Doa (o nome do grupo significa "agasallo")
é un grupo de características particulares dentro do entorno musical
galego. Primeiro, por posuír un estilo, ou máis ben, uns estilos
particulares. E segundo, por alongar a súa carreira dende 1997, ano da
súa fundación, aínda que con só catro traballos editados
e multitude de cambios. Nas súas orixes, Doa representou unha constante
proba para os ouvintes, o se esforzar por presentar conceptos novos e vangardistas,
non doados de consumir por os grandes públicos. De feito, os lanzamentos
dos seus discos non van parellos a unha campaña de publicidade, algo ao
que si nos teñen afeitos outras agrupacións. Durante todo este
tempo os seus compoñentes foron variando constantemente. Pola súa
formación pasaron nomes que posteriormente serían coñecidos
ou estarían presentes noutros grupos de maior difusión: Carlos Castro,
Miro Casabella, Quintas Canella, Michel Canadá... Tamén traballou
con eles o coñecido cantautor Víctor Manuel ou Amancio Prada. Non
pode afirmarse que teñan un único estilo. Máis ben Doa reinterpreta
en cada traballo o seu propio xeito de ve-la música galega e afasta o seu
traballo das correntes habituais, mergullándose na interpretación
libre da música popular, a experimentación, a improvisación
musical... Aínda que a súa música non é únicamente
galega (Francia, Alemania, Suecia, Irlanda sonpaíses que teñen presencia
no seu repertorio) si xoga un papel determinante, incluídos tamén
nos instrumentos. Sinalar tamén, ademais dos seus polo catro discos,
o seu traballo para O bosque
animado. |