![]() |
![]() |
|
|
Actualizado:
20/04/02
|
||
|
Autor:
FERMÍN BOUZA-BREY BREY (Ponteareas
1901-Santiago 1973) Anda a se esquencer todo o que non entra na economía
do agro, todo o que fale de lirismo e de poesía, como si xa se
estiñaran as fontes do amor e do sentimento. Con tal desleixo sofren
tamen os instromentos en que se espresan os espíritos, devecen
os usos de eles no medio popular e pouco a pouco ou máis depresa
agora vaise perdendo o noso axuar músico. ¿Que moza pensa
hoxe en tocar no baile as castañetas? ¿Que mozo pegoreiro
use da fauta de canes? Iste pandeiro que toco O xeito de tocalo é, colocándose sobor do peito a moza ou mozo e, sosténdoo cós antebrazos, bater con ámbalas mans na superficie.Emprégase solo e acompañado das "ferreñas" que son unhas sonaxas de metal colocadas sobor de un madeiro circular coma nunha pandeireta sin pel, por meio de aramios. O tamén a musa do pobo:
Improvisando un turreiro Os cantos dos que se acompaña o pandeiro son especiás dentro do ricaz cancioeiro popular de Galiza. Tanto que se lles chama de xeito concreto "Cantos de pandeiro". Son tercetos como os que fican transcritos e fan moitas vegadas referencias ao intrumento. ¡Veña o pandeiro a ruar, Estas cantigas ou triadas. indican que na bisbarra do Ulla, de onde proceden,
chamase "ruada" á pandeirada. A do moy ben parecer Non embargantes esto, o Manuscrito de Cancioeiro de Ajuda que conten miniaturas nas que se amosan trovadores, músicos e cantantes, trae pandeiros redondos e non cuadrados que é o pandeiro típico de Galiza e que por súa maior facilidade que o redondo pra construilo debeu ser máis popular e máis estendido, inda que hoxe fica reducido a moi poucos lugares, co todo o que nos e tradizonal, como todo o que nos é querido, como todo o que acusa nosa orixinalidade e nosa caraiterística cara o mundo...
|
|