Ravachol
Actualizado: 20/08/2002

XOSÉ MANUEL BUDIÑO


Xosé Manuel Budiño é orixinario de Moaña (Pontevedra). Os seus primeiros pasos foron na escola de gaitas Semente Nova a principios dos anos 80 e no ano 1987 pasou a formar parte do Obradoiro de instrumentos populares da Universidade Popular de Vigo. Gaiteiro solista na banda de gaitas Xarabal, gañou o premio McCallan no Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña) no ano 1991. Tras tocar no grupo folc Fol de Niu (onde xa estaba Leandro Deltell, actual percusionista da banda de Budiño), publicou un primeiro disco como solista, "Paralaia", no ano 1998. A BBC contacta con él pra que compoña unha peza para comemora-la chegada do ano 2000. O tema levará o nome de "Compostela" e será tocado enriba da Catedral de Santiago de Compostela, xunto con Cristina Pato e Leilía. Está incluido no disco "Arredor", última producción polo de agora do gaiteiro.


DISCOS


Paralaia
(1998)


Arredor
(2000)


 
 

ARTÍGOS E ENTREVISTAS

LIGAZÓNS

Páxina oficial do gaiteiro: www.xosemanuelbudino.com

OUTROS DATOS


Contratación:
Nordesía
Rúa Galeras, 17 - 2º Oficina 5
15705 Compostela
info@nordesia.com
Tlf: 981 555930
Fax: 981 557276
www.nordesia.com
SECCIÓNS



(c) 2001 Ravachol - proxecto desenrolado dentro de galego21.net
Contacto:
ravachol@ravachol.org