|
Ligazóns |
|||
|
|||
|
Se esperabas encontrar unha guía de marcadores, sentimos decepcionarte. Ó crear este espacio fixémolo cunha única intención: ir recollendo, sen orde nin concerto, algunhas daquelas propostas comunicativas nas que adoitamos encontrar artigos ou programas sobre os temas que nos preocupan. Por último, só nos queda sinalar que mensualmente tentaremos incorporar novas propostas. Actualizouse por última vez o 2 de xaneiro de 2002.
Tan interesante coma importante. Ampla información sobre autores e obras. Defínese como o portal das novas tecnoloxías en Galicia. Interesante espacio que xorde ó redor do programa de radio do mesmo nome e que ven de editar unha publicación en papel. Facía falta. O mellor portal para os ensinantes galegos. Observatorio da Cibercultura vasca. Un lugar
oficial para acubillar as opinións e pensamentos que sobre os retos
e as oportunidades do Portal creado pola Universitat Autónoma de Barcelona, que inclúe unha interesante sección coordinada por Bernat López sobre as políticas públicas para a sociedade da información. Sala de prensaXornalismo de investigación e opinión. Centro de Información para a Prensa (CIP)Organismo oficial que dota de servicios especializados e distribúe información ós medios cubanos. Permite acceder a un amplo abano de publicacións sobre Cuba. Nodo 50A súa definición non pode ser máis explícita: contrainformación en liña. Territorio virtual para os movementos sociais e a acción política. Un espacio dedicado á informar sobre as consecuencias da globalización no cotián e na vida das grandes cidades. Movemento sindicalLigazóns ós diferentes sindicatos do Brasil e interesantes artigos sobre o sindicalismo na sociedade da información. Observatori de la Globalització Creado no seo da Universitat de Barcelona (UB), ten como obxectivo facilitar unha visión de conxunto dos instrumentos internacionais que enmarcan o proceso de globalización. Na sección Notes Informatives realizan un seguimento continuado dos principais instrumentos internacionais que enmarcan o proceso de mundialización da economía. Oneworld-Cataluña proporciónanos unha completísima páxina de ligazóns e referencias a espacios dedicados á loita contra a mundialización. Diversitat cultural i globalització En formato PDF, traducción ó catalán deste documento de reflexión das Nacións Unidas. CIG. Confederación Intersindical Galega O web da central sindical nacionalista non só acubilla información e documentos relativos ó seu traballo no eido sindical; tamén é un boletín de actualidade que recolle reflexións vertidas ó galego de persoeiros como Petras, Chomski, Samir Amin, etc. así como achegas propias dende unha óptica nacionalista e de clase. Creado en 1991, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios. Convocatoria ós pobos e culturas do mundo para dialogar sobre a paz, a diversidade cultural e o desenvolvemento global sostido. Inclúe artigos e opinións sobre os temas centrais deste evento multicultural. Descoñecemos se estarán convidados os emigrantes subsaharianos desaloxados este verán da Praza de Catalunya... Defínese como un espacio académico dedicado á economía política do desenvolvemento. Promovido polo Dr. Robinson Rojas, é un espacio ideal para atopar webs con estudios sobre a globalización, o desenvolvemento sostible, o imperialismo… Libro Blanco de la Sociedad de la Información de Galicia Elaborado pola Xunta e Telefónica, é un web imprescindible para seguir as próximas Redadas. Atoparás varios informes sobre o desenvolvemento da SI no Estado xa publicados por Telefónica, refritos presentados como monografías e que valen tanto para aquí coma para Estremadura ou Melilla, e un foro. Se cres que a maneira de superar o atraso na implantación da Rede en Galicia é responder á pregunta "¿Cómo librar a los medianos empresarios virtuales de la necesidad de constituír Comité de Empresa?", non dubides en participar no foro. Unha iniciativa da Fundació Jaume Bofill e a Universitat Oberta de Catalunya para crear un observatorio neutral que estudie o aproveitamento das TIC por parte dos centros de ensino de Cataluña. Non nos viría nada mal algo así por aquí... Nos boletíns desta empresa podemos atopar novas, reportaxes e análises sobre o desenvolvemento da sociedade da información no Estado. Acceder ós informes, ós resultados das enquisas e a outros traballos de investigación require subscribirse. Defínese como "Revista de Economía, Cultura e Sociedade", e analiza, interpreta e comenta os distintos aspectos da globalización, entendida como un proceso que implica o global e o local. No último número, colaboracións de Petras e recuperación de artigos de E. Che Guevara. Rebelión.org Informe de Le Monde Diplomatique sobre o Forum Social Mundial de Porto Alegre. Forum Social Mundial de Porto Alegre A páxina oficial. Programa plurianual da UE orientado ó desenvolvemento e uso de contidos dixitais europeos e ó fomento da pluralidade lingüística. A publicación que dirixe Luis Ángel Fernández Hermana segue sendo un dos mellores referentes no Estado. Instituto dependente da Universitat Autónoma de Barcelona. Traballos, recursos e resumes de traballos e investigacións. Revista web de carácter mensual con interesantes artigos sobre a sociedade da información. A globalización como proceso de universalización dun modelo económico Artigo de José Roberto Morales The International Forum on Globalización Foro que agrupa a máis de 60 organizacións que, cos seus traballos e artigos, denuncian as consecuencias da globalización financeira. |
|
|
|
|
||
|
|
||
|
|
||
|
|