|
Vinde
Parrafear
Vinde parrafear nenas
que os mozos están rabeando
para cortexar cas nenas
e casarse de contado.
Que
é o que che pasará
que hoxe xa non me conoces
pois paso polo teu lado
nin me falas ni respondes
Seica
foches ve-la meiga
porque te pintache o pelo
se antes eras moi fea
agora parece-lo demo
Pois
non me insultes canalla
que esto hoxe anda de moda
a moza que non se pinta
non sabe que é cousa boa
Pois
para casarte conmigo
tes que deixar de pintarte
que pareces unha mona
desas dos escaparates
Xa
que tanto me reprendes
rapaz terei que deixarte
cando agora me fas esto
qué faras desque me case
A
que se case conmigo
tenche que andar moi direita
porque si eu sei que duda
heille dar untura fresca
Así
falan tódolos homes
cando parrafeando
todos parecen santiños
e despois resultan diablos
Iso
faranno algúns
porque hai mulleres tan malas
os
homes danlle o caldiño
i elas comen as talladas
Pois
eu paus non che darei
iso perde-lo cuidado
o que unca che ha de faltar
seranche bicos e abrazos
Todo
esto vai moi ben
soio que faltan os cartos
que estamos en tempos pobres
e non temos pra tabaco
Vinde
parrafear nenas
que os mozos veñen chegando
veñen de América ricos
pra casarse de contado.
O
canciño do 127
Son
un canciño de plástico
que move a cabeza
vou metido nun coche
sentado na bandexa
nunca comigo ninguén
comigo ninguén se mete
porque son o rei do 127
eu
ou detrás tranquilo na bandexa
se o meu don frena movo a cabeza
vou aquí sentado vendo todo na ciudá
menos no Nadal, que me poñen cintas de navidá
Hai
a miña beira unha foto de Rivaldo
xusto enriba de min vai colgado un rosario
tamén van ciscadas de calquera maneira
dúas vellas cunchas de vieira
Son
un canciño ...
Vou
mui contento neste 127
Movo a cabeza de alegría irreverente
tamén van os nove fillos que ten o meu dono
retratados nunha foto, míroos de reollo
O
meu dono ten tamén un radiocasete
pra escoita-la música no 127
o meu dono chámase Arximiro
e gústalle escoita-las cintas de Ana Kiro
Son
un canciño ...
Carmiña
Carmiña
do meu agrado
bonita cara de rosa
di se me queres axiña
non señas tan recelosa
Moito
ben falas Manolo
mesmo me deixas pasmada
pero como es tan pillo
eu non che podo creer nada
Poís
podesmo crer Carmiña
que che teño tal cariño
que me morrerei de pena
se non me caso contigo
Pois
logo meu Manoliño
se o permite San Antonio
casarémonos axiña
pra gozar do matrimonio
San
Antonio permitiuno
que ben ve a necesidá
que tanto tú como eu
moito que facer nos da
Tiveron
a grande voda
na casa da Carmeliña
eos dous casados de novo
xa se deitaron co día
Ó
empeza-la tarea
carmeliña dixo así
Ghracias a Dios Manoliño
que entrou o rei en Madri!
Pois
que seña benvenido
que me parece moi xeitoso
queira Dios que nunca canse
nen se faga celoso
Nuevo
cortejo
Cuanto
daría señora
por conocer su intención
para poder señorita
declararle mi pasión
Pués
mire usted jovencito
tan desgraciada nací
que por mi suerte fatal
nunca un novio conocí
Pues
en prueba de su amor
déjeme usted sin recelo
que en su boquita de rosa
yo pueda estampar un beso
De
los hombres caballero
siempre hay que desconfiar
que quieren comer la pera
y no la quieren pagar
Pues
mire usted señorita
yo antes de ser casado
quiero registar la novia
por no salir engañado
Pues
si tiene esa idea
eso no lo logrará
que no soy ningún caballo
que tenga que registrar
También
los hombres señor
suelen tener muchas faltas
pues los hay que hasta no saben
siquiera tocar la gaita
Pues
déjeme un momentito
que yo le toque la mia
verá que flamenco toca
a estilo de bulería
|