían innumerables posibilidades. A súa mirada a grupos como The Chieftains implicou, en sucesivos discos, a introducción de elementos propios da música irlandesa -melodías, instrumentos- e co paso do tempo, tamén foron introducidas por eles melodías e gaitas escocesas. Todo isto propiciou que canto rodeaba ó concepto de música celta (mestizaxe cultural entre diferentes pobos para demostra-la existencia dunha cultura común) fora cobrando importancia perante os oitenta ata crear un estilo diferenciado. Estilo que cada vez foi máis idolatrado entre os instrumentistas da gaita -sobre todo dende finais dos oitenta- que levou, básicamente ós máis xóvenes, a estudiar ornamentacions características das músicas escocesa e irlandesa, misturándoas e combinándoas coas propias do seu instrumento ata cotas inimaxinables. Pronto xurdiron infinidade de grupos que, se ben ó comezo podieran parecer simples plaxios de Milladoiro, co paso dos anos teñen buscando outros camiños, posiblemente paralelos pero diferentes, cando menos nos casos das formacions que non teñen perecido co paso dos anos pola súa inconsistencia teórica. "

 

SECCIÓNS



(c) 2001 Ravachol - proxecto desenrolado dentro de galego21.net
Contacto:
ravachol@ravachol.org