|
Estes son os proxectos nos que estamos a traballar. Se queres participar nalgún deles, ponte en contacto co
seu coordinador. E se tes algunha idea para un proxecto novo que queiras
desenvolver, avísanos e veremos de
traballar xuntos.
Lapis de Cores

O obxectivo xeral desta
iniciativa é crear un área de encontro para os profesionais do ensino en galego,
onde poidan atopar recursos que lles axuden no desenvolvemento da súa actividade
e intercambiar ideas e experiencias con outros profesionais.
Proxecto Xis

Este proxecto ten como obxectivo a traducción de programas informáticos ao galego, software
de balde (freeware), de distribución libre de código ou incluso, de cando en vez,
programas para probar (shareware).
|
 |
 |