|
como
se usa?
Os pasos que cómpre seguir para utilizar o módulo ClicRT
son:
Converter o paquete de actividades que queremos convertir en executable
ao formato PCC. Se é un PAC hai que utilizar o programa ClicPac
para convertelo.
Crear un cartafol novo e copiar alí o arquivo PCC e os arquivos
multimedia necesarios para utilizar a aplicación (WAV, MID, AVI...
etc). É importante que sexa un cartafol novo e que se conserven
os arquivos orixinais noutro lugar por se for necesario facer algunha
modificación posterior.
Descargar o arquivo ZIP da versión correspondente ao idioma que
se desexe utilizar e extraer todo o seu contido no cartafol creado no
paso anterior.
Abrir unha xanela MS-DOS e situarse no cartafol no que se atopa o paquete
de actividades. Por exemplo, se o paquete está no cartafol C:\CLIC\ACT\PROBA
deberemos escribir:
C:\WINDOWS>CD \
C:\>CD CLIC\ACT\PROBA
C:\CLIC\ACT\PROBA>
Fusionar coa orde COPY /B os arquivos CLICRT.EXE mailo paquete de actividades.
Por exemplo, se o noso paquete leva o nombre PROBA.PCC deberemos escribir:
C:\CLIC\ACT\PROBA>COPY /B CLICRT.EXE+PROBA.PCC PROBA.EXE
Probar o funcionamento do arquivo PROBA.EXE que se acaba de crear.
Borrar os arquivos PROBA.PCC e CLICRT.EXE. Antes de borralos hai que asegurarse
que se seguiron as instruccións indicadas no paso 2, xa que unha
vez creado o arquivo EXE non se poderá descompactar nin modificar.
É moi importante conservar unha copia orixinal do arquivo PCC noutro
cartafol.
Se non queremos que o programa utilice o sistema de informes nin ninguna
función de accesibilidade (cursor grande, cursor automático...)
pódese borrar tamén o arquivo CLIC.INI do cartafol no que
estamos traballando. En caso contrario hai que conservar este arquivo
e modificar os parámetros tal como se indica no apartado "O
arquivo CLIC.INI" da axuda e o manual de Clic.
Copiar no disquete ou o CD-ROM os arquivos do cartafol nos que estivemos
traballando. No exemplo ao que nos referiamos, se o paquete non utiliza
recursos multimedia soamente deberían quedar os arquivos PRUEBA.EXE
e BWCC.DLL. Se houbera arquivos multimedia habería que copialos
tamén ao disquete ou CD-ROM que estamos creando.
Se se trata dun CD-ROM podemos crear tamén un arquivo AUTORUN.INF
que fará que o programa se poña automaticamente en funcionamento
ao inserir o disco no ordenador. Este arquivo pódese crear co caderno
de notas de Windows e ten só catro líñas, que no
noso caso de exemplo poderían ser:
[autorun]
label=Aplicación de proba
icon=proba.exe
open=proba.exe
Esto fará que o CD se vexa no explorador coa icona de Clic. Se
desexamos unha icona personalizada podemos creala con algún programa
como ImageEdit, copiar o arquivo ICO ao cartafol e cambiar a liña
"icon" para que apunte a ela.
Hai un xeito alternativo de utilizar o programa ClicRT:
En lugar de fusionar o arquivo PCC con CLICRT.EXE pódese editar
o arquivo CLIC.INI e modificar a liña "pac", borrando
o punto e coma que leva diante e escribindo o nome de paquete que queremos
activar. Por exemplo, no noso caso o arquivo CLIC.INI empezaría
así:
[Clic]
pac=PROBA.PCC
directorio=.
barajar=15
...
Este sistema obriga a distribuír catro arquivos (CLICRT.EXE, CLIC.INI,
BWCC.DLL e PRUEBA.PCC) en lugar de dous (PRUEBA.EXE e BWCC.DLL), pero
ten a vantaxe de conservar o arquivo PCC intacto para que os usuarios
que teñan o programa ClicPac poidan realizar posíbeis modificacións
ou adaptacións.
En todo caso, hai que ter en conta que o sistema ClicRT ten as seguintes
limitacións:
Non hai que presupór que os usuarios teñan instalados os
descompresores de audio MPEG-Layer3 e MSADPCM. Nas aplicacións
que utilicen ClicRT hai que utilizar sempre arquivos WAV "normais",
sen comprimir.
O documento de axuda de Clic non está dispoñíbel.
O funcionamento das aplicacións debe ser moi intuitivo.
ClicRT non tomará en consideración a configuración
local de Clic que o usuario puidera establecer. Esto significa que o sistema
de informes non se activará e tampouco se manterán as posíbeis
configuracións persoais de cursor automático, grosor do
fío, etc.
O módulo ClicRT pódese utilizar en aplicacións comerciais
se se respectan estas dúas condicións:
Comunicar previamente ao autor o contido da publicación.
Que na pantalla inicial e na portada da publicación apareza o texto
"Aplicación creada co programa Clic" (ou similar) e se
cite a URL da web de Clic: http://www.xtec.es/recursos/clic
O autor do programa nin o lapisdecores se poden comprometer a ofrecer
soporte técnico aos usuarios finais das aplicacións creadas
co módulo ClicRT.
|