Ravachol
Actualizado: 01/02/2004
Comentario sobre Porque no mundo...


Comentario de Xoan M. Carreira que aparece no propio disco

Os dez últimos anos viron o nacemento e desenrolo en Galicia e no resto do estado español dun xeito de canción popular que pretendéu ser alternativa e díagnóstica dunha situación asoballante. A situación política condicionóui que os cantautores e o séu público estiveran moito máis preocupados pola dimensión textual que pola musícal, chegando algúns a despreocuparse totalmente da segunda, entendendoa só coma soporte da mensaxe política. Os anos sesenta foron enchidos pola personalidade de Raimon a este foi un dos modelos elexidos por Voces Ccibes. Os séus compoñentes, fundamentalmente universitarios do 68 compostelán, elexiron ao galego coma vehículo de expresión vindo nel ao idioma real frente ao castelán, idioma oficial. Nembargantes, a preocupación por Galicia coma feito diferencial va¡ tardar anos en aparecer e o máis importante daquela parecía ser o elemento testimuñal. Seis anos máis tarde, no 1.974, xa desaparecidas Voces Ceibes, creábase o Movemento Popular da Canción Galega que chegou a facer o primeiro macrofestival galego no Pabellón do Obraodiro de Santiago no que comenzaron a decantarse as liñas que no futuro seguiría cada un dos participantes, moitos deles profesionales na aitualidade.

Xosé Quintas-Canella foi participe de toda esta historia; nembargantes xa no 1.968 amosaba unha personalidade moi diferenciada da dos compoñentes de Voces Ceibes. Realmente, as preocupacións de Quintas-Canella estiveron sempre cara aos Cancionciros Medieváis e á música popular, e aquelo que no 1.968 era un tanto intuitivo foi madurando coa axuda da audición e estudo de grabacións de música anterior ao Século XVII. Este disco recolle moitas das cantigas compostas no principio do séu traballo e non é accidental que a primeira seña a fremosísima "Sedíame eu na ermida de San Simón" de Mendiño, unha das preferidas por Quintas. Ven de vello o amor de Quintas polos traballos de Don Denís, Fernandes de Torneol, Pero da Ponte, Airas Nunes ... As veces, é él o autor das letras, pro non se deixa de notar a influencia dos Cancioneiros índa que os poemas falen de feitos ben recentes, coma "As nove ondas".

Eloi foi dende o comenzo do séui traballo o compañeiro inseparabel, a súa especialización nos instrumentos de corda pulsada caraiterízóu ao largo dos dez anos as aituacións de Quintas-Canella, xa que a tiña prefigurada continuou tras da incorporación ao equipo de Anxel Barbadillo e a eventual de Anxel Salgado, aló polo 1.975. Cando este disco escomenzóuse a configurar pensóuse en traballar con Bernal e Quique, que aportaron importantísimas novedades tímbricas a estas cantigas.

Seí que a Quintas-Canella non lle gusta que etiqueten o séu traballo inda máis cando a etiqueta utilízase de continuo coma elemento propagandístico. Nembargantes non podo renunciar a proporcionar uns elementos referenciáis sobor do séu labor que permitan deixar constancia de que a música de Quintas é galega do mesmo xeito que o son os textos. Santiago foi por séculos centro cultural da cristiandade e a él chegaron, xunto doutras tradicións culturáis, as músicas de toda Europa. 0 elemento gregorián, o provenzal, o xermano, o mozárabe,... danse cita arredor da tumba de Santiago e van definir o que vai ser séculos máis tarde a música popular galega. Bebendo nas mesmas fontes, Quintas-Canella canta doce cantigas que poden, nalgún xeito, axudarnos a recobrar un anaquiño desa verdade que mengóu no noso mundo.

 

 

SECCIÓNS



(c) 2001 Ravachol - proxecto desenrolado dentro de galego21.net
Contacto:
ravachol@ravachol.org