introdución ao logo
 

O logo é unha linguaxe interpretada (isto é, os comandos ou ordes que se lle dan son traducidos inmediatamente á máquina e a resposta xérase tamén no mesmo momento) o que significa interactividade. Non é preciso pasar por unha serie de pasos intermedios para facer funcionar o mandato.
É tamén unha linguaxe estruturada (no cerne da corrente principal da programación de ordenadores hoxe en día, maioritariamente "orientada a obxectos"). Isto quer dicir que realizar un programa non é facer unha lista ordenada de mandatos onde o problema a superar se descompón en pequenos problemas, senón que o proceso é inverso, de construción de conceptos que se van estruturando ou ramificando, desde as accións simples ou primitivas que aporta a linguaxe aos procedimentos elaborados.

 
 
 

LOGO foi deseñado como linguaxe de baixo nivel de entrada(fácil de iniciarse nel) e alto nivel de saída (non hai teito de finalización no seu uso e desenrolo)..

 
 
 

a versión

A versión de logo que che ofrecemos no lapisdecores, o galogo, é unha tradución do rLogo de Randall P. Embry escrito en Java. Isto significa que o galogo funciona dentro dunha páxina web, a través dun navegador. Aínda así pode funcionar sen ter que estar conectado a internet, xa que podes descargar todo o galogo e traballar en local.

  lapisdecores. galego21.net . 2001