|
| CARLOS
NÚÑEZ |
Carlos
Núñez representa, quizá, un punto de inflexión dentro da
música galega. A sua calidade como instrumentista da gaita vai unida
à demostración de que a música galega tamén pode aspirar a entrar
dentro dos círculos grandes das edicións discográficas, é dicer,
tamén pode receber o apoio de multinacionais e das técnicas de mercado.
Quizá este ponto o faga vulnerábel a certas críticas, mais é obrigado
subliñar que non é posíbel dubidar da sua capacidade interpretativa.
Neste ponto Carlos Nuñez recebeu un apoio unánime por parte da crítica.
O seu primeiro traballo preséntouno-lo rodeado de verdadeiras figuras
da música, procedentes das máis variadas paisaxes da cultura musical
mundial. Esta característica outorga un caracter diferente ás
interpretacións de Carlos Nuñez.
A carreira musical de Carlos Núñez comenzou ven cedo:
ós 12 anos participou como solista na Orquestra Sinfónica
de Lorient. Posteriormente iniciouse un periodo de colaboración
co grupo The Chieftains e participou como convidade en varias xiras
mundiais que o levaran a escenarios famosos de Europa, Estados Unidos,
Xapón, Australia, etc. Na súa traxectoria tamén
é importante o nome de Matto Congrio, un grupo que só
grabaría un dísco, pero que sería importante
para os dous grupos que se formaron trala súa disolucion:
a banda de Carlos Núñez e Berroguetto.
A partir de ahí e gracias os seus discos, é un dos
músicos de maior proxección internacional.
|
| |
|
| |
| OUTROS DATOS |
Contratación:
Carlos Nuñez Aptdo. Correos 318 36200 - Vigo Galiza (Spain)
|
| | |
|