| |
como
instalar? |
|
|
Se optache
pola descarga nun arquivo só, tes que executar o arquivo descargado,
"clic30ga.exe", desde o explorador de windows. O instalador funciona
automaticamente e só tes que seguir as instrucións que irán
aparecendo na pantalla. |
| |
|
 |
|
 |
| |
Basicamente o programa
preguntará polo lugar onde se colocará no disco duro,
pola organización da rede (conta cun arquivo de axuda para
estes mesteres),e se desexan instalar dous programas complementares,
como o Clicdb e o Clicpack.
Tamén pregunta se se activa o sistema de identificación
dos alumnos desde o comezo ou non.
En todos os casos serven as opcións por defecto. Se é
a primeira vez que se instala o programa é conveniente instalar
as actividades de exemplo, que é a última pregunta que
fai o instalador. Deste xeito teremos un material de proba para experimentar
co programa. |
|
 |
|
 |
|
|
|
Se en cambio, descargache o aquivo zip,
terás que descomprimilo cunha utilidade de compresión de arquivos,
como o
Winrar que foi traducido ao galego polo proxecto XIS de galego21 e que
podes descargar gratuitamente. Unha vez feito isto terás dous arquivos
que podes copiar cada un nun disquete para poder instalar en ordenadores
aillados.s opcións por defecto |
| |
|
 |
|
 |
| |
Todo o dito para o caso anterior vale aquí, xa que o comportamento
do instalador en dous arquivos é idéntico ao outro.
Faranse as mesmas preguntas, coa única salvidade de que se
estamos instalando desde disquetes, un aviso nos pedirá a substitución
do disquete número 1 polo 2. |
|
 |
|
 |
|
|
|
 |
no final do
proceso de instalación no teu ordenador estará operativo
o programa Clic 3.0, que podes abrir clicando no botón de Inicio,
seleccionando Programas/clic/clic3.0.
Se for a primeira vez que arrancas clic, recomendámosche, en lugar
de abrires o programa directamente, en vacío, que arranques a DEMOstración
de clic (instálase cando o programa se así llo confirmas
ao instalador, e aparecerá cun icono chamado Demo no mesmo menú
onde está o icono de clic 3.0).
lapisdecores
galego21.net 2001
|