Actualizado: 18/05/01

 

 

A MUSICA TRADICIONAL NOS NOMES PROPIOS

Autor: XOSE LUIS CALLE - Historiador da Música. Castellón de la Plana
Fonte: Galicia Fai Dous Mil Anos/O Feito Diferencial Galego II: Música; Vol 2, Primeira Sección, páx 101
Notas: O presente artigo e un relatorio no que se resume a ponencia do autor no ciclo de conferencias organizado polo Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela ó 15-18 de Setembro de 1997

(...)

1919 é o ano en que nace un de tantos grupos na Galicia rural. Fermin Cachafeiro viña xa Avelino Cachafeiro (no tamboril)  acompañado por Basilio Carril (na gaita) dunha familia de gaiteiros, cos seus fillos Avelino, Bautista e Victor Castor, formaron con el e mais coa sua tia Andrea o quinteto "Gaiteiros de Soutelo" Avelino, de oficio ferreiro, deprendera do seu avo Xoan o manexo da gaita e, con pouco mais de vinte anos, era lider dun grupo que non daba abasto ós seus compromisos en toda Galicia.

En 1922, Avelino entra no coro da Sociedade Artistica de Pontevedra. Xa dentro do "circuito" urbano da musica tradicional, acude ó certame do 25 de xullo de 1924 en Compostela. Mais importante que quitar o primeiro premio foi ser proclamado naquel data "mellor gaiteiro de Galicia" polos galeguistas máis esgrevios. En Santiago estahan. co gallo dun concurso literario, entre outros, Otero Pedrayo, Vicente Risco e mailo omnipresente Castelao, que acolleu ó Gaiteiro de Soutelo como proototipo da rexeneracidn gaitística. Eran os tempos en que, apesares (ou mellor dito, a marxe) do esforzo de Feijoo por recobra-la estetica enxebrista, os repertorios e a imaxe dos gaiteiros esquecian o autoctono e rendian tributo a sociedade urbana.

Como segundo paso á inmortalidade, Avelino e o seu grupo gravaron seis discos en 1928, na compañia Regal de Ourense Aí quedaron a Muiñeira de Chantada. a Alborada de Rosalia e outras pezas que hoxe se teñen por clasicas entre os gaiteiros. Outra asignatura, a do triunfo en America, foi aprobada cum laude. En 1930 recollen os aplausos de Bos Aires, Rosario, Córdoba e Montevideo.

Os gaiteiros de Soutelo, como grupo, superaron a morte de Fermín o pai, en 1928 e maila de Bautista en 1933 Mais non puideron coa mágoa e a xenreira da loita civil. Xa desfeito o grupo. Castor emigra a Venezuela c Avelino deixa de tocar en 1946 cando a sua muller cae na enfermidade que a levaria a morrer dez anos despois

.Na herdanza de Cachafeiro abonda na liña de fixacion do duo de gaitas como forma habitual de interpretación das melodías e do cuarteto ou quinteto como agrupacion máis frecuente. Unha renovacion na que non se acusa perda da identidade galega

Outro 28 de xullo, en 1935, once anos despois de que Avelino entrase na lenda, o Gaiteiro de Soutelo comparte escenario cun rapaciño de Viascón que cos seus irmans forma o grupo Airiños do Cañon de Buxo. Ricardo Portela gardou sempre unha lembranza moi garimosa daquel dia e de tódalas ocasións en que tivo ocasión de falar co mestre da Terra de Montes, ata a derradeira, no ano 1969.

Ricardo PortelaAutodidacto primeiro, observador esporadico da tecnica de Xan de Campañó e discipulo máis tarde de Xose Oliveira Blanco "Moreno de Lavadores", Ricardo Portela recolle e sublima a tradicion gaitistica das Rías Baixas. Pasou a infancia en Viascón e, ós doce anos, trasladouse coa familia a Vigo. Casou en 1944 e, como tecnico estomatoloxico foi vivir a Lugo. En l 955 marcha a Venezucla, onde funda a Escola de Gaita do Lar Galego de Caracas. Dende a sua volta a Terra en 1959 ata 1992, viviu en Pontevedra, onde traballou primeiro no seu oficio e mais tarde como celador no Hospital de Montecelo.

Portela gravara o seu primeiro LP en 1968, xunto co seu imán Xesús e tres celebres percusionistas vigueses. O grupo "Irmans Portela" non tivo continuidade e, arredor de 1980, aparece o disco "Festa en Viascón", con Xose Vicente Ferreirós e Piri V. Lorenzo na percusión. O gaiteiro de Viascón entra de cheo no mundo dos festivals. Ortigueira, Vigo, Moaña e cantas xuntanzas de gaiteiros houbo na decada dos oitenta contaton coa sua presencia carismatica.

O que non acadara Castelao con Avelino Cachafeiro, fixose realidade en 1985. Co motivo do centenario de Rosalia, a gaita de Ricardo Portela foi escoitada no Paraninfo da Universidade de Santiago. Cabe a Filgueira Valverde a honra desta iniciativa.

(...)

Ricardo Portela, nado na aldea, fala dos saramagos da sua terra e nos di: "Eu collín un ramiño destas froles, e dinlles forma de alborada, de muineira, de foliada''.

Ademais desta savia estetica e sentimental, atopamos o compromiso con Galicia como entidade humana e histórica.

Feijoo inda coñece os tempos en que no resto do estado cunde a bulra de Galicia e dos galegos, a opinón xeneralizada que fai berrar a Rosalia. Cando don Perfecto desembarca na capital en 1901, circula nesa cidade o folleto "Peripecias de un gallego en Madrid''; no ferrocarril hai billetes de primeira, de segunda, de terceira e ''billetes para perros y segadores"; e abondan nas obras teatrais de moda o que Prudencio Landín chamou "alusiones depresivas a los naturales de Galicia". Mesmo na sua Pontevedra, o traxe galego era motivo carnavalesco. As foliadas e alalas que Aires da terra deixou gravados naqueles discos de pedra foron catalogados como "cantos de borrachos" nos ambientes ilustrados galegos.

Cando Avelino Cachafeiro e o seu grupo pasean por toda Galicia as muiñeiras e alboradas, os gaiteiros de sona habia tempo que desbotaran as melodias propias en favor da imitacion da música urbana.

Feijoo loita por facer triunfar a musica tradicional entre as elites sociais e intelectuais. Un dos froitos do seu labor chega anos despois, cando a intelectualidade , galeguista busca a Cachafeiro, polo seu enxebrismo, como simbolo de rexeneracion. Ven o tallo da Loita Civil e logo Portela vive a epoca da oficializacion da música tradicional, e os tempos en que os gaiteiros son numeros de recheo nas festas Xa nos oitenta, o rexurdir da gaita entra de cheo nos medios de comunicacion. Cada un destes gaiteiros sintiu unha forma de compromiso coa Galicia rural, endemáis coa súa manifestación musical.

Cómpre poren identificar aquilo que en cada momento esta a mancar a Galicia do noso compromiso, e vivir contra iso en aberta rebeldía, evitando os camiños doados. Ricardo Portela vive o mundo da aldraxe a nosa música e o seu sometemento. Como resposta, mantense cerne e inflexible, e as veces ríspido, contra toda forma de poder que pretenda poñer a gaita ó seu servicio, dende unha humilde comision de festas ata un gobernador civil "Eu non amenizo comidas", houbo de dicir mais dunha vez quen se convirtiu en porta estandarte da dignidade gaiteira do noso tempo.

Perfecto FeijooComo consecuencia da rebeldía, aparece o sacrifico persoal. Perfecto Feijoo non percorre un camiño de rosas. Inda os seus companeiros do coro resístense a vestir o traxe galego, e o fundador ten que costear todo o vestiario do grupo. O escarnio que veu de seguido cecais non o podamos maxinar. Un señor boticario, emparentado cos Malvar e os Acuña... vestido como un pailan. O que hoxe vemos con normalidade foi, naquel momento, unha loita entre a enteireza de Feijoo e o desden da sociedade na que el vivía:

(...)

 

Voltar o índice de Artigos

 

SECCIÓNS



(c) 2001 Ravachol - proxecto desenrolado dentro de galego21.net
Contacto:
ravachol@ravachol.org