![]() |
![]() |
|
|
Actualizado:
20/04/02
|
||
|
Autor:
ARMANDO COTARELO VALLEDOR (Veiga do Eo
1879 - Madrid 1950) Son dono de un pequeno ms. de 12 follas en 4.º sin follar, de boa e crara letra dos primeiros anos do século XIX que di: + Letras de /os Villancicos, | que se han de Cantar | en /os So/emnes Maytines | del Sagrado Nacimiento | de Nuestro Redentor Jesu-christo | en /a Santa lglesia Catedral | de | Mondoñedo. | Puestas en Música pr.. don José | Basanta y Pacheco | Racionero Mro.. de Capilla | en /a nominada Sta.. Iglesia. | Año de | 1818. | Como seu tíduo indica, o folleto conten sômentes a letra de oito vilancicos, sete dos que andan redactados en castelán por un modesto poeta anónimo e con siguranza local. Mais o octavo é galego e di de esta maneira: VILLANCICO ÚLTIMO TONADA GALLEGA Vamos a Belén, amigos, Tods. Vamos a Belén, amigos & Cantemos ô Rey dos Ceos Vamos a Belén & ¡Ay que Neno tan bonito!... Vamos a Belén & A Nay que pareu tal Fillo, Vamos a Belén & Miña xoya!... deitadiño Vamos a Belén & Mais el chora... miña prenda! Vamos a Belén & Eu dareille pra cubrirse Vamos a Belén &. ¡Ay Dios! o Neniño chora Vamos a Belén & Por fin veña unha copiña Vamos a Belén, amigos, Finis Asegún pode ollarse a obra é de sinxeleza infantil e redactada en abominabel galego: mais como de ista data son tan contadas as manifestazóns literarias no idioma das cantigas non debe botarse en menosprecio a ningunha. É intresante a ortografia da presente, nin un apóstrofo
sô, nin un sô guión de enlace. O autor non-os percisou.
Do mesmo xeito debe repararse como o soído de x escríbese
con x. Non embargante as verbas geada e Angeles aparecen
con g.
|
|