Os datos dos concertos están
compilados de outras páxinas web, publicacións e
medios de comunicación. Na medida das nosas posibilidades
intentamos contrasta-la información, pero non sempre é
posible nen sempre estamos o tanto de modificacións de
última hora e cancelacións. Recomendámoste
que confirmes os concertos ou que visites outras páxinas
web (por exemplo, a sección de concertos da páxina
de Josu ou da páxina GhastasPista.
Data
Hora
Grupo
Lugar
Prezo
Info
Máis info.
09/05/2004
Luar na Lubre
Barrañain - Pamplona
09/05/2004
Xistra de Coruxo
Pontevedra
5 €
Mostra da Oralidade
10/05/2004
21:00
Son de Aquí
Santiago de Compostela - A Coruña Teatro Principal
11/05/2004
Quempallou
Ourense Pub Miudiño
11/05/2004
20:00
Treixadura
Pontevedra Teatro Principal
12/05/2004
Luar na Lubre
Santiago de Compostela - A Coruña
13/05/2004
Lume
A Coruña A Cova Céltica
13/05/2004
Luar na Lubre
Santiago de Compostela - A Coruña CRTV
Concertos da Galega
13/05/2004
Lumia Folk
Santiago de Compostela - A Coruña Teatro Principal
III Romaría Etnográfica Raigame 2004
Modalidades: a) Concurso Literario, en prosa ou en verso, b) Concurso Fotográfico, c) Concurso de Debuxo ou Pintura, d) Concurso de Investigación Etnográfica, e) Xornalismo. Poderá participar calquera persoa, a título particular ou colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc. Os temas abordados nos concursos deberán estar inspirados ben na Romaría que se celebra o día 17 de maio en Vilanova dos Infantes (Celanova-Ourense), ben nas vivencias da cultura popular galega en xeral, segundo a modalidade de concurso de que se trate. O concurso terá 5 modalidades:
a. Concurso Literario, en prosa ou en verso. Un mínimo de 3 e un máximo de 5 folios a dobre espacio. En lingua galega. Non precisan facer referencia explícita á Romaría Raigame.
b. Concurso Fotográfico. Recollerán aspectos da xornada de celebración da presente edición da Romaría Raigame. As fotografías deberán ser orixinais en cor ou en branco e negro. Un mínimo de 3 e un máximo de 5 fotografías. Tamaño mínimo de 18x24 cm. Tamaño máximo de 30x40 cm. Admitiranse fotografías dixitais sempre e cando non teñan tratamento informático engadido.
c. Concurso de Debuxo ou Pintura. Serán obras únicas e orixinais. Non precisan facer referencia explícita á Romaría Raigame. Tamaño mínimo DIN A-4. Tamáño máximo 130 cm de lado. Non se admiten obras protexidas con cristal.
d. Concurso de Investigación Etnográfica. Non precisan facer referencia explícita á Romaría Raigame.
e. Xornalismo. Admitiranse en calquera soporte informativo, xa sexa prensa (artigo ou fotografía), radio ou tv. Deberán facer referencia, en calquera aspecto, á celebración da Romaría Raigame.
En todas as modalidades, agás na de xornalismo, haberá dous premios para participantes maiores de 16 anos e un para participantes de 16 anos cumpridos ou menores de 16. Nas modalidades literaria, fotográfica, de debuxo ou pintura e de investigación etnográfica: Para os maiores de 16 anos, 1 premio de 600 € e outro de 300 €; para 16 anos ou menos, 1 premio de 150 €. No concurso de xornalismo hai un só premio de mil euros.
* Matrícula: 15,00 EUR
* Lugar: Colexio Foebrel (Rúa Xeneral Martitegui)
* Imparten: Pilar Araujo e Ugia Pedreira
1. Cantos de Oriente: Xoves 13 de maio de 19 a 21 h.
2. Cantos europeos: Xoves 20 de maio de 19 a 21 h.
3. Cantos da lusofonía: Xoves 27 de maio de 19 a 21 h.
PERCUSIÓN
* Matrícula: 15,00 EUR
* Lugar: Colexio Froebel (Rúa Xeneral Martitegui)
* Imparten: Xurxo Troncoso e Davide Salvado
1. Percusión brasileira: Martes 11 de maio de 19 a 21 h.
2. Percusión africana: Martes 18 de maio de 19 a 21 h.
3. Fusión galego-afrobrasileira: Martes 25 de maio de 19 a 21 h.
DANZA CONTEMPORÁNEA & DANZA GALEGA
Sábado 22 de maio
Obradoiro de baile coa compañía coruñesa Nova Galega de Danza dirixida a bailaríns e bailarinas de baile galego e de danza contemporánea.
* Matrícula: 20,00 EUR
* Lugar: Café Moderno de Pontevedra
* Imparten: Jaime Díaz e Vicente Colomer.
* Horario: de 11 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h
Inscrición
Oficina Municipal de Información Xuvenil
Concello de Pontevedra
Praza de españa s/n
Tel 986 804 336
Número máximo de participantes: 25 por curso.
MOSTRA DE PANDEIRETA PENINSULAR
Domingo 30 de maio
# Lugar: Colexio Publico Froebel (Rua Xeneral Martitegui)
# Horario: 10:00 - 14:15 e 16:00 - 20:30 h
Un día para dar un tratamento especial á pandeireta, intercambiar coñecementos e impresións. Un día dedicado aos tocadores e tocadoras. Un encontro de pandeireteiras e pandeireteiros.
Profesorado
Euskadi
Xavier Leturia (de Tapia eta Leturia), un dos pandeireteiros vascos máis coñecidos dentro e fóra do país.
Castela
Eliseo Parra, cantor e percusionista valisoletano, un dos maiores expoñentes da música castelá.
Asturies
Maribel López, profesora de pandeireta asturiana con grande experiencia e integrante do grupo vocal feminino Muyeres.
Galiza
Henrique Peón, director da histórica agrupación Xacarandaina da Coruña, é un dos persoeiros máis respectados da música tradicional galega.
Inscrición
* Matrícula: 50 EUR
* Método de selección: mediante o envío de currículo antes do 20 de maio a través da páxina web http://www.anodamusica.org/. O 25 de maio publicarase nesta mesma páxina a lista de seleccionados, que deberán ingresar os cartos da matrícula antes do 28 de maio na conta 2091 0342 27 3040008625
* Número máximo de participantes: 60 (4 grupos de 15 persoas)
COLOQUIO CON ELISEO PARRA
Sábado 29 de maio no Café Moderno. 19:00 h. Entrada libre.