|
|
FUXAN
OS VENTOS
|
Grupo imprescindible para comprender os inicios da música
folk galega, Fuxan os Ventos (Fuxan, como se lle coñece habitualmente)
hai que entendelo dentro dun contexto histórico moi concreto.
O grupo fundouse en 1972 e o seu primeiro disco aparece en 1976,
un ano despois da morte de Francisco Franco. Comezaba entón
un periodo de transición á democracia no que a sociedade
poido por fin empregar liberdades ata entón prohibidas.
Fuxan non foi o único xérmolo da liberdade xurdida
na época, pero si que foi o que máis amplo éxito
tivo, abranguendo o seu público diversas capas sociais e
chegando tanto as zonas rurais como as cidades industializadas ou
en expansión.
As letras de Fuxan empregaron sempre esa recén conquistada
liberdade para denunciar atrasos e protestar por actuacións
que pouco a pouco ían sendo levadas a cabo en Galicia.
Reivindicábase así unha Galicia alonxada dos tópicos,
preocupada pola súa cultura e o seu futuro, pero sen esquezer
outros aspectos máis líricos.
A semente de Fuxan estivo no Colexio Menor do Santísimo Sacramento
de Lugo onde coincidirían os seus membros fundadores. Co
nome de Folk 72 participan e gañan o primeiro premio
do III Festival de San Lucas de Mondoñedo. A canción
gañadora titulábase precisamente 'Fuxan os Ventos'.
O título da canción pasou a constituir o nome do grupo
có que actuarían, tamén gañando, no
III Festival Ría de Ares en Pontedume. E 'Fuxan os Ventos'
acabou por ser tamén o título do seu primeiro disco.
As principais características do grupo son, sin dúbida,
a presencia da voz e as letras das cancións. As letras, ben
propias ou de poetas galegos, abrangueron temáticas moi amplas:
foron en ocasións reinvindicativas (temas como a emigración,
a Autonomía, a ecoloxía, a pobreza...) ou recolledoras
dunha tradición oral coa que tivo intenso contacto o grupo.
En ocasións ambos aspectos misturábanse, aínda
que por pola época só o feito de cantar en galego
podía ser xa un xeito de reinvindicación.
A edición de Sementeira, o seu cuarto disco, Fuxan
acadan un éxito sen precedentes para un grupo galego. Máis
de cen concertos nun só ano, algúns en cidades europeas,
outros diante de 20.000 persoas. Fenómeno social, actuaban
tanto en grandes escenarios coma nos chamados daquela 'teleclubes'
diante de 15 asistentes. O contacto coa realidade social estivo
así presente durante a primeira época do grupo.
Fuxan, máis que un grupo, foi un colectivo. Durante a súa
historia pasaron pola formación máis de 30 músicos
distintos. Pero a súa traxectoria roupeu a continuidade en
1983, momento no que á formación engádeselle
un trío de música tradicional e abandonan dous históricos
membros, Mini e Mero. Constatouse así a ruptura de feito
do grupo tal e como se coñecía ata entón, aínda
que algúns dos seus continuasen (e continúan) baixo
o mesmo nome. Os membros que daquela marcharan do grupo fundarían
o grupo A Quenlla, que continou dalgún xeito o espíritu
crítico de Fuxan os Ventos.
Na actualidade Fuxan segue a publicar discos, inspirados na música
popular e tradicion, cun grande traballo de arranxos tanto vocais
como instrumentais. |
|
|
|
|
|
|
OUTROS DATOS
|
Contacto:
info@fuxanosventos.net
Compoñentes:
Alfonso Fernández (voz)
Antón Castro (mandolina, frauta, zanfoña, gaita
de Northumbrian, voz)
Carme Vázquez (voz)
Xoán L. F. Saavedra (violín, viola, bouzouki,
guitarra, mandocello, mandolina, voz)
Tereixa Novo (tamboril, bodhran, triángulo, voz)
Xosé Vázquez (voz)
Ramón Díaz (guitarra, frauta, voz)
Xosé Luis Freire (baixo, voz, acordeón)
Maruxa Fociños (voz)
Pedro Lucas (gaitas, frauta, controlador midi de vento, voz)
|
|
|
|
|