| |
notas
importantes
xeral
- Algúns usuarios poden ter problemas cando premen
o bóton Entrar na Caixa de Comandos. Se non pasa nada cando premes
Entrar, es un destes usuarios!. En troca de premer Entrar, debes premer
o botón etiquetado Inserir que está embaixo da Caixa de
Comandos
- Usa o botón Deter! para deter un programa que
se está a executar.
- Lembra que se tes problemas ou non sabes cara a onde
ir, podes escribir 'axuda' na Caixa de Comandos para obter axuda dos
diferentes comandos de galogo.
copiar
e pegar
- Se o teu sistema operativo e navegador web soportan
"Copiar e Pegar" e sabes como usalos, galogo ofrece dous grandes
atallos:
Para inserir unha liña só, podes sinxelamente copiala
do titorial e pegala na Caixa de Comandos. Despois preme Entrar, ou
preme o botón Inserir.
Unha función especial foi posta en galogo que che permitirá
cargar os programas de exemplo máis axiña sen ter que
escribilos. Sigue o seguinte procedemento para cargar programas de exemplo:
Selecciona e copia un bloque do programa co seu rato e/ou o teclado
Escribe editor na Caixa de Comandos. A Caixa de Comandos debe dicir
"Editor de Comandos de gaLogo" .Pega o código no editor
de texto
Preme o botón de Rematado' na caixa de edición.
- Do mesmo xeito, hai un xeito de gardar o traballo usando
o comando descarga. Sinxelamente escribe descarga na Caixa de Comandos.
O editor vaiche amosar nunha xanela nova todas as definicións
de subrutinas e variábeis, de modo que podes copiar e pegar o
texto no editor de textos favorito. Despois poderás cargalo usando
o comando edit
|