| No 1999
existen na rede varias iniciativas comunitarias de
relevancia para o idioma galego e o software na Internet:
-Unha comunidade de internautas dende o 1996 solicitaba
aos webmasters da época que puxeran os webs
en galego, era a Ciberirmandade da Fala (http://www.ciberirmandade.org).
-Ponse a disposición dos internautas o primeiro
programa de relevancia en galego, e o principal programa
de navegación pola web daquela época
o Netscape 4.05. O Netscape dominaba o espectro dos
programas de navegación e contiña un
navegador web, un cliente de correo, un cliente de
grupos de novas e un editor HTML. O Netscape en galego
chamouse XIS e foi levado adiante por Camilo Regueiro
e Ramón Flores. Da tradución do Netscape
naceu o Proxecto
Xis que tiña como obxectivo a
tradución de software ao galego en Internet
e era coordinado por Camilo Regueiro.
- Naquela época existían na rede outros
dous proxectos de interese. O proxecto Rianxo (un
tradutor en liña Español - galego -Español)
e o proxecto Rábade, que era un cursiño
de galego en liña. Estes proxectos eran coordinados
por Roberto Abalde. Estes proxectos despois de contactos
iniciais conflúen nun único proxecto
no ano 2000, que tentaba coordinar e centralizar os
esforzos dos voluntarios internautas que traballaban
a prol de ferramentas en galego e para o galego. Este
proxecto común denominouse Galego21, e así
comezou a andar unha ferramenta fundamental na historia
das novas tecnoloxías en galego e para o galego.
Unha vez comezado dito proxecto e grazas á
unión de esforzos, conqueriuse ter unha comunidade
de voluntarios moi activa, que permitiu a tradución
de moitos programas e ferramentas informáticas
en galego e que incluso permitiu ampliar os proxectos
existentes en Galego21. Así naceu ao comezo
o Lapis
de Cores, que traballou para obter programas
e ferramentas educativas en galego, e adaptou unha
ferramenta potentísima (O clic) para crear
cursos en galego de diferentes temáticas. Este
proxecto foi coordinado por Manuel Paz, e tamén
o proxecto Tomiño, que era crear unha biblioteca
virtual de balde de obras galegas, coordinado por
Roberto Abalde.
Os membros de galego21 consideraron que era importante
a legalización da organización, e dotarse
dun estatus xurídico que lle dera entidade
social, e así nace o IDESGA-galego21, que formaliza
a súa legalización no 2000, e se dota
duns
estatutos.
Vendo a evolución dos proxectos e vendo que
o traballo voluntario tiña unhas limitacións
grandes, xa que había unha dependencia grande
do tempo e dispoñibilidades persoais que a
xente podía adicarlle aos proxectos, incidindo
nesto a efectividade, prantexase un cambio de rumbo
da asociación e téntase dotar á
organización dunha estabilidade que permita
darlle unha estabilidade e continuidade aos traballos
en marcha, tentando ter uns recursos de material,
pero sobre todo de profesionais lingüistas e
informáticos propios e semi-profesionalizados,
que garantiran un apoio constante ao traballo do voluntariado,
ademais de aportar un respaldo estable e efectivo
ás traducións ao galego do proxectos
en marcha.
Chegados a este punto existe un debate e se toma
unha decisión maioritaria de seguir polo camiño
de tentar conseguir recursos propios e involucrar
no proxecto tanto a entidades públicas como
privadas, pero un dos coordinadores de proxectos difire
de dita filosofía e decide abandonar Galego21
cos proxectos que el coordinaba. Este membro era Roberto
Abalde, e así nace Milprimaverasmais.org que
conten dende ese momento os proxectos Rianxo, Rábade
e Tomiño Así pois Galego21 queda integrado
polos proxectos Xis, Lapis de Cores, ademais de aloxar
ao Proxecto
Ravachol, que era un proxecto adicado á
información sobre música galega.
Sobre estes proxectos o ano 2001 nace Ciberlingua,
que foi o proxecto máis ambicioso de difusión
de ferramentas informáticas en galego que existiu
ata a data. Neste proxecto coordinado e impulsado
por IDESGA-Galego21, conseguiuse un fito importante
ata o momento, que 5 das 7 cidades galegas asinaran
un acordo de colaboración para a promoción
das novas tecnoloxías e o galego, cousa que
nunca se dera ata ese momento, e non se volveu a dar
ata a data de hoxe.
Galego21 seguiu funcionando como organización
ata hoxe en día, aínda que algúns
dos proxectos foron entrando nun proceso de ralentización
(o Proxecto Xis e Lapis de Cores) aínda que
outros seguiron con grande dinamismo que como Ciberlingua
coordinado por Luís Teira traballou ata o ano
2004.
A finais do 2005, Roberto Abalde, pola súa
propia conta, sen consulta previa e aproveitando un
despiste na renovación do dominio que tiñan
ata ese momento a asociación IDESGA-galego21,
colle o dominio que IDESGA-Galego21 tiña ata
entón (galego21.org) e anuncia un suposto rearxir
de Galego21. Pero neses momentos, os actuais membros
de Galego21, xa tiñan determinado, ante o cambio
de escenario social e político do país,
retomar o traballo orientando os seus esforzos en
dúas vías. A consecución dun
dominio en internet para a cultura galega e a creación
dunha plataforma que englobe os esforzos do voluntariado,
de entidades privadas e entidades públicas
para conseguir ter programas e ferramentas en galego
e normalizar o noso idioma no ámbito das novas
tecnoloxías.
Neste punto estamos e aquí comezamos unha
nova etapa de IDESGA-Galego21, aínda que obrigados
a cambiar de dominio debido aos motivos expostos.
Quixeramos pois aclarar que en absoluto estamos
vinculados á iniciativa que
está ubicada en www.galego21.org
|