|
non
podo instalar os paquetes de actividades do lapisdecores ou do "Racó
del Clic"!
Este problema pode ser debido a algunha
destas causas:
a) Aparece a mensaxe "Corrupt installation media"
Significa que o arquivo de instalación se corrompeu durante a transferencia
por internet. A única solución é borralo e repetir
a descarga. Pode aparecer tamén este problema cando se intenta
instalar Clic sobre un sistema windows2000 sen os privilexios de instalación
de programas, é dicir como usuario sen permiso para a instalación
de novo software.
b) O instalador fica parado e solicita o disco número
2
Cando o instalador dun paquete de actividades ocupa máis de 1.4
Mb dividímolo en cachos para facilitar a copia en disquetes. O
primeiro anaco ten sempre a extensión EXE e os demais levan o mesmo
nome pero rematado en W02, W03... etc. O proceso normal é copiar
todos os arquivos a un mesmo cartafol do disco duro e executar o primeiro
arquivo, que accederá á información contida nos outros
cando sexa necesario. Tamén se pode copiar cada arquivo nun disquete
distinto, executar o EXE do primeiro disquete e cambialo cando o instalador
o solicite.
O problema pode aparecer cando se descargan arquivos co Internet Explorer
5.0 , xa que nalgúns casos grávase o arquivo co nome cambiado.
Por exemplo, pode ser que ao descargar o arquivo COSHUMA.W02 fique gravado
no voso ordenador co nome COSHUMA..W02 (con dous puntos) ou COSHUMA.W02.W02
(coa extensión duplicada). Solución: renomear manualmente
o arquivo para que teña exactamente o seu nome orixinal (neste
caso COSHUMA.W02).
c) O instalador di que teño instalada unha versión
antiga de Clic
Os instaladores baséanse na información escrita na sección
[Extensions] do arquivo win.ini para localizar o programa clic.exe a partir
da asociación coas letras PAC, PCC, ASS... etc. O win.ini modifícase
no momento de instalar Clic, pero esta información deixa de ser
válida se se move de sitio o cartafol de Clic ou se cambia o seu
nome. Por exemplo, se arrastrastes o cartafol de Clic a "arquivos
de programa" probablemente atoparedes esta mensaxe de erro. Solución:
repetir a instalación de Clic 3.0 indicando o cartafol no que realmente
se desexa colocar o programa.
como
se poden modificar os paquetes de actividades Clic?
Os paquetes de actividades Clic pódense presentar en dous formatos:
paquetes "abertos" (que levan a extensión PAC ) e paquetes
"compactos" (coa extensión PCC ). As actividades dos
paquetes en formato aberto pódense modificar directamente desde
o Clic mediante o menú Edición - Editar a actividade , pero
os paquetes compactos están protexidos e non é posible modificalos
directamente.
A maior parte dos paquetes de actividades do "Recuncho do Clic"
distribúense en formato compacto (PCC), pero pódense converter
ao formato aberto (PAC) mediante a utilidade ClicPac, que se instala co
Clic.
Os pasos que cómpre seguir para modificar un
PCC serían:
- Converter o paquete PCC nun PAC mediante o programa
ClicPac.
- Pór en marcha Clic e, co menú Arquivo
- Abrir, buscar o arquivo PCC.
- Facer as modificacións nas actividades.
- Volver converter o PAC nun PCC para protexelo
Atoparedes máis información na axuda do programa ClicPac
e no manual de Clic.
como
se fan os instaladores .EXE das actividades clic?
Estanse facendo cun programa chamado Installmaker que se pode obter en
versión shareware (semigratuíto) no proxecto xis de galego21.net.
Nesta versión o instalador xerado presenta todos os paneis en galego.
Tamén se poden facer cun cun programa chamado WISE 4.0, da empresa
Wise Solutions Inc. , que non é posible distribuír xa que
se trata dun producto comercial (non shareware). De todos os xeitos, se
tendes material clic podédenolo enviar ao lapisdecores (comprimídeo
primeiro nun arquivo zip que podedes crear cunha utilidade de compresión
como Winrar) e nós encargáremonos de montar o instalador
e de situalo como dispoñible na lista de paquetes de actividades
para descargar, ademais de supervisar a corrección de todas as
actividades.
Juan José Mateo Molina localizou unha versión
shareware de WISE (a 2.0), coa que podedes realizar os vosos propios instaladores.
Atoparedes o programa e instruccións detalladas nas súas
páxinas de aplicacións educativas.
nalgúns
botóns de Clic 3.0 aparece unha imaxe errónea
Este erro pode darse esporadicamente con algunhas tarxetas de vídeo
ATI . O fabricante recoñece que as súas últimas versións
de controladores para Windows 95/98 non son 100% compatibles con aplicacións
de 16 bits (e Clic é unha delas!). Como solución propón
instalar a versión 5.11 (build 4.10.2330), que polas probas que
fixemos compórtase correctamente co Clic. Na web de ATI explícanse
as razóns do problema e ofrécese a descarga da versión
5.11 dos controladores.
ao
facer clic no botón "Fontes" cólgase o programa
Esto pasa cando se ten unha cantidade esaxerada de tipos de letra instalados
no ordenador (máis de 1.000). Clic intenta preparar unha lista
con todos os nomes e fica sen memoria. A solución é doada:
sacar do cartafol Windows\Fonts os tipos que non se utilicen regularmente
e copialos nalgún outro sitio por se algún día son
necesarios. Veredes como a maior parte das aplicacións arrancan
máis axiña e van máis lixeiras :-)
Atención: Cando se fai limpeza de fontes non se deben tocar nunca
os tipos básicos do sistema (Arial, Times NewRoman, Courier New,
System...) nin tampouco a fonte Marlett, que é a que Windows utiliza
para debuxar os botóns que aparecen nas esquinas das xanelas. Unha
boa solución é mover únicamente os tipos de letra
que teñan unha data posterior á da instalación de
Windows.
teño
tarxeta de son e podo escoitar a maioría de WAVs pero sáeme
un erro cos das actividades clic
Os arquivos WAV das actividades do Clic están comprimidos nun códec
de audio denominado MSADPCM. O instalador de Clic engade este códec
cando se executa en Windows 3.x, pero non o fai para WIndows 95 xa que
se supón que o leva incorporado de serie. De todos os xeitos, se
se realizou a instalación mínima de W95 ou se suprimiron
compoñentes pode ser que o códec non estea instalado. Para
solucionalo podedes seguir estes pasos:
- Pór en marcha o Panel de control de Windows 95
- Activar a icona Agregar/Quitar programas
- Seleccionar a icona Instalación de Windows
- Premer dúas veces en Multimedia
- Marcar o recadro Compresión de audio e confirmalo
todo. O programa pediravos o disco de instalación de Windows
95 para engadir os códecs.
podemos
evitar que aparezan mensaxes de erro cando se executan actividades multimedia?
Nos ordenadores que non teñan tarxeta de son
podedes desactivar a interpretación dos arquivos multimedia modificando
o arquivo CLIC.INI, que se atopa no cartafol de Clic. Co caderno de notas
de Windows hai que cambiar as liñas sonido, midi, wave e mci para
que digan "=no" . As modificacións terán efecto
a próxima vez que executedes o programa.
O instalador da versión 2.2 detecta se o ordenador ten a tarxeta
de son correctamente instalada e, no caso contrario, inhabilita as funcións
de reproducción dos arquivos multimedia.
ao
pór en marcha clic aparécenme os botóns "Aceptar",
"Cancelar", etc. co texto en inglés
Isto pode ser debido a conflictos entre versións distintas do módulo
BWCC.DLL que conviven no voso sistema. Soluciónase copiando o arquivo
BWCC.DLL do cartafol de Clic aos directorios C:\WINDOWS e C:\WINDOWS\SYSTEM.
Se protesta e di que se está a utilizar neste momento reiniciade
o ordenador en modo MS-DOS copiádeos manualmente escribindo:
COPY C:\CLIC\BWCC.DLL C:\WINDOWS\SYSTEM
Ao reiniciar Windows deberían aparecer os botóns en galego.
a
pantalla de clic aparece co fondo transparente!
Débese ao mesmo problema formulado na pregunta anterior, pero agravado
polo feito de que se trata dunha versión antiga de BWCC.DLL. A
solución: copiar o arquivo C:\CLIC\BWCC.DLL ao cartafol C:\WINDOWS\SYSTEM
creamos
unhas imaxes con PaintShop Pro e clic di que o formato é incorrecto
Seguramente gardaron as imaxes en formato BMP, subformato "Windows
RLE encoded", e o único subformato BMP que recoñece
Clic é "Windows RGB encoded". De todos os xeitos, mellor
se gravades as imaxes en formato GIF.
teño
creado un debuxo co PaintBrush, pero clic móstrao incompleto ou
moi pequeno e nun recanto
Cando se crea unha nova imaxe PaintBrush prepara unha superficie de 640x480
puntos. A pesar de que o voso debuxo soamente ocupa unha pequena parte
da superficie, PaintBrush gravará a imaxe entera. A solución
é gardar soamente aquela área do debuxo que vos interese:
Se traballades co Paint de Windows 95 podedes axustar o
tamaño da imaxe arrastrando o punto que se atopa na esquina inferior
dereita.
Co Windows 3.1 podedes utilizar a ferramenta de recortar rectángulos
de PaintBrush para marcar a zona válida do voso debuxo e utilizar
a opción de menú Edición | Copiar a... para gravar
soamente a zona marcada. Ao saír de PaintBrush, indicade que NON
queredes gravar todo o debuxo (abonda co recorte que xa gardastes previamente).
as
imaxes aparecen coas cores cambiadas!
Este problema dáse se utilizades varias imaxes a 256 cores con
paletas diferentes. Por exemplo, se nunha mesma actividade hai unha imaxe
con 256 grises e outra con 256 tons de azul... necesitaredes amosar 512
cores distintas na pantalla. Se Windows está configurado a millóns
de cores non haberá ningún problema, pero se resulta que
o tedes a 256 cores estades pedíndolle algo imposible: que mostre
512. Algúns programas soluciónano debuxando tramas en vez
de cores puras, pero Clic non incorpora esta función. O resultado:
os grises vanse ver azulados, ou os azuis grisallos dependendo de cál
é a última imaxe que impón a súa paleta de
cores.
A solución: gravar todas as imaxes cunha paleta común. Isto
pódese facer dende PaintShop Pro, incrementando o número
de cores (menú Colors - Increase color depth - 16 milion colors)
e volvéndoo a baixar (Colors - Decrease color depth - 256 colors
) seleccionando neste segundo paso a opción Palette - Standard
e Error diffusion.
Outra posibilidade que ofrece mellores resultados
é utilizar o programa Jasc Batch Master , que podedes atopar na
sección de recursos , para calcular e aplicar a paleta óptima
a todas as imaxes. A función que cómpre seleccionar é
Apply fully optimized palette, e é recomendable marcar sempre o
recadro Include Windows colors.
|