|
|
LIORNA
|
O grupo Liorna, orixinario de Marín, fundouse alá
no ano 1997 e apareceron por vez primeira nun traballo discográfico
no ano 1998. Tratábase dun traballo recompilatorio xunto
con Xiradela e Atalora na compañía de Mercedes Peón.
A presentación tería lugar no Novembro daquel mesmo
ano no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Non sería
ata o ano 2000, no que aparecería o seu primeiro traballo,
cando escomezaron a ser máis coñecidos.
Liorna ten actuado en diversos festivais, tanto dentro de Galiza
(Festival de Ortigueira, Noites Folc de Pontevedra, Noites Celtas
de A Coruña) coma noutras cidades da xeografía peninsular.
|
|
|
|
|
|
|
LIGAZÓNS
|
|
|
|
|
OUTROS DATOS
|
Contratación:
Voz y Sonido Producciones
Virxe do Camiño 2 of 29 A - Pontevedra
Tlf. 986 89 65 59
Tlf. 630 47 52 39
vozysonido@ctv.es
|
|
|
|
|