| vocabulario de debuxo |
adiante distancia
ad distancia |
A tartaruga móvese cara adiante
a cantidade de unidades especificadas, escribindo un número
en lugar de distancia. |
atrás distancia
at distancia |
A tartaruga móvse cara atrás
a cantidade de unidades especificadas, escribindo un número
en lugar de distancia. |
dereita ángulo
dr ángulo |
Fai que a tartaruga vire á dereita
o número especificado de graos, escribindo un número
en lugar de ángulo. |
esquerda ángulo
eq ángulo |
Fai que a tartaruga vire á esquerda
o número especificado de graos, escribindo un número
en lugar de ángulo. |
esquerda ángulo
eq ángulo |
Fai que a tartaruga vire á esquerda
o número especificado de graos, escribindo un número
en lugar de ángulo. |
| escribir (mensaxe) |
Escribe unha mensaxe na pantalla,
na posición actual da tartaruga. A mensaxe debe estar entre
parénteses. |
| centro |
Retorna a tartaruga ao centro da
pantalla. |
agachar.tartaruga
agt |
Fai a tartaruga invisible. |
amosar.tartaruga
amt |
Fai a tartaruga visible. |
limpar.pantalla
lp |
Limpa a área de debuxo |
levantar.lapis
ll |
Fai que a tartaruga levante o seu
lapis da pantalla; deste xeito non vai debuxar ata non recibir
a orde baixar.lapis |
baixar.lapis
bl |
Fai que a tartaruga baixe o seu lapis
da pantalla; isto fai que a tartaruga volva a debuxar despois
de ter recibido a orde levantar.lapis |
por.cor.lapis vermello
verde azul
pcl vermello verde azul |
Cambia a cor do lapis da tartaruga
á cor especificada; vermello, verde e azul
son números que deben estar entre 0 e 255. |
por.cor.pantalla vermello
verde azul
pcp vermello verde azul |
Cambia a cor da pantalla á cor especificada;
vermello, verde e azul son números que
deben estar entre 0 e 255. |
| vocabulario de programación |
| amosar
:variable |
Mostra o valor da variable
nomeada a continuación. Fíxate en que o nome da
variable vai precedida de dous puntos. |
| descargar |
Mostra
todos os procedimentos e variables na caixa de comandos, de
xeito que se poidan copiar e pegar nun editor de textos para
gardalos de xeito permanente. Pode cargar este arquivo pegando
o seu contido no editor, ou pode usalo co Ambiente
de Execución de galogo. |
| editor |
Executa o
editor de textos, que vai executar inmediatamente calquera comando
ou programa que se pegue ou escriba nel. |
| facer variable
valor |
Asigna un valor a unha
variable. Notar que o nome da variable debe estar precedido
por dous puntos cando se accede pero non cando se lle asigna
un valor. |
| para nome-comando-novo |
Crea unha nova subrutina
(ou comando) ou edita unha existente, co nome especificado. |
| fin |
Non ten efecto durante
a programación normal en galogo, mais cómpre poñelo para
separar subrutinas cando se utiliza o editor ou o Ambiente
de Execución de gaLogo. |
| params
[lista-de-parámetros] |
Usado para especificar
parámetros que deben ser pasados a unha subrutina. |
| executar
[lista-de-comandos] |
Efectúa
a lista de comandos especificada. |