![]() |
![]() |
|
|
Actualizado:
08/07/02
|
||
|
Autor:
Escola Provincial de Danzas - Agrupación
Castro Floxo INTRODUCCIÓN (...) Pode resultar significativo que en moitas aldeas de Galiza perduren hoxe as danzas con reminiscencias guerreiras, como son as danzas de espadas ou de palitroques, danzas con diálogos de porfía ou danzas e batallas de "mouros e cristiáns". Todas elas teñen un esquema semellante de representación: diálogos, desafio, loita, victoria-derrota. Galiza participa, deste xeito, minha ampla e ancestral demostración que transcende as súas fronteiras, xa que este tipo de danzas se dá tamén noutros lugares do mundo. De feito "... os mouros, turcos e árabes substitúen na imaxinación popular outros persortaxes máis primitivos, e o estudio deles xa cae de cheo na Mitoloxía" (J. Caro Baroja, Rev. A.E. y Preb. Tomo XVI). Os abusos, dexeneracións e feitos pouco edificantes que se deron nestas representacións motivaron a prohibición das figuracións (Concilio 111 de Toledo), debido ás "corruptelas" que se daban ao bailar diante de algunha imaxe ou dentro do templo. Con todo, valorar, recompilar e respectar tales manifestacións de tanto sabor e arraigo popular, como é a intención destes libros, é seguir aquel criterio de jovellanos: "As corridas de cabalos, gansos e galos, as soldadescas e comparsas de mouros e cristiáns e outras diversións xerais son tanto máis dignas de protección canto máis sinxelas e singulares e, por iso, deben ser arrancadas e multiplicadas." (G.M. de jovellanos, Memoria sobre las diversiones públicas. Memorias de la R. Academia de la Historia 1817, vol. Vº). Que moitas danzas relixiosas teñan incrustacións guerreiras
como posíbel explicación de loita e victoria sobre o mal,
é valerse dun dato profano histórico ou mitolóxico
para facer unha significativa celebración espiritual.
Outro elemento que se mostra relacionado coas danzas relixiosas é a árbore. A árbore convértese en obxecto, relixioso polo seu poder e por ser un símbolo. Cando en algures se planta unha árbore na praza para presidir as celebracións das festas, estase augurando a aparición da vida: a Primavera que vence o Inverno. Estase participando no rexurdimento da vexetación, "estase pronunciando e simbolizando un desexo de rexeneración colectiva." (Mircea Eliade, Tratado de Historia de las Religiones). De novo estamos no dualismo, Ben - Mal, Morte - Vida, Felicidade - Desgracia. E nesta referencia relíxiosa citamos a oposición, Árbore do Paraíso (fonte de mal, desgracia, morte) -Árbore da Cruz (fonte de ben, salvación, vida), como di a Misa da Exaltación da Santa Cruz. Que algunhas danzas incorporen figuracións con arcos floridos ou danza de trenzado ao redor dun madeiro,... non será froito dun profundo impulso do subconsciente, dun atávico culto á árbore?. Noutras culturas e tempos a danza era tarefa feminina: a muller era quen practicaba e propagaba a cultura musical; a muller sae ao encontro dos herois con cantigas e danzas; unha tarefa das escravas é facer soar os instrumentos e bailar para os seus amos. As que aquí tratamos son, xeralmente, nas súas oríxes danzas masculinas. Aínda máis, parte dos homes vestían con roupas femininas. Nas representacións actuais varias danzas inclúen xa participación feminina. Nontros casos, os homes foron totalmente suplantados por mulleres. Algunhas danzas procesionais foron nun primeiro momento danzas gremiais.
A importante presencia dos colectivos artesanais na vida económica
dos pobos, a consciencia de pertenza a un grupo, exteriorízase
en manifestacións culturais, (...) Esquema xeral das danzas procesionais e gremiais As danzas gremíais e procesionais teñen un esquema moi similar entre si, que poderiamos sintetizar da seguinte maneira: Reverencia inicial, Paloteo, Trenzado Arcos, Espadas e Reverencia ou saúdo final Reverencia inicial Todas as danzas comezan cun xesto reverencioso de saúdo dos danzantes
cara a virxe ou santo en honra de quen van realizar a danza. Paloteo En todas as danzas son habituais varias partes diferentes de paloteo. Nestas destacan os movementos que van realizando os danzantes, sendo, quizáis, as partes máis complexas debido aos cambios de posición e á variedade de movementos que realizan. Cada danza é normal que teña varias partes diferentes de paloteo, distintas tanto pola música como polos movementos e as formas de marcar o ritmo cos paos. Trenzado Esta parte destaca pola súa vistosidade. Consiste, primeiro, en ir trenzando unha serie de fitas de cores ao redor dun mastro, para despois destrenzalas. Arcos, espadas Hai danzas nas que os paloteos son substituídos por partes nas que os danzantes portan arcos, arquillos ou espadas, deixando de lado os paos. Reverencia ou saúdo final Unha vez feitas todas as partes das que consta a danza, realízase un saúdo ou reverencia final para dar paso á procesión na que os danzantes van bailando durante o seu percorrido, uo dala por concluída, deixando a imaxe no interior da capela ou igrexa.
|
|