|
Baixando
de ti
Dame ás de peixe espada
e o vento que non se para.
Cores malvas escollidas
que prenden a luz do dia.
Déron-nos dia por noite
déron-nos auga de mel.
Esta vez, non quero dóce.
Quero vivir nesta pel.
Escollín vivir así.
Arriscándo-o todo ate o fin.
Aprendín, esmorecín
máis eu sigo baixando de tí.
Canta tú, cantemos todas,
fagamos do canto un berro,
unha fala, unha verba,
un podo pero non quero.
Nacen rios sen montañas.
Son bágoas que non resbalan,
amores que non se contan,
historias que non se falan.
Escollín vivir así...
Setestrelo
Nacín co vento do alento
sete estrelas me agardaban
era noite, lúa clara
e atopei a túa mirada
Nacín nun ventre de sal
nunha terra de cristal
Quixen ser musa do mar
ao norte de aquel lugar
Máxico soño real,
Pode ser ben ou ser mal
Nacín con vento do alento...
Non hai terra desde o mar
que eu non poda tocar
coller a néboa na man
e beixar o seu salgar
Nacín co vento do alento...
Máxico soño real
pode ser ben ou ser mal
Non hai terra desde o mar
que eu non a poda tocar
coller a néboa na man
e beixar o seu salgar
Cantos
de Monzo
Se souberas como eu teño
o meu corazón por dentro
non me dabas unha fala
non tiñas atrevemento
Vámonos de aquí que é hora
vámonos de aquí que é hora
que o camiño das estrelas
vai chegando as casas novas
Estreliña relumbrante
daime a túa claridade
que eu quero seguir os pasos
do meu amor que se vaie
Compañeiriña ale ale
Compañeiriña ale ale
Eu por tí poño ésta vida
ai na punta dun puñale.
Alquimista
de soños
Se non queres suspirar
porque me miras a min
que teño a luz escondida
para alumearte a tí
Sentín as herbas morrer
na ialma da madrugada
Soñei que non agardaba
para voltar a miralas
Se non queres suspirar
porque me miras a mín
que teño a luz escondida
para alumearte a tí.
|