Actualizado: 18/05/01

 

 

GALICIA CANTA Ó MAR (OU VICEVERSA)

Autor: Xerardo F. Santomé
Fonte: Revista do III Encontro de Embaracións Tradicionais
Notas: -

Á forza de percorrer aldeas, de coñecer galegos e galegas e de intentar actualizar musicalmente o que alí e deles aprendín, cheguei a facer miña aquela máxima deque "a tradición non se herda, conquístase". E precisamente nesta conquista é onde os pobos diferéncianse e aseméllanse, porque aquel pobo que non acade esmorecerá paseniñamente ata perde-la súa identidade. Cousa que deica hoxe non aconteceu na Galiza.
Dende o principio dos tempos, Galicia sempre honroua ás súas xentes foran cales foran as súas situación sociais, crenzas ou sentires; máis, sen dúbida algunha, os mariñeiros acadan un dos lugares preferenciais, pois o mar estivo e estará sempre presente na vida cotiá dun pobo no que o navegar resulta tan necesario coma o vivir, o comer ou a liberdade. A el cantaron ou recitaron dende reis a "desherdados do leghón", de roqueiros a eclesiásticos, de dictadores a libertarios, de nobles a mendigos peregríns,...
Non sei que demos se cantaría denantes, pero escomenzarei polo que si temos de seguro: probablemente a primeira manifestación escrita do inagotable Cancioneiro Mariñeiro existente no noso país foi a "Salve Regina" que San Pedro de Mezonzo compuxera no século X, escomenzando así o que poderiamos denominar coma o ciclo trovadoresco ó que tamén corresponden as Cantigas
do rei Alfonxo X O Sabio

Nem de lançar a tavolado
pagado
nom, soo, se Deus m'ampar
aqui, nem de bafordar;
e andar de noute armado,
sem grado
ofaço, e a roldar;
ca mais me pago do mar
que de seer cavaleiro;
ca eu foi ja marinheiro
e quero-m'oimais guardar
do alacram, e tomar
ao que me foi primeiro.

ou Matín Codax cantando ó mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo
e, ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado
e, ai Deus, se verrá cedo!

ou Rui Fernández de Santiago, outro trovador do século XIII de cuia obra fixéranse comparanzas cun fragmento do "Decameron" titulado "L'onda del mare mi fa gran male"

Se eu vexo las ondas
e vexo las costeiras,
logo mi veñen ondas
al cor, pola benfeita;
maldito seia el mare
que mefaz tanto male.

ou o propio Mendinho

E cercarom-mi as ondas do alto mar
nom hei barqueiro,
nem sei remar:
eu atendend'o meu amigo!
eu atendend'o meu amigo!

Nom hei barqueiro, nem remador,
morrerei eu fremosa no mar maior:
eu atendend'o meu amigo!
eu atendend'o meu amigo!

No romanceiro galego tamén aparece con bastante frecuencia un mar que inunda e suxire unha nova ambientación fácendo esquence-las cortes, os feudos e os campos de Castela; como así o amosa o romance recollido en San Xoán de Lousame (A Cruña) coñecido polo título de "A Palmeira" e que non aparece nas coleccións castelás:

Cheguei á veira do río,
cheguei á veira do mar,
vin vir á Nosa Señora
c'un ramalliño na man.

Eu pedinll'unha fólliña
i ela doum'o seu cordón
que me daba sete voltas
ó redor do corazón.
Puxo o pe na barca d óuro
e arrimous'ao seu bordón.
Un anxel terma da vela,
outro terma do timón.

Leva o meniño no colo,
Jesús ¡qué bonito é!
era larguiño de perna,
era cortiño de pe.
Trai escravina de cunchas
que collera na ribeira
i a cara mesmo parece
unha pela de manteiga.
Meu amigo San Simón
bendíceme este cordón
que che me da sete voltas
o redor do corazón,
e doumo Nosa Señora
nunha folla de limón.


Se cadra, non tódo-los romances marinos son desta sutileza; a meirande parte deles proveñen do castelán para seren transmitidos oralmente enriquecéndose do enxeño popular e convertírense en algo práctico e tanxible. Así, por exemplo, acontece co "Marcelino": romance moi espallado polas aldeas da Galiza con diferentes títulos ou nomes onde se mistura o relixioso co pagán, o castelán co galego e o divino coas cousas do demo:

Voces daba un marinero
voces que daba que se hogaba.
Le respondió el demonio
del otro lado del agua:
¿cuánto das tú, marinero,
a quién te saque del agua?
Eu dareich'os meus navíos
cargados de oro e de plata.
Eu non quero os teus navíos,
o que quero é a túa alma.
El alma la dejo a Diós
y a la Virgen Soberana,
la cabeza a las hormigas
para que hagan su morada,
las tripas a un guitarrero
para cuerdas de guitarra,
los brazos los dejo a un manco
para que con ellos se valgha,
las piernas las dejo a un cojo
para que ande su jornada,
os collós deixollos ócura
e o carallo á criada.

Dende este punto, vanme permitir que centre a miña exposición no máis valioso do Cancioneiro Popular: as coplas; pois como ben dixera Avelino Rodríguez Elas en 1921: "Non hai composición poética que se poida comparar coa copla ou cantar popular en forza emotiva. A copla encerra nos seus catro versos toda a tenrura dun idilio, toda a grandeza dun poema, toda a fereza dun canto de guerra, toda a dor dunha elexía, toda a espranza dun epitalamio... A copla popular é alegre ou triste, suave ou iracunda... A copla acariña ou rabuña; eleva coas máis grandes hipérboles, ou funde co mais espantoso dos ridículos; mata, ou da vida, odia, ou ama, ... A copla leva de seu toda a gama das cores, toda a escala dos sentimentos, todo o teclado das sensacións. Ela é toda a lira, e ten na súa brevidade cáseque minúscula, toda a súa forza. ¿De que outra composición poética pódese dicir todo esto?".
A copla popular non é tan perfecta, pero na súa rudeza é onde radica o seu verdadeiro valor e encanto. ¿E capaz un perfumista de condesa-lo cheiro do mar nos seus carísimos frascos?. ¿Pode o músico de conservatorio expresa-lo verdadeiro ritmo dun pobo sen ter mamado e vivido as motivacións das súas xentes?. Probablemente os seus resultados sexan bos ou moi bos., pero endexamáis acadarán a éxtase que a natureza ou os nativos nos dan gratuitamente. Cando un pobo canta, en cada copla expresa os seus sentimentos e os seus xeitos de vida ou xeitos de entendela.
De seguido tentarei de da-la mina opinión de como as coplas do Cancioneiro Popular Galego describen ou definen o xeito, de vida tradicional do mariñeiro do noso país nos seus aspectos máis salientables: vida relixiosa, vida laboral e vida social:
Como bo galego, o mariñeiro síntese fervorosamente relixioso; proba delo, e cicáis determinado pola seguridade que da do que queda en terra e o sentido matriarcal, é a abondosa presencia de virxes mariñeiras:

Nosa Señora da Barca
Velaí vai, velaí vai vindo,
na súa barquiña nova
parece que vai durmindo.

Nosa Señora do Faro,
que ailtiña se foi por:
dalle o Sur e máis o Norte
e o sol tod'ó redor.

O mar enche e devora,
todo leva para adentro,
Nosa Señora de Renda
lévame para o convento.

e dalgún que outro santo

San Adrián é pedreiro,
pedreiro é San Adrián.
-Non é tal que é mariñeiro
que ten o barco no mare

a todos eles ou elas van encaminados os seus pregos

Ai! Miña Virxe da Barca,
Ai!, miña virxe valeime
Ques tou no medio do mar
Sen ter barquiro que reme

Estreliña mariñeira,
Estreliña mariñeira:
Alumíame no mar,
Alumíame na beira.

¿Quen dixo que os deuses cristiáns non eran mariñeiros? En Castro de Rei, por exemplo, non o teñen claro.

Válgame nuestra Señora
y la Virgen del Pilar
cuando nuestro Redentor
navegaba por el mar,
navega en unas galeras
que en mi vida he visto tal;
quince años hay que navego
sin ningún puerto encontrar
y ahora llegamos este,
neste vou desembarcar.


Tamén nas celebracións das festas cíclicas do ano o deus mariñeiro aparece. Vexan, se non, o que cantan en Ponteceso na "noite de reis" para pedi-lo aguinaldo:

Buenos reises, buenas pascuas,
buen principio de buen año.
Donde hay damas y doncellas
el rey pide aguinaldo;
también nosotros pedimos
a los señores fidalgos,
a los.fidalgos mayores
y también los labradores
...
Una noche de ventura
Olvidada de pasar
Nuestro Rey de la altura
Naveghando va en la mar:
Dios te me ghuarde barquita,
Dios te me deje ghuardar
De los airiitos de terra,
los engüendros del mar;
carpinteros que la hicieron
eran de sancre raial,
marineros que la reman
llevaban este cantar.

Por outra banda, a profesión de mariñeiro é algo que se leva no sangue, que se herda

Marinero fue mi padre
Y también fui meu abuelo,
Como no voy saber naveghare
Siendo hijo de marinero.

Pero aínda así hai que aprender dos demáis,

Tódolos barcos dan vela
Fóra de Santamariña,
Tódolos varcos dan vela
Eu tamén vou da-la miña.

Saber o que se leva nas mans

Farruquiño vai en vela
polaná de Padrón;
Farruquiño vai en vela,
Mariá vao ó timón
.

e coñece-lo que a natureza ofrece;

Mariñeiriño, mariñeiriño
que vento queres levar:
para o mar ventiño norte,
para á terra vendaval.

e se non se sabe hai que preguntar

Marinero de la mar-e
Que en la mar andas metido
dime de los cuatro vientos
cual es el mas atrevido.

Manter a punto as ferramentas e confiar sempre no material de traballo


Teño unha lancha no Pindo
que se chama Manuela,
dende Fisterra ata Mougás
on hai lancha coma ela.

O mariñeiro no mar
ten sempre dábondo pena:
unha vez perde o timón
outra vez rífalle a vela.

e hai que voltar á casa coas capturas;

Ei ven o barco do mar
ei ven a sardiña toda
ei ven o meu mariñeiro,
ven sentadiño na proa.

porque pescar hai que pescar sexa como sexa

Mariñeiros aprobados
son os de Villagarsiá:
tiran a rede ió mar-e
collen a sardiña viva.

aínda que só sexa para a caldeirada de a bordo;

Anque che veño do xeito
non che veño de xeitar:
-veño de tomar sardiña
d'álá do medio do mar.


mais non sempre se collen peixes

Botei as redes ao mar
para pescar unha bogha:
pesquei a cabesa d'unha
para dar a miña soghra.

Eu fun a Muros pescar,
pesquei unha muradana.
Se a pesquei fixen ben,
durmo coela na cama.

E se a sorte écontraraía, non se pesca e maldícese

Somos os lulos de Sada,
non-o podemos negar;
este ano n'hai parrocha,
caghou o demo no mar.

e pásase tanta fame que

Indo polo mar abaixo
embarcado no meu bote
acordáronsem'as papas
que me quedaron no pote.

Xa en terra, o mariñeiro ten que vivir e compartir socialmente cos outros habitantes da aldea, aínda que leve unha vida moi particular que o diferencia dos demáis

Mariñeirño non es;
se foras mariñeiriño
trougheras aghua nos pes.

pois andar ó mar determina na persoa hábitos e costumes diferentes ós que profesionalmente fican na vila ou na aldea

E veñen, e veñen,
e veñen, e van,
e veñen de nuite
van pola mañán,
van pola mañán,
van pola mañán,
e veñen, e veñen,
e veñen, e van.

Teño barcas, teño redes,
teño sardiñas no mar-e
tamén teño unha muller bunita,
non quero mais traballar-e.

e tanto e así que 'as veces marcan moda

Agora xa non se usa
cinta verme no sombreiro
úsase cordón de seda
o estilo de mariñeiro.

Pero, sobor de todo, si existe algo no mar que marca profundamente a vida de quen vive del, eso e a sensacion de perigo constante

Que ten o mariñeiriño,
o manneiro que ten-e
que ten o mariñeiriño
que vai ó mar e non ven-e.

A vida do mariñeiro
e unha vida triste e dura
pois toda a vida traballa
encima da sepultura.

e delo da fe a existencia dalgúns "cantos de ánimas" que advirten dese perigo

Ai! Pepiño, adiós. Ai! Pepiño, adiós.
Ai! Pepiño por Diós non te vaias.
Quédate con nós, quédate con nós.
Non te vaias a afogar á praia
como nos pasou a nos.

Resulta tan grande o convencimento e a asimilación desta sensación que cando chegan 'a terra os mariñeiros aparentan esa arrogancia,

Eu nacín en Camariñas,
nacín na beira do mar-e
a rapaza que me leve
bo peixe ha de levar-e.

e esa fanfarronen`a

Sardiñeira das sardiñas
quen che dera entre as pernas
o que eu teño entre as miñas.

que tantas veces o enfrentan-a seguridade do labrego

A terra é dos pescadores
non hai nada que fallar
o que queira cantareas
ten que ir á beira do mar

Traballar, traballa arreo pero cando non

El marinero al domingo
buen sapato y buena media;
al lunes por la mañana
descalsito por la arena.

e busca amores en cada porto

O mar enche párriba
e devala para'baixo;
así fai quen ten amores
nesta vila de Rianxo.

aínda que en ocasións non lle resulte doado

Yo no quiero marinero,
yo no quiero remador-e
que tiene la mar por cama
y el sielo por cobertor-e.

Non te cases queridiña
co mariñeiro do mar-e
arma vela i arma vela
e vai para o seu lughar-e.

Xa non quero home
que me vai ó mar,
vai para a taberna
vaise emborrachar,
vaise emborrachar,
vaise emborrachar
Xa non quero home
que me vai ó mar

Agapito "O Noiés"e menos mal que entre colegas hai consellos coma o que daba Agapito "O Noiés" na quela copla que acompañaba co acordeón e que lla ensinara os escravos na súa vida de negreiro das Antillas:

Mariñeiro se ques casar
entre o luns e o domingo
non cases en Escarabote,
que as nenas daquel lugar,
lembrando ós vikingos,
énchenche de cornos o bote.


Pero se o mariñeiro é así, non podemos dici-lo mesmo da súa muller: calada, retraída, sempre entregada e pendente da figura do home

Canta rula, canta rula,
canta rula nun petouco.
Coitadiño do que espera
do que está na man d'outro.

Non quero que saias máis
de noite a ir a pescar,
que pode arricia-lo vento
a piques de naufragar.
¡Os meus amores, ai,
os meus amores!
Co diñeiro que ti ganes
arregrarei a casiña,
e tu poderás repoñer
os enseres da gameliña.
¡Os meus amores, ai,
os meus amores!

Ela coida da casa, dos fillos, vende a pesca, ata as redes,... e moitas veces, máis das que ela quixera, ascende lumieiras ó santo ou á virxe cando vai mal tempo ou "move a tella" cando o vento fica quedo

Vente ventiño do mar,
vente ventiño mareiro,
non me fagas esperar
e traime o meu compañeiro.

Malia todo elo, a vida en parella e en familia lévase con respeto e ledicia, e en ocasións con propostas suxerentes

Dame lume, Sara, polo mexadeiro.
Dame lume, Sara, que son mariñeiro.
Si eres mariñeiro, non me importa nada;
as mociñas novas déitanse na cama.

Como conclusión gostaríame recalca-la magnitude e a importancia que o mar ten nas nosas vidas; de non ser así non se lograría esta trasmisión de xeración en xeración. Na actualidade todos estamos na obriga de seguir mantendo ese fio conductor malia que o "progreso" non navegue na nosa mesma onda e nin sequera no mesmo mar, con outros ventos e outras artes de pesca. Debemos poñe-las nosas proas cara ó verdadeiro porto, ó verdadeiro "sentir galego". Os nosos ventos son máis sólidos e podemos valemos dos seus propios aparellos: a televisión, os C.D., os vídeos, etc.; ben usados poden servir para algo máis ca consumir e desfacer. Sen máis, despídome ó xeito dos de Mazaricos:

A despedida vou dando,
a despedida vou a dar
como dan os mariñeiros
cando van para o mar

.

Voltar o índice de Artigos

 

SECCIÓNS



(c) 2001 Ravachol - proxecto desenrolado dentro de galego21.net
Contacto:
ravachol@galego21.com