|
|
BERROGÜETTO
|
Berrogüetto
é un grupo senlleiro dentro do mundo folk en Galiza. Algúns
dos seus compoñentes pasaran antes por grupos como Fia na
Roca ou Armeguin, proporcionándolles unha experiencia musical
que se fai notar tanto nas grabacións coma nos concertos.
Xurdido tra-la separación de Matto
Congrio en 1995, o seu primeiro traballo levou por unha vía
máis experimental as ideas xurdidas naquel grupo. O proxecto,
que arrincou con Navicularia, foi collendo forza cos anos e o grupo
está considerado como un dos millores no seu ámbito,
non só en Galiza, senón tamén noutros países.
Os premios Eiserner Eversteiner de Alemania e o Premio Europeo da
música fol da World Music Profolk son boa mostra delo.
O seu directo está cheo de forza e non é dificil velos
como grupo estrela en festivais e ciclos musicais. Posúen
un estilo propio e recoñecible, con complexas composicións
e temas maiormente instrumentais, sobre todo nos primeiros discos.
O grupo foi mudando de compoñentes ó longo do tempo.
Nun principio estaba formado por Santiago Cribeiro, Paco Juncal,
Quico Comesaña, Guillermo Fernández, Isaac Palacín
e Anxo Pintos más logo do primeiro disco Paco Juncal abandonaría
o grupo e sería substituído por Quim Farinha. Posteriormente
uniríase o grupo Guadi Galego (irmá do acordeonista
Santiago Cribeiro). |
|
|
|
|
|
|
LIGAZÓNS
|
|
|
|
|
|
|