páxina principal todos os proxectos de galego21 bótanos unha man queremos saber o que pensades quen está detrás disto  

Participa nos nosos proxectos
   
 

Hai moitos xeitos de participar en galego21:

  • O máis sinxelo é comezar a utilizar os recursos que estamos a crear para nos axudar a atopar erros neles. Por exemplo podes descargar os programas traducidos polo Proxecto Xis ou os recursos de Lapis de Cores

  • Se tes tempo libre e ganas de participar podes botarnos unha man co desenrolo dos nosos proxectos. Ponte en contacto co coordinador do proxecto no que queiras participar. Temos unha rolda de discusión sobre os proxectos na que te podes apuntar enviando unha mensaxe baleira a este enderezo

  • Podes poñer as seguintes imaxes cunha ligazón cara a galego21 nas túas páxinas persoais

  • Podes comezar a asinar os teus correos electrónicos cun texto coma os seguintes:
    ----------------------------------------------------------------------------------
     Eu traballo con software en galego. Atópao no Xis (http://www.galego21.net/xis)
    
    ----------------------------------------------------------------------------------
     Eu apoio os programas en galego [www.galego21.net]
    
    ----------------------------------------------------------------------------------
     galego21.net: o galego no terceiro milenio
    

  • Se es xornalista podes axudar coa promoción dos nosos proxectos nos medios de comunicación

  • Se formas parte dun colectivo (colexio profesional, grupo empresarial, escola, asociación, institución pública, etc.), podes facer que os teus asociados, abonados, traballadores ou alumnos utilicen os recursos creados polos nosos proxectos

Se queres participar dalgún outro xeito que non foi mencionado escríbenos


© 1998-2000 galego21.net