|
|
Son outros programas/aplicacións que poden manipular arquivos, no sentido de poder compactar a información e reducir o tamaño de determinados arquivos (ou o contrario, descomprimir o comprimido) ou ben son capaces de trocear un arquivo extenso en varios máis pequenos (por exemplo para poder gravalo en disquetes que non poden portar máis de 1400 kb) e logo restaurar o orixinal
|
||||||||||||
|
|
¿Non vos ten pasado que despois de compactar un arquivo PCC ocupa máis do que cabe nun disquete e non hai xeito de sacalo do ordenador no que estades traballando? Esta utilidade serve para cortar un arquivo grande en cachos pequenos para copialos en disquettes ou envialos por correo electrónico cando o destinatario ten limitada a capacidade da súa caixa de correo. Serve para calquera tipo de arquivo (PCCs, EXEs, WAVs...) e o seu funcionamento é moi sinxelo: selecciona o arquivo que desexes cortar en anacos, indica o tamaño máximo de cada un e o programa xerará un conxunto de arquivos con extensión 001, 002, 003... Tamén xera un arquivo BAT que serve para volver a pegar as pezas cando teñades que reconstruílo. Os anacos (001, 002...) e o BAT poden borrarse unha vez recuperado o arquivo orixinal. tijeras.exe (9 Kb) |
||||||||||||
|
|
|||||||||||||
|
|
|||||||||||||
|
lapisdecores
galego21.net 2001 |
||||||||||||