|
Sementeira
Sementar
sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no povo medre
un meniño, un vello e un cantar.
Un
meniño rebuldeiro
que fale na lingoa nai
que suba nos pexegueiros
a fruta verde a roubar.
Un vello que de consellos
un rostro de fume e pan
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.
Un cantar de redención
que toque a desolación
nun limpo e craro alborear.
Logo, deixáime morrer,
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfamiados.
Cantiga
de amigo
Fui eu madre, en romaría
a Faro, con meu amigo
e veño del namorada
por cuanto falou conmigo.
Ca mi xurou que morria
por mi, tal ben me quería
Leda veño da ermida
e desta vez leda serei
ca falei con meu amigo
o que sempre desexei.
Ca mi xurou que morria
por mi, tal ben me quería
Deúme eu vi con meu amigo
vin leda, si Deus me perdón
ca nunca lli cuido mentir
por cuanto me él dise entón.
Ca mi xurou que morria
por mi, tal ben me quería.
Foliada
das olas
Dame o que che pido, nena,
que non che pido diñeiro.
dame a túa ovella negra,
prá xuntare ó meu carneiro
ai la le lo, ai la la la
E
ti telo telo
non no queres dar
e dispois de vella
podelo salar.
Fuxe
de ahí sapo concho
mañá teño que cocere,
se non teño barredoiro
contigo hei de barrere.
E
chiscao por diante
e chiscao por tras
e tocalle a conchas
churrascarraschas
Cantar
de cego II
A xeito de cego veño
a deci-lo que xa dixo
o Tio Marcos da Portela
polo primeiros de sigro.
As miserias que pasamos
os delores que sofrimos
a emigración que nos mata
e que nos tén consumidos.
Esta falta de xusticia
que nos ten aterecidos
andando co pico aberto
á esculca do grau de millo.
Os aldaxes que nos fan-he
na ciudade e no municipio
O pagar coma empresarios
para que outros se fagan ricos.
O leite que nos mal pagan
a venden a "trinaecinco"
e por riba a democracia
que hastra agora é un conto chino.
As contribucioes que botan
ó noso lombo os politicos
as xogadas dos alcaldes
que son xogadas de pícaro.
Se pedimos que Galicia
volva a te-lo seu esprito
póñenno-la autonomía
Os caciques son moi listos
Debemos toma-lo a groma
rirnos todos e mais rirnos
Veña un trago compañeiros
Se non hai pan... veña viño.
Pedir pan, vitela e porco
fora xa pedir de vicio
pedir xusticia, bobada,
pedir traballo, delirio.
Pedir proteución ó aire,
pedir cultura, un ripio, qué diaños hemos
qué diaños hemos pedire?
que nos rompan o bautismo?.
Que pediremos entonces?
Volvamos sobor do dito
que Dios confunda os caciques
raposas do municipio.
que se lles tollan as maus
que se lles eslombe o cernizo
que unha cadela de frades
lles esbure nos ouvidos
Que se lles sequen os ollos
que se lles pudra o figado
que se lles solte o bandullo
hastra enche-los calzoncillos.
E nós, mentras, pra vengarnos
das que nos fam, a cotío
xordos pra tódalas queixas
sempre berrando e sorrindo.
Pois pensan que somos parvos
pois coido que van fodidos!
Todos xuntos compañeiros,
anque chegue o sangue ó río!
Mentras eles adoecen
o se van co demo, a brincos,
un día faremos festa,
compañeiros... veña viño.
A
Carolina
A saia da Carolina,
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle o rabo.
Bailache,
Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!
A
Carolina é unha tola
que todo fai o revés;
vestese pola cabeza
e dispese polos pes
O
señor cura non baila
porque tén unha coroa.
baile, señor cura, baile,
que Dios todo llo perdoa.
No
curro da Carolina
non entra carro pechado
namais entra Carolina
co seu cocho polo rabo.
Bailaches,
Carolina...
....................................
Co meu amor Carolina
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
i emoi mala de baixar.
Cantiga
para unha entroidada
Andan con peles de ovella
cantando falsas gabanzas
os lobos de anos pasados baixan na noite calada.
Mala morte non me mate!
veñen con Autonomía, comerciada por caciques,
maldita falla facía.
SE
NON TEDES SACHOS
TRAGUÉMOLOS NÓS
ARADOS DE FERRO
E CARROS CON BOIS (bis).
E,
algunhes deles andaban
trasquiando galeguistas
pra non perderen a manda
fixéronse autonomistas.
E, ás veces, falan galego,
e presumen de labradores
a perdición de Galicia
está en maus deses señores!
SE
NON TEDES SACHOS
TRAGUEMOLOS NOS.
................
................
Máis,
todos nós ben sabemos
aínda nos sobra mamoria;
corenta anos de silencio
non enterraron a hestoria!
Mozos da Terra emigrante
da Galicia xenerosa,
non deixemos que nos rouben
a Patria do pobo, A NOSA.
Muller
A meu gaiteriño,
ainda me acordo,
cando baixabas polo monte abaixo,
e viñasme ti dicindo.
Bota
carne no pote, Marianiña,
bota carne no pote, Marianá,
un molete enteiro. enservelletado,
unha bota con viño, chupáená!
Muller,
fartura de loita
qué che hei decire eu, muller?!
Ti és coma a terra nosa,
e a terra é coma ti é!
Deixeivos
a entrambas soias
anque convosco quedei
Valeira está a terra, morna
ti, sementada, abofé. (bis)
E
o vento decia
pronto hai de volver!,
pra tira-la fame, pra poder comer... (bis)
Ai,
muller, cántas noitiñas,
te deitaches coa tristura?,
e o vento, ainda che traguía,
as novas dos que marmuran.
E
o vento decia,
pronto hei de volver...
RECITADO
FINAL:
Ti és o milagre da terra
e, a terra é un milagre teu
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.
Pariches
de pé o fillo,
como fan no mente as bestas.
E hoxe que volto vencido,
para que eu venza ti te deitas.
O
voltar, qué che hei decir?!
Maldito o día e a hora
en que te deixei aquí
pra percurar vida fora!
O inverno da emigración
roubóunos a primavera,
quén eu era, xa non son,
e ti non és a que eras!
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
poden en Madrí falar
con palabras ben fermosas,
que nunca nos han de pagar
a nosa fame de outrora!
E
O VENTO DECíA,
PRONTO HEI DE VOLVER
PRA TIRA-LA FAME,
PRA PODER COMER...
Pandeiretada
O muiño treina treina
o grau fáino treinare
hei de decí-lo que penso
agora que vou cantare.
Canta
gordo, canta gordo,
meu irmau, Manoeliño,
canta gordo, canta gordo,
que eu cantarei delgadiño.
Al LO LA LO LA LO LA.
Agora
coa democracia
ven e dereito a votare
o dereito é pra homes libres
nosa libertá emigrare.
A
chumbeira da xusticia
non vin cousa somellante!
colle os peixes pequeniños
e deixa fuxi-los grandes!
Al LO LA LA LA LA
Os
diputados nas Cortes
falan de moito sandiose
falan, e falan e falan,
e o traballo é para nose.
Seica
a vaca xa non daba
pra tanto lambón chupare;
agora coa autonomía
novos tetos van armare!
Merla,
merliña
Melra, melriña,
doce asubiar;
trás daquel valo;
fuches pousar;
eu hei sabere
do teu neal (bis).
Anque te agaches
no silveiral,
anque me leves
pra outro lugar;
eu hei sabere,
do teu neal (bis).
Non teñas medo,
non hei roubar,
os paxariños
que quéres gardar
quero sabere
do teu neal (bis).
Biquiño
rubio,
lindo asubiar!,
dime ónde gardas
o teu fogar.
Non teñas medo
non hei roubar,
nin os teus fillos,
ni o teu cantar.
Alalás
Témolo frío nos osos,
temos medo hastra da Terra,
pra cando os fílliños nosos,
terán Patria e sin míseria,
ai la le lo.............
Pra
probe non hai padriño
nin porta ningunha aberta
pra o probe non hai xusticia
se o braz torto non leva,
a la le lelo.............
Adiós,
meus fiIlos, adiós,
adiós, chouza dos meus vellos!
Ben sabes, por qué me vou!,
ben sabes, por qué vos deixo.
ANQUE
NOITE FOI,
ANQUE A NOITE AINDA ESTA,
ANQUE O MEDO ROE NOS OSOS,
A PRIMAVERA VIRÁ!
SOMOS
POBO OUE,
MAU CON MAU,
MUNHA VONTA,
BUSCAMO-LO FIN DO INVERNO,
CARA A NOSA LIBERTADE!
Muiñada
Era unha noite de chuvia e de frío
a que eu pasei, no muiño do río!
toda contenta empece a cantar,
pra non ter medo á noite pasar!
Dum, dum, petan á porta,
saio a correr:
é Marquexiño
que viña moer!
Viña cun conto, levado do demo
cousas que as mozas,
moitas non queremos!
O pillo decía: eu quero moer,
no muiño do río, oxe tén de ser!
No meu muiño non moe ninguén
tódos o queren porque moe ben!
Que
moe ben, dirano os tolos,
pro, polo visto, non moe para todos!
E se ti queres, pra mm moerá
e se non queres xa che pesará!
E, se me pesa, hei de pousar
pero, por ti, non he de chamar!
Pero
Marquixo, como é "caradura»
fóise achegando e colleume a cintura.
Eu teño xenio, logo me enfadei,
co aliviadoiro, no lombo lle dei!
Botéino fora, e cerreille a porta
porque pensei que lle daba unha volta.
Pobre Marquixe, qué mal lle saleu,
que levou na chepa, e mais non moeu!
Cara
a libertade
Reclamamos, por galegos
ós nacidos na lameira,
ós que na dorna lixeira,
arrincan peixe do mar.
Os que no andamio e no xunque
teñen ó progreso escravo,
ós que tronzan co arado,
a terra pra facer pan.
Sonos nós, xente que leva,
un facho na noite escura,
xente que vai á procura
da súa hestoria virar.
Séculos
de fame xorda
na noite pecha perdidos,
afogando a pena en viño
sin lume pra nos quentar!
O lusco co sacho ó lombo,
pra xantar pan e touciño,
co corpo morto, doido,
sempre do carro a tirar.
Aldraxados, iñorantes,
pobo sin lei, divididos
do sangue roxo, vencido,
os caciques a zugar!
Do
fondo da nosa noite,
da moura noite dos tempos,
zoan, oxe, novos ventos,
os ventos da libertá!
Homes de tempos perdidos,
ti, labrego, ti, obreiro,
ti gandeiro, mariñeiro,
poñéivos a camiñar!
Somos nós, e soio nós,
os donos do noso siño,
abrindo un novo camiño
na busca da libertá!
|